Domund 2017

DOMUND´17...”Atrévete,
a misión agarda”

Esta semana pechamos
a campaña do DOMUND, coa celebración das distintas etapas, momento para
compartir unha reflexión entorno á nosa participación, o papel dos misioneiros,
e con unhas ofrendas moi especias: as huchas que compartiron toda a semana
anterior ó Domingo das Misións cos rapaces nas aulas, onde tiveron a
oportunidade de recoller as aportacións, e coas huchas que algún dos nosos
alumnos sacaron polas rúas.

Pero estamos a
comezar polo final. Como parte da Igrexa católica que somos, apoiamos esta xornada
do DOMUND, que se celebra a nivel mundial o penúltimo domingo de outubro, e que
ten como obxectivo o apoio espiritual e económico das obras misioneiras. Como
en todo este tipo de “semanas especiais”, aproveitamos para traballar cos
rapaces a solidariedade cos máis necesitados que nos ensinou Xesús,
especialmente presente no noso cole este ano, a través do lema “Se compartes,
multiplícase”. Tamén recordamos co alumnado a sorte que temos ó ter nacido
neste lado afortunado do mundo, do desequilibro no reparto da riqueza, e a nosa
obriga cidadá e cristiá de axudar a re equilibrar a balanza, concienciando ós
rapaces de que o que nos sobra a nós vale ouro para outros, que os alimentos da
Terra chegan para alimentar a todo o mundo, pero que se hai xente que está a
pasar fame é porque está mal repartido, e os que temos máis acaparamos o que
lles correspondería a outros...

E, como o tratamos
exactamente? Pois fundamentalmente reflexionando nos momentos dos Bos Días,
cuxo fío condutor foi, partindo do vídeo que nos achegaban dende a OMP, a idea
de que os misioneiros (e toda a xente que axuda) son súper heroes con súper
poderes de verdade (a EMPATÍA, a XENEROSIDADE, a SOLIDARIEDADE...), e invitamos
ós alumnos a encontrar estes súper poderes, así como a súa misión, e axudar ós
misioneiros.

Cos rapaces da ESO
tamén traballamos durante a hora da titoría, achegando a figura dos misioneiros
a través da historia dun deles: José Manuel Bernárdez Gándara, que era de Vigo
(tío duns antigos alumnos do centro) e faleceu “en acto de servizo” fai tres
anos, como lles contou Julio, o profe de relixión, que o coñeceu e tratou,
gardando del un moi bo recordo.

E o alumnado de
infantil experimentou o DOMUND COMPARTINDO o seu tempo coa avoíños do Centro de
Día que temos ó lado do cole.

Finalmente, agradecer
de corazón ás familias o voso esforzo....grazas ás vosas aportacións,
enviarémoslles ós  misioneiros...759,50€!!!!!

Xa vedes... unha
campaña intensa, e segundo a apreciación dos profes...moi moi exitosa!!!!!
Temos o cole cheo de súper mini heroes, desexando axudar!!!!