Plástica e Visual

SOMOS SOLIDARIOS

Os Alumnos de 4º de Educación Secundaria elaboraron un Video para participar na Campaña do "Día Mundial do Ril" 2016, pasárono estupendamente e quedou xenial. Mirade, mirade

CLASE MAXISTRAL SIMÓN MUÑOZ. 4ºESO

O 26 de Xaneiro de 2015, Simón Muñoz, técnico superior en Ilustración e debuxante profesional, centrado no hiperrealismo, acompañounos para darnos primeiro unhas nocións da historia do retrato; dende os exipcios e romanos ata os nosos días. Logo, chegou o turno dunha clase práctica, na que os rapaces de 4º de Secundaria desfrutaron seguindo as instruccións deste artista, chegando a facer uns retratos estupendos.
A verdade e que todos quedamos con gañas de saber máis sobre diferentes técnicas de pintura, agardamos verte de novo por aquí, foi un enorme pracer.
Ver máis imaxes da actividade -> Ir
Ver algúns traballos de Simón Muñoz (Hiperrealistas) -> Ir

PLÁSTICA NO PARQUE - 1º ESO

O pasado luns 11 de maio de 2015, os nenos e nenas de 1º de Educación Secundaria saíron ao Parque Divino Maestro chamados polo bon tempo a pintar do natural as cores da primavera.

OLAS DECORADAS PARA A FESTA DA PITA DE EIROÁS

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, decoraron 25 Olas (vasixas de barro) con témpera, de modo que serán empregadas para a Festa da Pita de Eiroás durante o Domingo Oleiro (8 de febreiro). Pasárono moi ben e a verdade e que quedaron impresionantes...

 

OLAS DECORADAS PARA A FESTA DA PITA DE EIROÁS

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, decoraron 25 Olas (vasixas de barro) con témpera, de modo que serán empregadas para a Festa da Pita de Eiroás durante o Domingo Oleiro (8 de febreiro). Pasárono moi ben e a verdade e que quedaron impresionantes...

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O Venres, 30 de Xaneiro, celebramos o día da PAZ, xuntámonos no ximnasio, formando o Símbolo da Paz, realizamos unha pomba da paz chea de mans con mensaxes de esperanza e ilusión en que un mundo máis humano e xusto é posible -> Ver as imaxes do Día da Paz

PREMIO AO MELLOR BELEN INFANTIL 2014

O Concello de Ourense, dende a área de Cultura, entrogounos o día 7 de xaneiro de 2015 un galardón no que recoñecen o noso traballo educativo no Belén de Tangram realizado no noso colexio, neste proxecto participaron todos os alumnos do centro, realizando un traballo máis profundo os alumnos de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. -> Ver noticia: La Voz de Galicia, La Región, Concello de Ourense, Faro de Vigo

COS MELLORES DESEXOS DE PAZ E AMOR...

Todo o Centro traballamos o Tangram e as súas posibilidades, así que creamos unha recreación de un Belén realizado con figuras de Tangram de 1x1 metro con luz negra no CPR DIVINO MAESTRO de Ourense. As figuras están movidas polos alumnos de 4º de Secundaria. Esperamos que vos guste. Ver Video pantalla completa
Como en anos anteriores participamos no concurso de Beléns organizado polo concello de Ourense, e este ano conseguimos o Premio ao Belén Infantil. Estamos encantados!!! -> Ver nova publicada na Voz de Galicia

PINTAMOS O PARQUE. 1º ESO

Os alumnos de 1º de Secundaria, aproveitamos o bo día que fixo este luns 10 de marzo para saír ata o parque que temos diante do colexio para debuxalo... a verdade e que estamos desexando ter máis clases así.

FESTA DO "DIVINO MAESTRO" 2013

Este ano tivemos unha festaza, pasamos uns días preparándonos coas cataquesis e deseñando a decoración do patio e dos pasillos quedou todo precioso. Mirade máis información e todas as imaxes. 

 

Distribuir contido