As emocións (curso 15/16)

Proxecto das emocións

PROXECTO DAS EMOCIÓNS

 

 

Por que é importante a intervención nas emocións?

En primeiro lugar, o baixo nivel de competencias emocional do colectivo de adolescente demostra un observable “analfabetismo emocional” (Goleman, 1996) que desemboca en comportamentos desadaptativos (Bisquerra, 2003) como por exemplo: o consumo de sustancias nocivas, trastornos alimentarios, violencia de xénero, numerosos actos de violencia dentro e fóra do ámbito escolar, dende o renomeado bullying escolar hasta as vexacións gravadas cun dispositivo telefónico e que posteriormente son colgadas en Internet (cyber-bullying) ou enviadas entre os adolescentes.

Dende o punto de vista psicopedagóxico, Álvarez(2001) observou a necesidade da intervención socio –emocional dados os altos índices de fracaso escolar, dificultades de aprendizaxe, abandono dos estudos, dificultades na relación cos compañeiros/as... Isto provoca un claro déficit de madurez emocional e estados emocionais negativos, provocando así a escasa actitude e motivación das persoas estudantes ante o mundo académico.

En segundo lugar, e tendo en conta as situacións antes descritas, o desenvolvemento da intelixencia emocional e, por tanto, o desenvolvemento das competencias emocionais (Bisquerra, 2000 e Goleman, 1995), céntrase na prevención de factores de risco na aula (Ibarrola, 2004) co fin de mellorar as relacións interpersoais do alumnado e o seu benestar subxectivo (Extremera e Fernández Berrocal, 2004)

Segundo Bisquerra (2000) a Educación Emocional é o proceso educativo, continuo e permanente que pretende potenciar o desenvolvemento emocional como complemento indispensable da cognición, constituíndo ambos elementos esenciais no desenvolvemento da personalidade integral. Capacita ó alumnado de coñecementos e competencias emocionais que lle permiten afrontar a vida tanto persoal como profesional con éxito e aumentar o benestar a nivel de saúde e de convivencia. 

 Para ler máis fai clic aquí. (pdf) 

 

 

Algúns
dos recursos que podedes utilizar na casa os podedes descargar no seguinte enlace (pdf)

 

As emocions, suxerencias

 

 

Distribuir contido