Complementarias

NEVE EN OURENSE

O pasado día 9 de xaneiro, houbo na nosa cidade unha nevada importante, como xa facía ben tempo que non se vía, os profes deixámosvos unhas imaxes (están na Galería) para que recordedes este día tan ... frío e branco.

FESTA DO DIVINO MAESTRO

FESTA DO DIVINO MAESTRO

DIVINO MAESTRO

Se queres ver algunhas das imaxes preme aquí FESTA DO DIVINO MAESTRO

ASOCIACION CULTURAL FRANSOL

Dende a Asociación Cultural FRANSOL queremos convidar a todos os nosos socios a participar do Clube FRANSOL os sábados pola mañá e disfrutar dun tempo de lecer coas actividades programadas.

As Instalacións do Centro estarán abertas os sábados do curso escolar en horario de  10:30 a 13:30 horas excepto os comprendidos en periodos non lectivos ou aqueles nos que o venres anterior ou o luns posterior sexan días de carácter non lectivo. 

Información e Inscripción no Clube FRANSOL

CROSS MISIONEIRO 2008

O pasado 19 de xuño de 2008, todos os alumn@s participaron na CROSS MISIONEIRO, nesta actividade os alumnos do Colexio corren nun circuito marcado fronte ó colexio, entregándose premios ós gañadores de cada categroría. Por suposto tamén participan pais e profesores. Algunhas das fotos que se sacaron podédelas ver en Galerías, mira ven a ver se te atopas nalgunha, pois hai un total de 136 imaxes.

SAÍDA MONTE INVERNADOIRO

O pasado día 4 de xuño de 2008, fomos a unha saída cultural ó PARQUE NATURAL MONTE INVERNADOIRO onde fixemos duas rotas de Sendeirismo, cun total de 15 Km percorridos.

O día estivo estupendo ainda que a algúns dos participantes o sol colleunos de cheo. Non esquezas ollar as fotos en Galerías e votalas ou engadirlle algún comentario.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Coa organización de diversas actividades de carácter cultural e formativo pretendemos que se acaden obxectivos e finalidades que exceden o estrictamente académico.

Os obxectivos xerais propostos van desde o fomento da participación responsable e solidaria nas diferentes actividades ata a promoción da participación de toda a Comunidade Educativa naquelas actividades propostas polo centro.

Guía de visitas e saídas didácticas

SAÍDA AS CORCERIZAS CON AMIGOS DA TERRA

6º PRIMARA EN 2006

Aquí deixamos o link ós compañeiros de amigos da terra que colgaron na súa páxina web imaxes dese día

Distribuir contido