Escolares

VIII ENCONTRO DIOCESANO DE NENOS E NENAS

O Sábado 10 de maio os alumnos e alumnos de Primaria participaron no VIII Encontro Diocesano de Nenos e Nenas en Ribadavia. Fomos en tren e entre a viaxe e as actividades pasámolo estupendamente. Mirade algunhas fotos -> Ir a Galería

PEREGRINACIÓN A FÁTIMA

 

 

O 9 de maio estivemos en en Fátima (no Couto) tal como tiñamos programado, fomos dende o Colexio ata alí camiñando, disfrutando de un día moi soleado cunha temperatura estupenda. Durante a peregrinación falamos uns con outros e coñecémonos mellor nun entorno novo e motivador.

Mirade algunhas das fotos que sacaron os profesores -> Ver fotos da Galería

Durante a semana previa ensaiaremos o canto de "MADRE MARÍA", aquí deixo o enlace -> Canto de Madre María

DÍA DO LIBRO 2014

O 23 de Abril celebrouse o Día do Libro, este ano dende o CPR DIVINO MAESTRO, ambientamos a Biblioteca con comics que trouxeron os alumnos para disfrutar de un tempo de lecer e de ler. Mirade o ben que o pasamos e como era a decoración...


PINTAMOS O PARQUE. 1º ESO

Os alumnos de 1º de Secundaria, aproveitamos o bo día que fixo este luns 10 de marzo para saír ata o parque que temos diante do colexio para debuxalo... a verdade e que estamos desexando ter máis clases así.

ENTROIDO 2014

O día 28 de febreiro, ás 12:45 horas celebraremos o Entroido no colexio

Temos dous plans alternativos:

A) Se chove baixaremos ao salón de actos e poderán asistir todos os familiares que veñan disfrazados.
B) Se non chove celebrarémolo no patio, deixando as portas abertas para todos as familias.

¡¡¡Contamos con vós!!!

VISITA AO POLÍGONO DE SAN CIBRAO

Os alumnos de 2º e 3º de Secundaria o venres 7 de febreiro acudimos a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao para coñecer máis sobre a formación das empresas. Ademáis poderemos participar no Concurso "Atrévete" -> Ver fotos

DIA DA PAZ

O peródioco a Rexión fíxonos unha visita o Día da Paz e sacou algunhas fotos para ver como celebramos este acontecemento.-> Ver imaxes de "La Región"

ACCÉSIT NO CONCURSO DE BELENS

O Salón de plenos do Concello de Ourense acolleu o acto final do Concurso de Beléns Públicos coa entrega de diplomas aos participantes e os premios aos gañadores.

A nos concedéronnos un accésit. Estamos encantados.

 

 

Informacións: "La Región", "La Voz de Galicia". Video da entrega de premios

PELÍCULA: O APÓSTOLO

Os alumnos de 4º e 5º de Educación Primaria, despois de ver a película

Interesante película que está realizada coa técnica de Stopmotion e ademáis está nominada na categoría de Animación na vindeira edición dos Premios OSCAR.

Distribuir contido