INICIO DAS COMPETICIÓNS PARA OS NOSOS EQUIPOS

Esta pasada fin de semana comezou a competición para o noso equipo infantil feminino, Divino Maestro Ourense Rótulos. O noso equipo esta tempada disputa a 1ª División infantil cos 16 mellores equipos da nosa comunidade.

O primeiro encontro xogámolo fora da casa na difícil pista de Marcote, contra o equipo do Colegio Mariano, un duro rival, que ten unha moi boa xeración de xogadoras.

Acudiamos ó partido con numerosas baixas e un pouco espectantes por saber o nivel do equipo nesta competición descoñecida para nos. 

Non empezou demasiado ben o partido, algo nerviosas e frías, feitos que aproveitaron as locais para facer un parcial de inicio de 12-0, grazas a sús asfixiante presión. Pero despois dun tempo morto conseguimos axustar a nosa saída de presión e xogar con mais calma en ataque e rematar así o cuarto cun parcial de 21-9. O inicio do segundo cuarto voltou a ser nefasto para os nosos intereses, e un novo parcial de saída de 10-0, deixaba sentenciado o partido. 

A partir de ahí o equipo comezou a soltarse , a facer as cousas como sabe, e demostrou que con todo o equipo en condicións, vai a dar moita guerra.

As sensacións pese a abultada derrota, foron moi positivas, xogouse a un ritmo moi alto e fisicamente as nosas guerreiras aguantárono perfectamente.

A próxima xornada debutamos na nosa pista cun equipo coñecido, Allariz, e estamos convencidos de que vai a ser un partido vibrante.