Informacións

OS PERIGOS DAS REDES SOCIAIS E INTERNET

A AMPA do centro organiza unha conferencia para todos os membros da Comuidade Educativa:

"LOS PELIGROS DE LAS REDES SOCIALES E INTERNET"

Data:   26 de Febreiro 2013

Hora:          20.00 horas

Lugar:         Salón de Actos do CPR Divino Maestro 

  

Descargar Cartel da Conferencia 

CONTAMOS CON VOS!!! ANIMÁDEVOS!!! 

MANUAIS FACEBOOK E TWITER

Aínda que moitos de vós xa coñecedes e usades estas dúas redes sociais, para o que non o estea, estas son duas guías moi ilustrativas e interesantes para poder familiarizarnos con elas e poder estar actualizados e comunicarnos a traves delas.

EL ARTE DE EDUCAR A TUS HIJOS

Como xa todos sabedes o pasado mércores 23 de maio tivemos a conferencia EL ARTE DE EDUCAR, deixamos aquí un extracto da charla que nos facilitou o propio autor, así poderemos refrescar as ideas de cancanto alí se nos dixo. Esperamos que vos resulte útil. -> Descargar conferencia

VERBENA DA FAMILIA

Por segundo ano a ANPA do Colexio e o claustro de profesores decidiron unir as súas forzas para invitarvos a todos a unha celebración conxunta o día 25 de maio de 2012 coa seguinte programación:

19:30 Eucaristía no Colexio.
20:30 Recollida do "avituallamento"
21:00 Inicio da Verbena coa amenización da Disco Móbil "La Grándola"
00:00 Hora aproximada de remate.

CONTAMOS CON VÓS. ANIMÁDEVOS!!! 

AXUDAS PARA LINGUAS EXTRANXEIRAS

"Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012", convocado pola Orde do 22 de febreiro de 2012 (DOG do 5/3/2012).

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de marzo e remata o día 7 de abril.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

 

Conferencia ¨MEDIACION ESCOLAR¨

Como xa sabedes, o pasado día 13 de febreiro de 2012, a ANPA do CPR Divino Maestro, organizou esta conferencia, despois da cal recibimos un correo electrónico de Luis Fernández López, pononte da mesma. Deixamos aquí a transcripción do mesmo.

 

Querida Isabel,
Antes que nada decirte que nuestra visita a vuestro cole nos ha resultado de lo más agradable. Me parece una comunidad viva y que tiene ganas de ir por el camino del que me solicitaste información. Hemos disfrutado y nos ha alegrado conoceros, esperando seguir colaborando en todo momento.
Esta mañana, al abrir el sobre me habéis emocionado. Muchísimas gracias por ese donativo. Os aseguro, por llevar varios años trabajando en aquellas escuelas, que vuestra aportación será muy útil. Os prometo que será bien empleado, de la manera más justa posible y esperando que cambie, para bien, la vida de algún niño o jovén con los mismos derechos que los del Divino maestro o del IES Carlos Casares, pero separados por una gran brecha de injusticia y de exclusión.
Hace 5 minutos se lo he comunicado a Bolivia. El coordinador de Escuelas de la Tierra se ha emocionado y os dice gracias.

Puedes visitar nuestro blog:
http://bermejoviana.wordpress.com/2012/02/14/colegio-divino-maestro-orense/

Muchas gracias, bien sentidas y con mucha emoción.
Un abrazo y continuad con vuestra excelente labor

Luis Fernández López

MAGOSTO ANPA 2011

Estimadas familias, profesores e demais membros desta nosa comunidade educativa, dende a A.N.P.A. do noso Colexio invítanos a asistir ao tradicional magosto que cada ano organizan, nesta edición nas instalacións do Colexio o domingo 27 de novembro.

 

 

A xornada iniciarase con unha Eucaristía ás 13 horas do citado domingo na capela do colexio e continuarase coa tradicional comida e convivencia na zona do patio.

 

Prégase confirmación con data límite o martes 22 de novembro.

Pronto máis información 

AXUDAS PARA EXTRAESCOLARES

Dende a A.N.P.A. do CPR Divino Maestro de Ourense, informásenos a todos os pais (pertencentes ou non a esta asociación), que nos ven denegada a axuda que se solicitou á Consellería de Benestar para as actividades extraescolares..

Adxúntase resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. -> Resolución

REVISTA PADRES Y COLEGIOS - JUNIO 2011

Dende a AMPA do Colexio, queren informarnos sobre esta publicación dixital que pode conter información útil para as familias. Ahí a tedes. 

RELATORIO PREVENCIÓN BEBIDAS ALCOHÓLICAS EN MENORES

O Parlamento de Galicia ven de aprobar a Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade. que entrou en vigor o 1 de marzo deste ano 2011.

 

Por eso dende a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense consideran imprescindible difundir o contido desa normativa, especialmente no ámbito escolar por eso organízan un relatorio.

 

TEMA: CONTIDO DA NORMATIVA PREVENCIÓN CONSUMO DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS EN MENORES DE IDADE (LEI 11/2010)

LUGAR: SALÓN DE ACTOS DA BIBLIOTECA PÚBLICA (R/ Concejo, 11)

HORARIO: Persoal Docente -> 27 de Abril 13.00 horas
Pais e Nais        -> 27 de Abril 19.00 horas

Distribuir contido