NOVA XORNADA PARA OS NOSOS EQUIPOS NAS LIGAS GALEGAS E PRIMEIRA XORNADA PARA OS INFANTIL MASCULINO

1ª XORNADA 2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINO : XUVENTUDE VERÍN - BE ONE DEPPORDIMA : 13-63

O partido desenvolveuse dunha maneira moi sinxela para o
equipo visitante.

No primeiro cuarto, o noso equipo realizou unha presión a
toda pista que tivo que ser retirada a partires do segundo período pola
diferencia existente entre os dous equipos, reflectida no luminoso (4 -20).

No
segundo cuarto, comezouse algo relaxados perdendo un parcial por 6-4 nos
primeiros 5 minutos. A segunda metade volveu comezar con forza ata que faltando
5 minutos para rematar o partido, o marcador conxelouse.

Bo partido para seguir
afianzando detalles e darlles minutos de xogo aos rapaces que están comezando.
A seguinte xornada adiantarase ao venres ás 16:30 ante o Viña do Campo, rival
co que xa competimos nun amigable antes de comezar a liga regular.

5ª XORNADA 1ª DIVISIÓN PREINFANTIL FEMININA : CARMELITAS - DIVINO MAESTRO CALEFACCIÓN TIAGO : 62-28

Unha nova xornada, unha nova oportunidade para seguir competindo cos mellores e intentar progresar individual e colectivamente.

Este pasado domingo as 12 da mañá disputamos o noso cuarto partido de liga contra un potente equipo de Carmelitas. O resultado non sendo positivo en canto a o electrónico, si resultou moi positivo en canto a outros aspectos como a mellora mostrada con respecto a o último encontro disputado na nosa casa. Conseguimos ser consistentes en defensa, traballando a defensa individual durante unha boa parte do encontro contra xogadoras físicamente moi superiores. Ademáis en ataque fomos moi atrevidas, resultando en algún momento incluso descaradas a hora de penetrar a canasta ou realizar tiros librados.

Non queda outra que seguir traballando e confiando en que este esforzó e traballo nos levará a acadar a ansiada victoria.

Vamos Equipo!!!

5ª XORNADA 1ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA : CARMELITAS - DIVINO MAESTRO OURENSE RÓTULOS : 56-38

Se nesta liga comezas perdendo 19-2 , ós 7 minutos de partido, o normal é que perdas o encontro. e iso foi o que nos pasou o domingo pola tarde.

A partir dese momento, o equipo soltouse , comezou a xogar e foi capaz de meterse no partido , por dúas veces colocámonos a oito puntos , pero os erros nos tiros libres e unha serie de contraataques errados en superioridade, moitas delas en 1x0, non nos permitiu dar a volta o marcador, e no último cuarto xa mermados físicamente polo esforzo das remontadas e con poucas xogadoras por mor das lesións, o equipo local escapouse de novo no marcador.

Se nos esquecemos dos sete primeiros minutos , o resto do partido reflictiría un resultado de 37-36, polo que temos que analizar o ocorrido e poñerse solución , para que non nos volva a suceder o mesmo. 

O equipo cada xornada vai a mais, esperemos que nas vindeiras semáns, poidamos darnos unha alería en forma de victoria.