Comedor

Comedor escolar

     O servizo de comedor escolar está xestionado pola empresa Scolarest.

    O menú do colexio elabórase no departamento de nutrición da empresa e é revisado no centro. Ademais son varios os profesores que colaboran na atención aos alumnos/as durante o momento da comida e o recreo posterior.

    Este servizo abrangue o xantar e un posterior tempo de ocio no patio baixo vixilancia.

 

Horarios de comedor

INFANTIL
Horario de xantar De outubro a maio 12:20 h
13:30 h (para aqueles que asistan a actividades extraescolares no horario de mediodía)
Setembro e xuño 14:00 h
Patio de comedor De outubro a maio Despois de xantar terán un tempo de xogo dirixido no patio de infantil ata que comencen de novo as clases.
Setembro e xuño Despois de xantar estarán xogando no patio de primaria ata as 15:00 momento de vir a recollelos o centro.

  

PRIMARIA
Horario de xantar De outubro a maio 13:00 h
13:30 h (para aqueles que asistan a actividades extraescolares no horario de mediodía)
Setembro e xuño 14:00 h
Patio de comedor De outubro a maio Antes e despois de xantar terán un tempo de xogo no patio de primaria ata que comencen de novo as clases.Os alumnos que despois de xantar queiran adiantar as tarefas escolares, dispoñen dunha hora de estudo gratuita.
Setembro e xuño Despois de xantar estarán xogando no patio de primaria ata as 15:00 momento de vir a recollelos o centro.

  

SECUNDARIA
Horario de xantar De outubro a maio Luns, martes:13:30 hs
Mércores, xoves, venres:14:15 h
Setembro e xuño 14:00 h
Patio de comedor De outubro a maio Despois de xantar terán tempo libre no patio de secundaria ata que comencen de novo as clases.

 

Prezos do comedor

Todo o mes: 102 €/mes.

Catro días/semana: 89 €/mes 

Tres días á semana: 75,00 €/mes.

Dous días á semana: 53,00 €/mes.

Un día á semana: 27€/mes.

Custo día solto: 8,00 €/día.

Distribuir contido