Escolares

AO AIRE LIBRO 2017. DIA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017, realizamos a actividade de fomento da lectura: AO AIRE LIBRO, o martes de 16 de maio de 2017.

Saimos ao parque que temos enfonte ao colexio en grupo s reducidos, levando un ou varios libros elexidos polo titor. Os alumnos de cursos superiores lerán o libroa aos máis pequenos. Para ver o resultado desta aventura non tedes máis que ver algunhas imaxes...

 

PARTICIPAMOS EN MOTECES 2017. GRUPO TEATRO

O grupo de Teatro do noso centro, dirixido por Pablo Silva, participou nesta edición de MOTECES (Mostra de Teatro de Centros de Ensino Secundario)

A obra elexida para representar polos alumnos de Secundaria, e algún de primaria tamén, foi a obra "HIP, HIP, HURRA!" e data que nos tocou foi a do 8 de maio, tivemos moita sorte e puideron vela os alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria, foi unha mañá divertida e ben diferente, xa podiamos ter máis así..., pero ademáis o día 12 de maio fomos recoller un agasallo para todos os Colexios participantes na iniciativa. A verdade e que estamos moi moi ledos coa experiencia, e por suposto, con gañas de repetir.

[+Imaxes]

[Noticia "La Región"]

 

COÑECE OS TEUS PARQUES - 1º, 3º e 4º PRIMARIA

Os alumnos de 1º, 3º e 4º de Primaria do noso cole os días 10 e 11 de Maio visitaron a Aula da Natureza de Oira para asistir a unha charla que levaba por título "COÑECE OS TEUS PARQUES". Un programa que engade varias opcións para atender aos parques e proporciona unha maior comprensión de todo o xardín e cada unha das súas áreas.
Todo isto a partir das perspectivas variadas que ofrece a historia, etnografía, xardinaría ou paisaxismo, levándonos máis preto que nunca para a ciencia tan antiga como sorprendente a través de flora e coleccións de plantas valiosa que albergan os parques infantil.
A verdade e que aprendemos moitísimas cousas e pasámolo fenomenal. Esto de estar en contacto coa natureza é o noso. Estamos desexando aprender moitas cousas...

[+ Imaxes]    

 

 

VISITA A HORTA EDUCATIVA. 1º PRIMARIA

Os alumnos de 1º de Primaria tivemos a sorte de asistir, o 4 de maio de 2017, á Actividade do Concello "VISITA Á HORTA EDUCATIVA". Esta actividade vai dirixida a escolares de Educación Primaria coa colaboración de persoas maiores na Horta Educativa Interxeneracional situada no Parque da Vida, no barrio de Mariñamansa. Alí aprenderán da súa experiencia, coñecerán as tarefas que realizan e cultivarán os seus productos practicando nas súas propias hortas onde o que cultiven será para o seu aproveitamento.

A verdade e que aprendemos dos maiores, e vimos que como nos podemos alimentarnos cada día, descubrindo as posibilidades dunha forma de ocupar o tempo útil, sinxela, natural e sostible e ademáis en contacto directo coa natureza. ESTIVO XENIAL!!!

EXCURSIÓN A MADRID - 6º ESO -> 2017

 OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA ESTAMOS EN MADRID DE PASEO...

...QUE ENVEXA VOS DAMOS!!!

 

EXCURSIÓN A LONDRES - 3º-4º ESO -> 2017

¡¡¡XA ESTÁN EN RUTA!!!

OS NOSOS ALUMNOS

DE 3º E 4º DE ESO

chegaron a GATWICK...!!!

 
  LONDRES, "LONDON" PARA OS AMIGOS...

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO 2017

Os alumnos de 4º ESO do noso centro participamos nas Tertulias Literarias no Liceo, que tiveron lugar o 26 e 27 de Abril de 2017, sobre a obra "EL DESORDEN QUE DEJAS" do escritor Carlos Montero, alí o escritor debatiu cos alumnos sobre a súa obra, premiada co XX Premio Primavera de Novela, así como a súa traxectoria como guionista de numerosas serires televisivas.
Trátase de unha iniciativa posta en marcha co fin de que os estudantes lean e analicen novelas previamente escollidas dende o razonamento crítico.
O profesor Marco Novelle acompañou aos alumnos de 4º de ESO que disfrutaron de fresas mentres compartían ideas sobre a novela...
 

[+Imaxes]

VISITA AO CONCELLO. 5º PRIMARIA

 

O venres, 24 de Marzo de 2017, os alumnos de 5º de Primaria realizaron unha visita ao Concello de Ourense, máis concretamente ao Salón de Plenos, onde se reúne a Corporación Municipal para debatir e votar todos os temas relativos a Ourense e aos seus cidadans.

[Ver + Fotos] 

CAMPEONATO ESCOLAR PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DE OURENSE

 

Os alumnos de Educación Secundaria que o desexaron puideron participar, o venres 10 de Marzo de 2017, no Campionato Provincial Escolar de Ourense, que se celebrou na Area Recreativa de Barbantes Estación, no Concello de Cenlle.



Xuntámonos alí algúns colexios da Provincia, onde  foron chamando cada 2 minutos a diferentes atletas que participaban na proba segundo a sús categoría. Foi toda unha aventura.
Na grada fíxosenos algo longa a espera, pero pagou a pena. O día tivo de protagonista a un Sol fenomenal e unhas temperaturas de auténtico Verán. Para a próxima vez temos claro que haberá que chapuzar algo nas Termas de Barbantes.



[+Fotos]  [Resultados]

 
Distribuir contido