Escolares

ENTROIDO 2017 -> DEBUXOS ANIMADOS

 

 

O venres, 24 de febreiro, todos os alumnos e case todos os profesores nos disfrazamos, para saír coma se fosemos unha comparsa e animar un pouco o noso barrio. Ademais acompañaronos moitos pais, os de Educación Infantil gañaron por goleada, a verdade e que tivemos un tempo formidable e pasámolo fenomenal. Xa estamos desexando que volva o Entroido para xuntarnos coas familias e disfrutar de este tempo tan especial... [Ver fotos]

 

6º PRIMARIA. CASTAÑAS

Os alumnos de 6º de Primaria visitaron a Aula da Natureza de Oira, onde aprenderon moitas cousas sobre as castañas e os castiñeiros, ademais de facer de catadores de productos feitos con castañas.

A verdade é que a castaña foi un alimento moi importante en Galicia, antes de que chegara... a pataca.

[+Fotos]

VISITA A BIBLIOTECA DA PONTE. 1º PRIMARIA

O venres, 17 de Febreiro de 2017, os alumnos de 1º de Primaria acompañdos pola titora, Jessica Vázquez, e a pedagoga terapéutica, Sabela Lamas, visitaron e desfrutaron da Biblioteca Pública do barrio da Ponte, foi toda unha experiencia onde os alumnos estiveron moi atentos as explicacións e manosearon libros de lectura e comics para converterse en novos lectores... Bravo por eles!!!

[+Fotos

 


V FEIRA DAS CIENCIAS 2017

Un ano máis celebramos no Colexio a Feira das Ciencias, xa imos pola 5ª Edición. Como novidade este ano celebrámola en dous días diferentes contando cun total de 53 proxectos, 24 o luns 30 de xaneiro e 29 o martes 30 de xaneiro. Participaron con proxectos un total de 135 alumnos e visitaron os estands todos os alumnos do colexio. Foi todo un éxito, como sempre agradecer o traballo dos alumnos expositores e colaboradores así coma o dos pais que seguen animando e asistindo a tan motivador evento para os alumnos.



Graxas a todos, deixamos unhas fotos da experiencias da feira e algún video. Engadiremos algún máis en breve. Ver imaxes - Ver video1 - Ver video2

PAZ 2017 - 4º ESO

   Algúns alumnos de 4º da ESO quixeron facer, este venres 27 de Xaneiro, de mensaxeiros de Paz, coa reciclaxe de botellas de plástico transmitiron a súa particular mensaxe da Paz aos seus compañeros de Colexio... É o pistoletazo para conmemorar o 30 de Xaneiro, DÍA MUNDIAL DA PAZ. 
 
Ademáis para contaxiar desexos de Paz, Lidia, Krishna e Celeste contáronlles un conto aos cativos de 5 anos sobre a Pomba da Paz, foi unha actividade moi enriquecedora porque así se relacionan as distintas idades... compartindo momentos. +Fotos
 

 

 

 

V FEIRA DAS CIENCIAS 2016

Un ano máis, e xa van 5, o Colexio organiza a Feira das Ciencias, acontecemento que terá lugar os días 30 e 31 de Xaneiro de 2017.

 

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Descargar Bases e Boletín de Inscripción

FESTIVAL DE NADAL 2016

LUNS ÁS 19:00 h -> FESTIVAL EDUCACIÓN INFANTIL E SECUNDARIA
MARTES ÁS 19:00 h -> FESTIVAL EDUCACIÓN PRIMARIA. ÁS 20:00 h CEA DO POBRE

MAGOSTOS 2016 - Prensa

O día 16 de Novembro de 2016, saímos no periódico "La Región", saímos nunha páxina completa, con varias imaxes dos magostos e das Festas do Divino Maestro.

 

 

MAGOSTOS 2016

Os alumnos de Educación Infantil do noso colexio organizaron un Magosto no seu patio, con lume, castañas e demais, foi un "MAGOSTAZO", cheiraba a magosto en todo o colexio, os que andabamos nas clases, fervíamos coa envexa... Para facervos unha idea mirade o video ou as fotos do periódico. Os participantes nos Grupos Divino Maestro (GDM) celebraron o seu magosto particular a veira do río Miño, moi cerca da Ponte Romana. Menuda unha festa!!!

 

 

 

 

FOTOS MAGOSTO GDM

 

.

 

 

Distribuir contido