NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

Fin de semana perfecto para os nosos equipos , xa que todos conseguiron vencer os seus encontros.

ALEVÍN MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - A.B.O. OURENSE : 63-62

    Este fin de semana produciuse a primeira victoria dos nosos alevíns nesta terceira e derradeira fase da competición. Tardou en chegar, pero ó final , obtivémola fronte a un A.B.O. que loitou ata o final do encontro. 

    Os nosos mostráronse moi competitivos durante todo o encontro , mantendo sempre unhas boas rentas na primeira metade , que o equipo contrario soubo reducir na segunda parte do partido. 

    Ó final un punto arriba para os nosos , que encaran con optimismo estas derradeiras semanas de competición. 

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - SANTA MARÍA : 74-33

    E chegou a cuarta victoria!!!!! 

    O equipo infantil continua cá súa racha de victorias e cunha mais que notable milloría no seu xogo e na súa competitividade. 

    Xa dende o primeiro cuarto viuse unha grande superioridade sobre o equipo rival , obtendo un parcial de 30-15. Por fin , fomos capaces non só de manter unha vantaxe no marcador , se non incluso aumentala , cousa que non conseguimos durante todo o ano.

    Ó remate unha diferenza de 40 puntos , dalle ó equipo, a victria mais abultada da nosa pequena historia.

BENXAMÍN MIXTO : C.B. XUVENTUDE DE VERÍN - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 32-33

    Emocionante e intrépido partido o dos nosos pequenos nesta última fin de semana. 

    Ata Xinzo de Limia marchou a nosa expedición que se enfrentería ó equipo de Verín. 

    O encontro transcurriu moi igualado de principio a fin , alternándose a ventaxa do marcador entre ambos conxuntos. Parecía que todo se ía disputar no derradeiro encontro , e así foi. A falta dun minuto para rematar , o noso equipo perdía por dous puntos , pero ó final a loita , esforzo 

e traballo de todos , deu a súa recompensa cun tiro libre e unha canasta , que nos darían a victoria , por tan só un punto , pero sobre todo e o mais importante e ver a ledicia dos nosos peques , que rotando todos no último cuarto , souberon pór cada un o seu graniño para a victoria final.

    Noraboa ós nosos peques pola victoria e tamén ó equipo contrario . que deu mostra do mesmo esforzo , tesón . traballo e deportividade. Sin dúbida un gran rival e gran equipo.

ALEVÍN FEMININO : A.B. EIDOEMPRESA XINZO - DIVINO MAESTRO TIAGO CALEFACCIÓN : 45-73

    Tras un comezo de encontro moi dubitativo . as nosas bombillas volveron a deslumbrar no pavillón municipal de Xinzo o pasado domingo pola mañá. 

    Unha cuestión de ACTITUDE foi a que nos permitiu superar no electrónico a un bo e rápido e equipo rival , que na primeira fase nos privara de poder loitar no grupo de clasificación para a disputa da Liga Galega. 

    Esta victoria ademais permítenos acadar de forma definitiva  o primeiro posto da clasificación da liga zonal ,a falta da disputa da última xornada. 

    Vamos equipo !!!!!

INFANTIL FEMININO : BOSCO SALESIANOS - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 40-52

    As nosas guerreiras do equipo infantil feminino disputaron na tarde do sábado o derradeiro partido  da liga zonal , contra o equipo de Salesianos.

    Moi motivadas por acadar un resultado positivo e poder adicarllo ó seu adestrador quen non puido asistir o encontro polo nacemento de Chloe,  a  nena que ven a completar a súa parella de fillo. Saíron á pista a loitar pola victoria que con grande esforzo e sacrificio colectivo , acadaron por 12 puntos de diferencia no electrónico 

    Esta victoria adícanlla a David , o seu adestrador , e a súa familia polo nacemento de Chloe.