Escolares

PERCORRIDO LITERARIO

Este xoves, 30 de Abril os alumnos de 3º e 4º de ESO, fixeron unha saída ó Centro de Ourense para coñecer os lugares onde os nosos escritores ambientaron as suas novelas ou onde pasaban o tempo traballando ou descansando.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

ENTROIDO 2009

Entroido 2009

Este ano, o venres 20 de febreiro, tivemos unha festa rachada no salón de actos do Colexio . Todos os alumnos do Centro disfrazámonos de habitantes dos diferentes astros do Sistema Solar. Se queres recordar con imaxes o acontecido, non tes mais que entrar na Galería de Imaxes ou premendo sobre ENTROIDO

 

O NADAL CHEGOU

Nadal08
Nadal08
Bo Nadal e Próspero Ano 2009


SEMANA DA CIENCIA

O xoves, 20 de novembro de 2008, fomos a unha saída o Auditorio de Ourense, alí realizamos 4 actividades: Cine científico, Laboratorio de Física, Espectáculo en Auditorio e Visita á carpa onde puidemos ver as experiencias realizadas por alumnos de distintos centros de Galicia e España.

Algunhas imaxes da saída podedes velas en Galerías

SEMANA CULTURAL 2008

 

 

A Semana do 27 de maio ó 1 de xuño de 2008, terá lugar no noso Colexio unha SEMANA CULTURAL, na cal os alumnos disfrutarán e aprenderán moitas cousas de un modo diferente.

Imolo pasar Xenial, contamos con todos vos.

 

MARTES 27 DE MAIO

1º CICLO DE ESOMuralla Lugo

Os alumnos de 1º e 2º de ESO viaxaron ata Lugo, onde o pasaron moi ben e ademáis diron un paseo pola famosa Muralla Romana

 

2º CICLO DE ESO 

Os Alumnos de 3º e 4º de ESO foron ata a Ribeira Sacra, visitando algúns lugares representativos desta importante zona de provincia de Ourense.

MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE ROCA

MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO Ribeira Sacra

CAÑON DO SIL - PASEO EN CATAMARÁN (Video de Youtube)

MOSTEIRO DE MONTEDERRAMO

Mentres facíamos a ruta sacamos varias fotos, algunhas delas atópanse na Galería de Imaxes do centro (Imaxes Ribeira Sacra 2008). Animádevos a velas e a facer comentarios.

 

MÉRCORES 28 DE MAIO

Pola tarde Disfrutamos da Tarde Misioneira, onde houbo multitude de Xogos para que o pasasemos Xenial. Algunhas das fotos que se tomaron pódense ver na Galería de Imaxes dentro da Semana Cultural

XOVES 29 DE MAIO

 

VENRES 30 DE MAIO

 Este último día da semana cultural na ESO faremos a posta en común por Ciclos, dos traballos e actividades sobre as olimpiadas que se efectuaron nas distintas clases.

 

Fixemos o CONCURSO DE CÁLCULO MENTAL, participando os alumnos dende 4º de Primaria ata 4º de Secundaria, que se desenvolveu do seguinte xeito:

1º.- Unha fase previa en cada aula de onde se seleccionan ós tres mellores de cada aula, obtendo así un total de 21 alumnos.

2º.- No salón de Actos fixemos 3 roldas de 7 alumn@s cada unha, seleccionando ós 4 mellores de dcada rolda. Obtendo así 12 alumn@s.

3º.- De seguido con eses 12 alumnos,facemos dúas roldas de 6 alumnos cada unha quedándonos cos 5 mellores.

4º.- Estes 5 participaron na FINAL, da que saíron 2 alumnos 

5º.- FINALÍSIMA.

 

 

Yoel Vázquez Naval (5º EP)

David García González (2ºESO)

 

 

De esta finalísima saíu victorioso David García González

Todo o Concurso estivo moi animado -Fotos en Galerías- polos alumnos do centro que mediante un proxector puideron seguir as operacións que debían realizar os concursantes no salón de actos.

 

DOMINGO 1 DE XUÑO

 Este domingo estamos todos convidados a disfrutar do día da Familia, que se realizará en Oseira (Ourense) onde disfrutaresmos de unha  Celebración, ademais de unha comida de campo. Contamos con vós!!!

DIA DO LIBRO - 2008

Este ano, para celebrar o Día do Libro, os alumnos, cada un na súa aula e co seu titor, van ler un relato.

 EDUCACIÓN INFANTIL  3 ANOS   
4 ANOS  
5 ANOS  
 EDUCACIÓN PRIMARIA 1º PRIMARIA  
2º PRIMARIA  
3º PRIMARIA  
4º PRIMARIA  
5º PRIMARIA  
6º PRIMARIA  

EDUCACIÓN SECUNDARIA

1º ESO  
2º ESO  
3º ESO  
4º ESO  

Para ver que tal foi, podedes ver algunhas fotos.

Actividades escolares do curso

Ó longo do curso celebramos as seguintes actividades conxuntas:

  • Festa do "Divino Maestro"
  • Celebración do Adviento
  • Belén
  • Cea do Pobre
  • Festival de Nadal
  • Día da Paz
  • Entroido
  • Mércores de Cinsa
  • Animación á Lectura
  • Vía Crucis
  • Festival da Canción Misioneira
  • Peregrinación a Fátima
  • Letras Galegas
  • Semana Misioneira
  • Tarde Misioneira
  • Cross Misioneiro
  • Partido Misioneiro profesores - alumnos
  • Semana da familia
  • Excursión fin de curso 3º e 4º da ESO
  • Saídas fin de curso dos diferentes grupos
  • Festival Fin de curso
Distribuir contido