Escolares

FESTA DO DIVINO MAESTRO 2016

 

O mércores e o xoves 9 e 10 de Novembro de 2016 celebramos a Festa do Divino Maestro, a verdade e que  pasámolo estupendamente, decoramos o colexio cuns espellos (de cartolina) nas escaleiras principais e moitas barcas de papel colgadas do teito

Todos os alumnos participan nas Festas, para mostra unas fotos dos alumnos de infantil e un vídeo resumo do que fixeron os de 6º de Infantil.

 

O mércores:

Ás 9:15 os alumnos de 4ºESO fixemos o pregón das festas e animáronnos a bailar e cantar con eles. (Video)
Logo cada un na súa clase tivemos os "Encontros con Xesús" (Fotos)
Despois do recreo Puidemos ver aos "XOVES TALENTOS" do noso cole actuando no Salón de Actos
O Xoves:
Ás 10:00 celebramos a Eucaristía
Comemos a napolitana ou tomamos un chocolate (segundo o curso)
Por último, aínda que as nubes e a chuvia quixeron saúdarnos, Xogamos todos no patio -> Fotos

 



Para ver todas as imaxes, que non son poucas, podemos usar estes enlaces    Xoves Talentos, Encontros con Xesús, Infantil,Video Infantil, Xogos

VISIONADO DA PELICULA "STAND BY ME" 2ºESO

 

O Xoves 3 de Novembro de 2016, os alumnos de 2º ESO do CPR PLURILINGUE DIVINO MAESTRO de Ourense tivemos a sorte de poder asistir ao visionado do filme "STAND BY ME" no auditorio Municipal de Ourense en versión orixinal e con subtítulos en galego. A experiencia foi formidable pois tratábase de un filme que xa traballaramos o curso pasado dende a materia de Taller de Linguas.   

 

INVITACIÓN FESTA DO DIVINO MAESTRO 2016

O MÉRCORES 9 E O XOVES 10 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS A FESTA DO DIVINO MASTRO. CONTAMOS CON VÓS...

28 DE OUTUBRO. ANIVERSARIO DE MADRE SOLEDAD

OS ALUMNOS DE PRIMARIA PREPARARON ESTE ANO ESTE PRECIOSO HOMENAXE PARA MADRE SOLEDAD, ENCAIXANDO NEL O LEMA PARA ESTE CURSO "COMO TÚ"

AULA DA NATUREZA. 4º INFANTIL 2016

Os cativos e cativas de 4º de educación infantil (3 anos), visitaron a aula da natureza de oira este xoves día 3 de Novembro de 2016. Nesta actividade puideron convivir con dous cans, con eles, guiados polos seus donos aprendemos como debemos acercarnos, como os podemos acariciar, que debemos facer se lles temos medo... Os pequenos pasáronno xenial na compaña destes amigos tan especias. Para ver máis fotos preme na imaxe, hai bastantes...

ILUSIONISMO: MAXIA OU CIENCIA?

O venres

O 28 de Outubro de 2016, os alumnos de 6º de Primaria visitamos a Exposición ubicada no Xardín do Posío "Ilusionismo, magia o ciencia?" que explicou aos alumnos como lograr a sensación de que o imposible resulte probable aos nosos ollos. A imaxe aquí exposta non é ningunha ilusión óptica, pero se premes nela verás algunhas, digocho eu. Para ver máis imaxes pulsa sobre a fotografía.

 

 

DENDROCRONOLOXÍA 4ºESO

 O Venres 7 de Outubro, Manuel Souto, Doutor Inxeñeiro de Montes do departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela visita a clase para complementar ós contidos sobre os Métodos de Datación, en concreto a Dendrocronoloxía.

Con esta actividade preténdese achegar ao alumnado a algunha das investigacións que se están a levar a cabo nas Universidades galegas, motivar na cultura do Coñecemento e que atopen no seu estudo unha aplicación para a sociedade actual.

Agradecemos a súa visita. 
 
Ver máis imaxes -> Ir

CONVIVENCIAS SECUNDARIA

   

Os alumnos de Educación Secudaria, saímos do Centro por ciclos para coñecernos mellor. Os alumnos do Primeiro Ciclo de ESO fomos ata Monte Alegre e os do Segundo Ciclo fomos ata o Parque Miño.

Mirade algunhas fotos -> Fotos

 

 

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO SECUNDARIA 2016

Este ano os alumnos de Secundaria fomos de excursión ata Padrón, xustamente a GALIPARK Multiaventura, a verdade é que estabamos algo preocupados polo tema do tempo, pero... portouse bastante ben e deixounos disfrutar de un día estupendo realizando actividades de aventura que para si quixera Indiana Jones. Deixámosvos unha fotos de mostra, esperemos que vos gusten...

FESTIVAL FIN DE CURSO 2015/2016

Os días 31 de Maio e 1 de Xuño de 2016 presentamos no Colexio o Festival Fin de Curso para Pais e Alumnos, en tres sesións diferentes.

A verdade e que foi todo un espectáculo, onde os nenos pasárono "pipa" e demostraron todas as súas habilidades.

Mirade algúns dos videos... Impresionante!!! Bravo por vós!!!

ALBUM FESTIVAL FIN DE CURSO 2016

Distribuir contido