Seguro Escolar

Servizo sanitario do seguro escolar Mapfre

   O Centro conta cun seguro escolar xestionado por  MAPFRE,  cun custo de 15,00€/ano por alumno.

Para os alumnos de 3º e 4º da ESO o prezo anual é de 1,12 €, xa que contan con Seguridade Social.

   Os accidentes ocasionados no tempo de xornada escolar e nas actividades unidas ó mesmo (paseos e visitas, excursións, saídas para convivencias, campamentos e calquer outra actividade escolar ou extraescolar, sempre que se leven a cabo baixo a vixiancia de titores e non teñan unha duración superior a 30 días), incluídos os accidentes durante o traxecto necesario dende o domicilio ao centro e viceversa, deberán notificarse na Administración para que se tramite o parte de accidente o mesmo día que aconteceu este.

  Co devandito parte, os/as alumnos/as serán atendidos en: 

         Centro Hospitalario Nuestra Señora do Perpetuo Socorro

          Rúa Manuel Olivié, 11 ( O Castro) Vigo

         Teléfono: 986-411466.

Distribuir contido