Amar o mar 2017-18

Xornada de Orientación

 

 Outro ano máis podemos dar por comezado o curso de forma “oficial”, porque xa celebramos a Xornada de Orientación. Como todos sabemos, a Xornada de Orientación é unha xornada que dedicamos a traballar con profundidade o lema do ano, e a sentar as bases do que será o fío condutor do curso dende  a pastoral. Este ano coincidimos todos en que nos resultou este “traballo” especialmente fácil, porque o lema é moi agradecido para traballar cos rapaces: “Se compartes, multiplícase” é un dos VALORES (así con maiúsculas) que se traballa máis directamente dende o cole: os nenos veñen ó cole a socializar, e o primeiro que aprenden é que todo é de todos: toca compartir espazos, ás profes (que non son como mami, toda para min, ou case), o material...

E coa ilusión extra que supón conectar co que se está a traballar, abordamos o luns 02 (Infantil e Primaria) e o martes 03 de outubro (secundaria) a xornada de Orientación. Explicámosvos como se desenvolveu a xornada, adaptándonos a cada etapa:

IINFANTIL: traballaron dende a canción de Mamá Cabra “Coas miñas mans”. Enlazan co lema xa que a canción di que...”coas miñas mans fago AMIGOS, podo AXUDAR, quero COMPARTIR…”E a partir de aí se explica o cartel deste curso. A seguinte dinámica consistiu e debuxar a silueta das mans por parellas e firmalas. Estas mans enlazan tamén co proxecto do cole para este curso “AMAR A MAR” porque se colocan na carteleira de entrada do cole suxeitando unha rede, e simbolizando o traballo conxunto dos pescadores. Finalmente remata coa decoración dos peixiños das portas, deixando as pegadas dos dedos nas colas dos seus peixes.

PRIMARIA: comeza a xornada toda a etapa xunta no salón de actos, onde soa de fondo a canción “Conco panes y dos peces”. Proxectan un vídeo da parábola, e dende aí levan a reflexión entorno o póster e o lema. Rematando cunha oración antes de subir a clase para continuar co traballo en grupos máis pequenos. Nas clases ven o vídeo da canción de Morat: “Yo contigo, tú conmigo” (....que lles apaixoa!!!!!) e decoran os peixes das portas. Finalmente, a última dinámica difire un pouco entre 1º- 2º-3º, e 4º-5º-6º: mentres que os pequenos pensan nun ingrediente que non debe faltar para mellorar o mundo, ós maiores pedímoslles a receita enteira. Os ingredientes e as receitas irán enroladas na rede que colgou infantil.

ESO: comezan tamén a xornada cunha reflexión conxunta no salón de actos, onde se explica o póster e o lema, lese a Palabra de Deus (Jn 6, 1-15): “O milagre dos pans e os peixes”, e finalmente ven o “experimento sociolóxico” que gravou infantil fai uns anos, onde reparten ós rapaces chocolate de forma desigual, e eles se encargan de COMPARTIR. Despois suben ás aulas, para unha dinámica de reflexión da desigualdade do mundo, e das diferenzas entre o que para nós son DESEXOS e NECESIDADES. Acaban facendo un animal mariño, que representa o seu compromiso para “compartir” este curso.

O balance da xornada, como diciamos ó principio, foi moi positivo para as tres etapas, estamos moi orgullosos do ben que desenvolveron o traballo os nosos rapaces, xa que queremos pensar que augura un curso de reflexións moi ricas.

E para demostrar o ben que o fixeron, deixámosvos cunhas fotos que amosan tanto o traballo coma os resultados:


 

 

 

             

 

Podcast and Arts


Amar o mar
o proxecto deste ano vai tomando forma en Arts de 5º EP, ademáis engadimos un podcast de "20.000 Leguas de viaxe submarino"

Distribuir contido