Escolares

VISITA A AULA DA NATUREZA

Os alumnos de 5º de Primaria imos a aula da natureza de Oira para facer unha sesión sobre reciclaxe

 

 

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O Venres, 30 de Xaneiro, celebramos o día da PAZ, xuntámonos no ximnasio, formando o Símbolo da Paz, realizamos unha pomba da paz chea de mans con mensaxes de esperanza e ilusión en que un mundo máis humano e xusto é posible -> Ver as imaxes do Día da Paz

VIDEO DOS NENOS DE INFANTIL PARA A PAZ 2015

Video dos alumnos de Educación Infantil para conmemorar o Día da PAZ, a verdade e que pasámolo de maravilla mentes o filmabamos, esperamos que vos guste... -> Ver video pantalla completa


,

CHARLA JOSE MANUEL GONZÁLEZ PAZ. 3 ESO

Os alumnos de 3º ESO acolleron emocionados o día 29 de xaneiro de 2015 a José Manuel González Paz, un grande emprendedor e magnífica persoa. Ademáis de ter un traballo cunha nómina, traballa con colmeas de MEL, que é onde disfruta da maravillosa natureza que temos. 

Aquí deixámosvos unhas fotos tomadas durante a charla onde afirma que é unha desas persoas que se "baixou deste mundo" e conseguiu lograr moitos dos seus sonos... e os que aínda lle quedan!!

PREMIO AO MELLOR BELEN INFANTIL 2014

O Concello de Ourense, dende a área de Cultura, entrogounos o día 7 de xaneiro de 2015 un galardón no que recoñecen o noso traballo educativo no Belén de Tangram realizado no noso colexio, neste proxecto participaron todos os alumnos do centro, realizando un traballo máis profundo os alumnos de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. -> Ver noticia: La Voz de Galicia, La Región, Concello de Ourense, Faro de Vigo

COS MELLORES DESEXOS DE PAZ E AMOR...

Todo o Centro traballamos o Tangram e as súas posibilidades, así que creamos unha recreación de un Belén realizado con figuras de Tangram de 1x1 metro con luz negra no CPR DIVINO MAESTRO de Ourense. As figuras están movidas polos alumnos de 4º de Secundaria. Esperamos que vos guste. Ver Video pantalla completa
Como en anos anteriores participamos no concurso de Beléns organizado polo concello de Ourense, e este ano conseguimos o Premio ao Belén Infantil. Estamos encantados!!! -> Ver nova publicada na Voz de Galicia
Distribuir contido