NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS ALEVÍNS

  Alevín Feminino :

Este luns 11 de xaneiro, e tras o obrigado aprazamento do partido por lesións e ausencias dalgnha das nosas xogadoras, disputamos no pavillón do noso colexio, un a priori, aseqible partido.

A realidade tornouse ben distinta e foi un partido ben igualado e disputado ata o derradeiro cuarto, xa que sumado á lesióndalgunha xogadora importante , sumouse a repentina e inoportuna indisposición que sufriu durante o transcurso do encontro á nosa capitana. Ademais por se toda esta morea de desafortunadas coincidencias non fosen de por si suficientes , temos que engadirlle a falta de acerto, que nos lastrou durante todo o encontro levándonos a cometer erros impropios da calidade que atesoura a nosa plantilla de xogadoras. 

Aínda con todo, a garra e gañas de acadar a victoria das xogadoras permitiunos loitar ata o derradeiro cuarto do encontro e neste sentenciar o mesmo cunha traballada victoria fronte a un rival que nos puxo a mesma moi complicada. O resultado final foi de 40-31.

Sumamos a primeira victoria desta segunda fase de competición á espera de que as xogadoras se recuperen e poidamos desenrolar un xogo mais brilante e fluído en próximos encontros.

Imos equipo!!!

Partido Alevín Masculino : Divino Maestro Reale Seguros - Blanco Amor : 66-33

Primeiro partido desta segunda fase para o noso equipo alevín masculino. Moi bo partido en tódolos aspectos, tanto en xogo coma en sensacións.

Posiblemente o mellor e mais completo partido da tempada o que disputamos este sábado.

Os nosos xogadores souberon solucionar o partido rapidamente, chegando o final do quinto período cunha ventaxa de 36 puntos.

Esperamos con gañas o seguinte partido.