Escolares

3ºESO - SENTÍMONOS SATISFEITOS/AS

 A clase de 3º da ESO do cole participou este ano na Campaña Valores de
Futuro do BBVA onde se fomenta aos mozos a importancia do aforro
responsable.
Xurdiu dos propios alumnos a iniciativa de Aforrar para unha causa solidaria e iniciouse unha recolecta...
Con este diñeiro, sáenos do corazón, repartilo coa asociación ALCER de
Ourense (Asociación para la Lucha Contra las Enfermedades Renales)


Hoxe fixemos entrega e sementamos esperanza,o noso esforzo e diñeiro vai
para o Carrito Don Amable unha iniciativa da AECC (Asociación Española Contra el Cancer) de Ourense .



Agradecemos aqueles alumnos dalgunha clase que se uniron a esta causa.
Grazas Belén coordinadora do voluntariado polas túas visitas e resposta.

 
 

TARDE MISIONEIRA 2016

O día 23 de Maio de 2016 de 15:30 a 17:30 horas, algo pasadas, celebramos a Tarde Misioneira no CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense, veu moita xente e moitos alumnos, algúns xa quedaron a comer. O 100% do recadado será destinado para a construción de un Aula Taller e un Laboratorio do noso Colexio de Soledad de Colombia.

 

Pasámolo de fábula... Mirade as fotos... pronto haberá máis, esto é so un anticipo...

Xa están os Videos -> Video1, Video2, Video3...

A NOSA CIDADE 1º EP

Os nenos de 1º de Primaria construímos a nosa propia cidade, Cos edificios máis significativos que podemos atopar nela, para completar e ampliar o tema de Ciencias Sociais "A Cidade".

Os traballos quedaron fantásticos e fixemos unha pequena exposición para que os nosos compañeiros puideran visitar A NOSA CIDADE, onde lles explicamos como o levamos a cabo e o que aprendemos das funcións de cada edificio.

TARDE MISIONEIRA E MASTER CHEF SOLIDARIO 2016

Estimadas Familias,

O Luns 23 de Maio pola tarde Celebraremos a Tarde Misioneira, na que teremos diversas actividades para que todos o pasemos estupendamente e de paso obter fondos para a Campaña Misioneira Soledad Colombia. 

 

 

Unha das formas de colaborar é participando no "MASTER CHEF SOLIDARIO".

Animádevos, xa hai moita xente esperando mercar as delicias que preparades...


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA AXUDA E A COLABORACIÓN!!!

Máis información en breve 

EXCURSIÓN FINAL DE ETAPA DE PRIMARIA 2016

Os alumnos de 6º de Primaria do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense fomos de viaxe a Madrid, capital de España, para coñecer algúns lugares moi interesantes como o Museo do Prado, o Parque do Retiro e bueno, poque non dicilo... o Parque de Atraccións.
Para ver máis imaxes preme na imaxe.
Antes da entrada ao Museo do Prado, na porta do Museo do Santiago Bernabeu, atopámonos coa Televisión que fixo unha pequena entrevista a algúns dos rapaces do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense. Toda unha experiencia. Mirade que ben o fixemos 

VIDA E MAIS QUE VIDA - RUBÉN RIÓS

 

O pasado día 18 de marzo visitounos Rubén Riós para falarnos dun proxecto no que traballou durante dous anos e que estrenara o día 25 de febreiro en Ourense. Trátase da realización de unha curtametraxe chamada "VIDA" e de un documental que mostra como se realizou "MAIS CA VIDA". No Salón de actos do noso centro vimos o trailer e logo explicou os motivos para levalo a cabo, preguntando polas impresións sentidas.

Por fin o día 21 de abril tivemos a oportunidade de disfrutar integramente da curta e do documetal no Centro Cultural da Deputación de Ourense, e volver falar con él e cos protagonistas da curtametraxe.

Para ver algunhas fotos máis pulsa na imaxe.

 

 

ENCONTROS CO AUTOR - 6º PRIMARIA

Os alumnos de 6º de Educación Primaria asistiron a "Encontros co autor", actividade organizada polo Concello de Ourense o día 29 de Marzo.
Neste caso foi coa autora Érica Esmorís, e o libro elexido foi "Nena e o Mar". A verdade e que estiveron moi atentos durante todo o encontro, ata saímos nunha foto de La Región. 
 

La Región. Mércores, 30/03/2016

E AGORA QUE FACEMOS? 3ºESO

 O mércores 30 de marzo, os alumnos de 3º de secundaria asistiron a presentación de unha obra de Teatro da compañía "La Rueda - Teatro Social" na que se lles amosan algunhas situacións relacionadas co consumo de drogas, a verdade é que foi unha experiencia poder interacturar cos actores para tentar cambiar as cousas que alí sucedían, pasámolo moi ben e con ganas de conseguir que todo rematease ben para as persoaxes da obra. Fotos
 

SOMOS SOLIDARIOS

Os Alumnos de 4º de Educación Secundaria elaboraron un Video para participar na Campaña do "Día Mundial do Ril" 2016, pasárono estupendamente e quedou xenial. Mirade, mirade

Distribuir contido