Comedor escolar

     O servizo de comedor escolar está xestionado pola empresa Scolarest.

    O menú do colexio elabórase no departamento de nutrición da empresa e é revisado no centro. Ademais son varios os profesores que colaboran na atención aos alumnos/as durante o momento da comida e o recreo posterior.

    Este servizo abrangue o xantar e un posterior tempo de ocio no patio baixo vixilancia.