Escolares

FESTA DO DIVINO MAESTRO 2014

Descarga o díptico con toda a información das Actividades para os días 12, 13 e 14 de Novembro -> Díptico

 

PRESENTACIÓNS DE 4º DE INFANTIL

Atención, Os alumnos de 4º de Educación Infantil, levamos traballado moito. Mirade, mirade...

 

OS MEUS PRIMEIROS DÍAS DE COLEXIO -> Ir
O OUTONO -> Ir
SAMAÍN -> Ir

4º INFANTIL. OS MEUS PRIMEIROS DIAS DE COLEXIO 2014

Empezamos o colexio, sempre con moita ilusión, pero tamén con algo de medo por coñecer os nosos compañeiros, á nosa profe, o cole...
Non obstante, todo foi xenial e estamos a aprender moitas cousas -> Ver Video

O OUTONO 2014. 4º DE INFANTIL

El otoño está muy triste
con su chaqueta marrón.
Nadie sabe los motivos,
cuál es su preocupación.
Los árboles lloran hojas
que al suelo llegan livianas.
El jardín es una alfombra
tapizando las mañanas.

 

Ver Video

SAMAÍN EN EDUCACIÓN 4º DE INFANTIL

"O Samaín é unha festividade de orixe celta... "así empeza a súa definición. Pero como non hai mellor forma de aprender que divertíndonos decidimos festexalo. Para iso fixemos caretas, fantasmas, arañas comestible, cantamos, bailado e moitas cousas que podedes ver neste vídeo. Iso si, coidado, podedes asustarvos! -> Ver Video

VENDIMIA 5º INFANTIL

Do 29 de setembro ao 3 de outubro a clase de 5º de Educación Infantil (4 años) investigando sobre a Vendima.Mediante unha actividade como seleccionar uvas nun acio e pisalas nun cubo, con esto traballamos:
  • Motricidade fina
  • Emocións
  • Traballo en equipo
  • Autonomía
  • Coñecemento da nosa cultura popular
  • Orixe das cousas


AULA DA NATUREZA ARDAI

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria pasárono xenial e aprenderon moito. Montaron a cabalo, visitaron e dereon de comer aos animais da granza, realizaron un obradoiro de manualidades e reciclaxe. Os nenos puideron ver, acariciar, fotografiarse e aprender sobre diferentes animais exóticos, como tartarugas xigantes africanas, os xeckos, iguanas, aves psitácicas e varias especies de roedores coma coellos e cobaias.



Ver imaxes na galería -> Ir a galería

ENTREGA PREMIOS "ATRÉVETE OURENSE"

O obxectivo do certame é difundir a cultura emprendedora entre os máis novos.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na entrega dos premios da segunda edición do certame ‘Atrévete a ter unha idea’, enmarcado no programa ‘Atrévete Ourense’, a través do que a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas e o departamento educativo da Xunta de Galicia colaboran para promover o espírito emprendedor entre os máis novos.
Premiaron a varios dos alumnos de 2º de ESO: David Dacoba, Carmen Doval, Ainhoa Guerreiro, Adrián Maceda e Laura Salgado. Mirade a ver se os coñecedes.
Para máis información -> Páxina da Xunta de Galicia.
Ver máis imaxes na galería do Colexio -> Ir a Galería.

PEQUENOS PROXECTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Traballar por proxectos ofrece moitas posibilidades, tanto a mestres como alumnos, que non ofrece unha aprendizaxe tradicional. Ao traballar por proxectos os alumnos aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensino-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos seus propios intereses e inquietudes. E é precisamente por isto polo que son tan importantes e ofrecen tan bos resultados.
Neste curso realizamos 5 pequenos proxectos na aula de 6º de Educación Infantil:

. A Biblioteca
. O Universo
. Os Polos
. As Olimpíadas
. Os Dinosauros. 

Ver documento con toda a información dos proxectos -> Descargar documento
A continuación mostrámosvos un video con algunha das moitas cousas que aprendemos e coas que nos divertimos.
Distribuir contido