NOVA XORNADA PARA OS EQUIPOS DO NOSO CLUBE

BENXAMÍN MIXTO : SAN JOSÉ PABELLÓN FEMININO - DIVINO MAESTRO FRIAVANSO : 39-51

    Gran victoria dos nosos xogadores do equipo benxamín no partido disputado na nosa casa. Neste derradeiro partido de liga os nosos peques marcaron distancias desde o inicio cun moi bo primeiro cuarto.

    A partir de ahí o conxunto rival comezou a apretar , pero os nosos souberon retomar o ritmo do partido e non ceder nunca no marcador.

    Vimos pois, un encontro moi completo, baseado nos pases , na defensa en equipo e no atrevemento de todos de tirar a canasta e sumar puntos.

    Noraboa pola victoria e a seguir traballando.

ALEVÍN MASCULINO : ABO OURENSE - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 58-60

     Partido correspondente á última xornada de liga disputado o pasado sábado na pista do I.E.S. Otero Pedraio.

     O lastre acarrexado nos dous primeiros cuartos, 12 puntos abaixo no marcador , pronto se recuperou no terceiro período ao obter un parcial de 3-19.

     Ao voltar do descanso , a vantaxe seguiu aumentando , 5 puntos mais , sen embargo os locais conseguiron darlle a volta e porse por diante no marcador no último cuarto, situación que non supuxo un problema para os nosos xogadores , que souberon remontar os puntos necesarios para gañar o partido.

    A liga rematou e agora agardamos o primeiro partido de Copa Diputación contra o equipo de Blanco Amor de Liga Galega.

INFANTIL MASCULINO : SANTA MARÍA MARISTAS - DIVINO MAESTRO REALE SEGUROS : 46-57

    Os nosos rapaces remataron a tempada oficial cunha nova victoria.

    O pasado domingo pola tarde e ante o equipo de Santa María , os nosos rapaces do infantil masculino acadaron unha nova victoria fronte a un rival da súa liga.  

    Este partido supuxo o último partido de liga e unha inmellorable forma de rematar a mesma cunha victoria por 11 puntos ante un rival que na primeira volta e no mesmo encontro, nos vencera . Esto pon de manifesto a notable melloría dos nosos pupilos que o longo da tempada foron quen de repoñerse a unha serie de duras derrotas e seguir traballando duro para mellorar , e que esta mellora os levara a unha senda de victorias ca que remataron a tempada.

    Noraboa ós rapaces pola excelente tempada e a os seus proxenitores polo seu apoio incondicional que lle prestaron para que o equipo fose a mais durante a mesma.

    VAMOS EQUIPO !!!!