Escolares

PROXECTO VIVIR EN SAÚDE

Os Alumnos do Primeiro Ciclo disfrutamos de unha actividade da Fundación Mapfre na que nos explicaron bos hábitos alimenticios e fixemos moitas actividades.
Trátase dun conxunto de contos, cómics e cancións dirixidos a nenos, de entre 5 e 13 anos, que achegan coñecementos e consellos prácticos, en español e inglés, sobre os hábitos alimentarios máis saudables en cada momento da vida. Tamén ofrece aos educadores guías de actividades e outros recursos educativos para aprender a incorporar hábitos sans como realizar cinco comidas e beber de 8 a 10 vasos de auga ao día, realizar actividade física de xeito regular, polo menos unha hora diaria, e corrixir malos hábitos relacionados co sono, o xeito en que se carga coa mochila e a limpeza de mans e dentes. Podedes mirar máis fotos

CHARLA LOIS BABARRO 3º ESO

O día 27 do mes de novembro de 2014, unha gran charla sorprendeunos, impactounos, asombrounos... con todas as súas ganas e enerxía, un grande exemplo a seguir, Lois Babarro con tan só 33 anos demostrou un espírito inquedo, valente, con grande iniciativa e que pouco a pouco grazas aos seus catro piares máis importantes, conseguiu día a día cumprir os seus obxectivos e os que aínda lle faltan!
TRABALLO, VALENTÍA, INTELIXENCIA e CONSTANCIA son catro actitudes as cales o fan levantarse cada mañá con ganas e poñerse mans á obra.
Debemos, como el ben nos di, non quedar estancados, se tropezamos debemos levantarnos con máis enerxía e tirar para diante"
Un grande emprendedor, que soubo tomar iniciativas con seguridade e grazas á súa constancia, conseguiu pouco a pouco, chegar onde se encontra agora, gozando diso e ensinando outras persoas, tanto adultos coma mozos, as súas aprendizaxes, cos que el deu "un xiro á súa vida".
Aquí deixámosvos algunha foto desta extraordinaria e educativa e charla. 

GALICIENCIA 2014

Un ano máis os alumnos do Divino Maestro de Ourense, participamos nas actividades da Galiciencia (Concurso de Camisetas e de Fotografía) e o venres 21 de novembro de 2014 visitamos a Galiciencia, onde vimos moitos proxectos de outros centros, ademáis de un espectáculo de ciencia que nos deixou abraiados.
Uns compañeiros nosos, Iago e Antón Saco de 5º e 3º de Primaria respectivamente, foron seleccionados para participar na categoría de Educación Primaria.

FESTA DO DIVINO MAESTRO

Este ano para celebrar a Festa do Divino Maestro acompañounos o noso Bispo, Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Leonardo Lemos Montanet, celebrando unha Eucaristía moi amena e didáctica

Logo deso, subimos as clases onde disfrutasmos dunha lambetada antes de baixar ao patio.
O tempo non acompañou moito, así que preparamos alguns dos xogos no ximnasio e no corredor de acceso ao patio, pois ahí non chovía. Con todo pasámolo xenial -> Ver todas as imaxes
Os alumnos de Educación Infantil estiveron participando da festa -> Ver video 
Pola tarde, ás 19:30 horas, viñeron uns malabaristas que nos deixaron patidifusos

ACTIVIDADES-FESTA DIVINO MAESTRO

 

Durante a Festa do Divino Maestro, celebradas do 12 ao 14 de novembro de 2014, fixemos moitas actividades, deixamos aquí unha mostra delas:

 

  • Festa do Divino Maestro. Eucaristía, lambetada e xogos -> Ver imaxes (+Info)
  • Concurso de Cálculo Mental de Primaria e Secundaria -> Ver imaxes (+Info)
  • III Feira das Ciencias -> Ver Imaxes (+Info)

Os alumnos de Educación Infantil pasárono estupendamente e ata fixeron un video -> Video Educación Infantil
En breve máis información das distintas actividades...

 

CALCULO MENTAL

CÁLCULO MENTAL PRIMARIA

¿Cuantas operaciones realizas en 60´´?  
Suma 21 dentro de cada círculo
Icono - Círculo 21 Círculo 21 – Rompecabezas que requiere sumar enteros positivos y negativos de modo que su suma sea 21.
Icono - Círculo 3 Círculo 3 – Rompecabezas que requiere sumar números reales positivos de modo que su suma sea 3.
Icono - Tangramas Tangramas – Usa las siete piezas chinas de rompecabezas para construir figuras y resolver problemas.
Icono - Diagramas de Venn Diagramas de Venn – Investiga distintas operaciones de conjuntos.
Icono - Diffy Diffy – Resuelve este interesante rompecabezas que involucra la diferencia de números.

CÁLCULO MENTAL SECUNDARIA

 

Icono - Círculo 99 Círculo 99 – Rompecabezas que requiere sumar enteros positivos y negativos de modo que su suma sea 99.
Icono - Rompecabezas de Números Rompecabezas de Números – Resuelve estos rompecabezas ordenando los números dentro del diagrama de modo que su suma sea igual a un valor indicado.
Icono - Tangramas Tangramas – Usa las siete piezas chinas de rompecabezas para construir figuras y resolver problemas.
Icono - Diagramas de Venn Diagramas de Venn – Investiga distintas operaciones de conjuntos.
Icono - Diffy Diffy – Resuelve este interesante rompecabezas que involucra la diferencia de números.

FESTA DO DIVINO MAESTRO

Puedes ver el Díptico completo -> Ver el díptico
Distribuir contido