NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS

1ª XORNADA 1ª DIVISIÓN LIGA GALEGA PREINFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO - C.B. ALLARIZ : 33-68

O pasado 16 de agosto as nosas bombillas empezaron a desempañarse e sacarlle brilo ó seu cristal , para unha tempada mais , intentar brilar e iluminar os pavillóns que pisen.

Tras unha dura e intensa pretempada , o pasado día 24 de setembro empezaron a súa participación na Liga Galega Preinfantil Feminina , categoría de recente creación na que participan os 16 clubes mais importantes de Galicia.O primeiro partido disputárono contra un dos mellores equipos da categoría , o C.B. Allariz. A pesar do gran esforzo e do bo partido levado a cabo polas pupilas , non foi suficiente para acadar a victoria no mesmo. Pero sí nos valeu para comprobar que con moito traballo diario e duro adestramento conseguiremos competir cos mellores equipos da categoría en toda Galicia e iso permitiranos progresar e mellorar individual e colectivamente.

Este traballo diario e esforzo é o único segredo para que un ano mais unha das nosas bombillas forme parte da selección Ourensá de minibásquet que disputou a pasada fin de semana nun torneo de seleccións en Santiago de Compostela.

VAMOS EQUIPO!!!!!

2ª XORNADA 1ª DIVISIÓN LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA : DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS -C.B. ALLARIZ : 32-66

Despois das boas sensacións do primeiro encontro, tiñamos a esperanza de poder competir cun duro rival , o C.B. Allariz, pero un mal día en todos os aspectos do xogo provocou que non puidésemos competir case en ningún momento do partido.

Espesas en ataque, con mala selección de tiro, pouco intensas en defensa, permitindo moitas canastas fáciles ao rival e cando non era canasta, ata segundas e terceiras opcións ... provocaron que as nosas guerreiras fixeran un dos peores partidos que se lle recordan.

Temos a sorte de que estamos nunha liga moi moi longa , 28 partidos, e que temos moito tempo para correxir erros e o mais importante , temos moito marxe de mellora, e un grupo de rapazas cheo de ilusión e gañas de revertir a situación e demostrar que podemos competir con moitos equipos desta liga.

MOITO ÁNIMO GUERREIRAS !!!!!!

A próxima xornada os dous equipos femininos desplazaranse ata vigo para xogar contra o Celta , a priori , principal candidato para quedar campeón nas dúas categorías.