1ª XORNADA DE COPA DIPUTACIÓN PARA OS NOSOS EQUIPOS INFANTÍS

INFANTIL MASCULINO : DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS - VAL DE LEMOS MONFORTE : 82-65

A tarde do sábado foi moi productiva para os intereses do nosos clube , xa que despois da gran victoria das nosas infantís sobre o equipo de Allariz, a continuación xogaban os nosos infantís masculinos e tampouco nos defraudaron, xa que acadaron unha nova victoria.

Pintaba un partido sinxelo , polos antecedentes dos dous enfrentamentos de liga e por como comezou o partido, cun parcial de 14-4. Pero nada mais lonxe da realidade , xa que o equipo visitante,ao que se lle notou unha grande melloría , poríase moi cerca no marcador, incluso nalgún intre , poñéndose por diante no electrónico.

No útimo cuarto , un arreón dos nosos , levounos a obter un moi bo parcial , que nos aseguraría a victoria polos 17 puntos de marxe final.

INFANTIL FEMININO : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS - C.B. ALLARIZ VERDE : 55-54

As nosas guerreiras cada semana que pasa demostran o competitivas que son, que non se rinden ante ningún rival , e que con actitude e o traballo diario pódense conseguir moitas cousas.

O partido presentábase moi complicado ante un rival que nos vencera nos dous anteriores encontros, por 37 e por 19 puntos. As sensacións eran moi boas xa que o equipo estaba a traballar moi ben nas últimas semanas e no último partido pese a diferenza final , competiramos moi ben contra o equipo alaricano.

A medida que pasaban os minutos , e despois de rematar o primeiro cuarto igualados no marcador, o noso equipo comezaba a crer que se podía gañar o partido ou que polo menos , podía ser igualado ata o final. 

O dominio do rebote nas dúas zonas e a forte defensa das nosas xogadoras , sobre todo parando ás súas referencias ofensivas, provocaba que o partido seguise igualado e incluso que nos fóramos ó descanso 5 puntos por diante, 27-22.

Despois do descanso o equipo rival endureceu a súa defensa e grazas a permisividade arbitral, ata ese momento nos tiñamos 13 faltas e elas tan só tres , puxéronse por diante no marcador, pero as nosas guerreiras, non se puxeron nerviosas e seguiron traballando, para que as diferenzas non creceran demasiado. 

Así se chegou a un final moi apretado na que calquer equipo puido conseguir a victoria, pero ó final chegamos a unha intensa e incrible prórroga, na que a falta de 90 segundos e con Claudia, Lara e Alba eliminadas por 5 faltas, estabamos cinco puntos abaixo. Pero de novo as rapazas non se rendiron e cunha actitude envidiable, conseguimos un parcial de 6-0 e logramos unha merecidísima e traballada victoria.

Agradecer o grandísimo partido de todas as xogadoras que nunca se deron por vencidas e por suposto ó público, que non deixou de animarnos en todo o partido.