Ideario

Ideario

Un dereito

 

      Toda persoa ten dereito á educación  e a sociedade debe ofrecerlle os medios necesarios para que o poida exercer no marco das liberdades proclamadas na nosa constitución.  

 

Que supón:           

  • A liberdade de creación e dirección de centros educativos.
  • A liberdade de elección do centro por parte das familias.
  • A liberdade no desenvolvemento da función docente no marco do carácter propio de cada centro.
  • O dereito a recibir unha formación relixiosa e moral conforme ás propias convicións.
  • O dereito á participación dos diferentes membros da comunidade educativa no control  e xestión dos centros.
  • O dereito a unha gratuidade que asegure o acceso de todos á educación.

 Para conseguir...

  • O pleno desenvolvemento da personalidade dos alumnos e alunmas.
  • A formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais da persoa.
  • A adquisición de hábitos intelectuais e de técnicas de traballo.
  • O desenvolvemento de actitudes que favorezan a participación na vida social e cultural.
  • A capacitación para o exercicio de actividades profesionais.
  • A formación no respecto á pluralidade lingüística, cultural e relixiosa da nosa sociedade.
  • A disposición para comprometerse persoal e solidariamente na construción dunha sociedade máis humana e máis xusta.
Distribuir contido