Escolares

CHARLA ROSA CARBALLO. 3º ESO

O 15 de Abril de 2015, Rosa Carballo muller emprendedora que ofrece en Ourense a franquicia Kids&Us destinada ó aprendizaxe da lingua inglesa dende un aniño de vida ata os 18 anos, visitou o noso Colexio (aula de 3º da E.S.O.)
Esta actividade enmárcase no Convenio que ten establecido o noso Centro coa Asociación de Xoves Empresarios co obxectivo de difundir e fomentar o espírito emprendedor dos máis novos.
UNHA OCASIÓN PARA DESCUBRIR QUE COA CONSTANCIA , O ESFORZO , A CONFÍANZA NUN MESMO E A PAIXÓN LÓGRANSE SOÑOS.

AULA DA NATUREZA. 1º ESO. ASTRONOMÍA: COÑECE O CEO

O mércores 8 de Abril, alumnos de 1º ESO do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense, visitamos a aula da Natureza en Oira, para participar na actividade: "Astronomía: Coñece o Ceo".
Aprendemos cousas sobre as constelacións, as estrelas e por suposto sobre o noso Sol, que puidemos observar empregando un telescopio solar.

VIA CRUCIS - SEMANA SANTA

Os alumnos de Grupos Divino Maestro (GDM) do Colexio prepararon un Via Crucis para motivar a alumnos, profesores e familias do tempo que se achega, a Semana Santa, que vai dende o Domingo de Ramos ata o Domingo de Resurrección. Neste tempo recordamos a paixón, morte e resurrección de Xesús -> Ver imaxes + Imaxes

A volta de semana santa máis imaxes e información sobre esta actividade...

PRIMEIROS AUXILIOS 6º PRIMARIA

Os alumnos de 6º de Primaria recibiron un curso de primerios auxilios estupendo onde aprenderon moitísimas cousas:  como inmovilizar un membro, como para unha emorraxia nunha extremidade, tranquilizar a unha persoa ferida, realizar unha RCP... e ademáis pasárono estupendamente.

CIENCIA E NATUREZA. 5º e 6º PRIMARIA

O martes 10 de marzo os alumnos de 5º de Primaria, visitamos a Aula da Natureza de Oira para saber máis sobre Ciencia e Natureza.

Cando pensamos na ciencia tendemos a identificala con experimentos espectaculares ou con complexas teorías só ao alcance dunhas poucas mentes privilexiadas. Pero, en realidade a ciencia é simple: trata de observar, facer preguntas e buscar respostas... algo que os nenos e nenas facemos constantemente de xeito natural... Mirade o ben que o pasamos [+Imaxes]

HOMENAXE A ROSALIA DE CASTRO NO CONCELLO

O Concello de Ourense celebrou este martes o 178º aniversario do nacemento da escritora santiaguesa Rosalía de Castro, unha das pioneiras do Rexurdimiento das letras galegas. No acto institucional, celebrado no Salón de Plenos da Casa do concello, estiveron presente os alumnos de 5º de Primaria do CPR PLURLINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense. Foron eles os encargados de ler fragmentos do célebre 'Cantares Galegos'. A súa audiencia, o alcalde e a concelleira de Cultura, que reivindicaron a importancia e profundidade da obra rosaliana.

Ver artículo en "La Región". Ver imaxes do acto.

OLAS DECORADAS PARA A FESTA DA PITA DE EIROÁS

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, decoraron 25 Olas (vasixas de barro) con témpera, de modo que serán empregadas para a Festa da Pita de Eiroás durante o Domingo Oleiro (8 de febreiro). Pasárono moi ben e a verdade e que quedaron impresionantes...

50 ANIVERSARIO DE BLANCO NÁJERA

O mércores, 11 de febreiro de 2015, no Seminario Maior de Ourense,tivo lugar ás 11.00 horas un homenaxe a Francisco Blanco Nájera, ao que aistiron diversas personalidades, ademáis de unha representacion da Familia Divino Maestro.
De alí os alumnos e profesores desprazáronse a casa de Montealegre onde xa estaban todos os alumnos e profesores dende 3º de Primaria ata 4º de Secundaria, onde fixemos unha celebración na capela e unha ofrenda a figura de Francisco Blanco Nájera, ademáis de visitar o museo dos Fundadores. Ver todas as imaxes

Distribuir contido