Historia

Historia

         No ano 1972 fundouse a “Gardería Infantil da Caixa de Aforros”.

          As salesianas son solicitadas pola Caixa de Aforros Municipal de Vigo. O obxecto é unha obra social que ten como obxectivos: 

  • Educar nenos/as de tres a seis anos, saíndo ao paso da necesidade de moitas familias nas que traballan o pai e a nai.
  • Levar a cabo un “Oratorio Festivo” para os nenos e as nenas da zona, que daquela estaba empezando a se desenvolver.
  • Tamén se atendían as catequeses dalgunhas parroquias e a animación litúrxica das eucaristías dos nenos/as.

      

        Empezou sendo unha gardería pero co tempo, e dado que os nenos/as ían crecendo, decidiuse que sería bo darlles continuidade no mesmo centro. Por iso en 1992 comezou a Educación Primaria e seis anos máis tarde, en 1998, a Educación Secundaria Obrigatoria. Coia daquela, en 1972, era unha gran zona chea de posibilidades, pero aínda de poucas realidades. Comezaba a crecer coa edificación de grandes edificios promocionados pola Caixa de Aforros de Vigo. Un campo grande con pouca poboación, pero no que xa se vía que podía ter un gran futuro. 

        Coia hoxe é unha zona moi poboada, na que aínda se seguen a construír cada ano grandes bloques de vivendas. As casiñas pequenas e unifamiliares son substituídas pouco e pouco por grandes torres onde viven moitas familias. É un barrio de traballadores/as  e onde ademais hai moita mocidade. Ademais a situación socio-económica está a mellorar duns anos a estar parte, aínda que queda bastante por facer, por iso o noso colexio segue a traballar polo barrio.

Distribuir contido