Queridas familias:
Queremos informarvos que, dende o 22 de febreiro, está en funcionamento a nova web do colexio.
A dirección desta nova páxina é www.colexioasuncionsarria.es.
Agardamos que vos guste!
Este ano a comparsa organizada pola ANPA do noso colexio bailou os sons do grupo ABBA.
Pais, nais, alumnos e profes, desfilaron ao son das cancións deste grupo sen perder o compás nin por un momento.
Queremos dar as grazas a todos os participantes e a todos aqueles que traballaron tanto e fixeron posible, que un ano mais, a Asunción tamén estivese presente no Entroido na rúa.
Lembrámosvos que mañá remata o prazo para inscribirse nos exames externos de Trinity e Cambridge.
E para mañá...
Lembrade que os mandados dos Mecos son acumulativos, polo tanto cada día traeremos o que corresponda e o dos días anteriores!!!
Xa comeza o entroido e os nosos amigos os Mecos agárdannos en portería para dicirnos o que temos que levar cada día.
E non vos esquezades da nosa festa de Entroido que se celebrará o venres 24 de febreiro a partir das 12:00 h. Podedes vir disfrazados como queirades.
Agardámosvos!!!
Estades todos convidados a ver a exposición de maquetas de monumentos de Sarria e autobuses, que temos no noso cole durante os tres próximos días. A continuación tendes o lugar e os horarios.
Achegádevos!!!
Todas aquelas familias que por calquera motivo non puideron asistir as reunións informativas e precisen información, ou ben aquelas que teñan algunha dúbida ao respecto do tema tratado, poden achegarse ao centro nesta semana no seguinte horario:
Mércores, 1 de febreiro: De 18:00 a 19:30 h
Xoves, 2 de febreiro: De 16:00 a 19:30 h
Venres, 3 de febreiro: De 16:00 a 18:00 h
Lembrade que os horarios da reunión informativa do vindeiro martes, 31 de xaneiro, son os seguintes:
- Infantil: 16:30 h
- De 1º a 3º EP: 17:30 h
- De 4º a 6º EP: 18:30 h
- De 1º a 3º ESO: 19:30 h
É importante a vosa presenza.
Hoxe os alumnos de 2º de EP despedíronse da súa mestra Rocío. Premendo na seguinte imaxe poderedes ver que sorpresa lle tiñan preparada.
O pasado mércores 21 de decembro, os alumnos de EP e a ESO fixeron unhas visitas moi especiais con motivo do Nadal.
Os alumnos de 1º e 2º de EP visitaron o Centro de día "Os Maios", os de 3º, 4º, 5º e 6º de EP foron ao Imserso, e os da ESO a Residencia de Maiores.
Foron unhas visitas moi emotivas onde os residentes de todas elas poideron compartir panxoliñas cos nosos alumnos, que estiveron encantados con esta iniciativa.
Tanto uns coma outros desfrutaron da visita e das palabras agarimosas de traballadores dos distintos centros e dalgúns dos residentes, que ademáis tamén lles adicaron algunha panxoliña e outras cancións.
Grazas por acollernos tan ben!!!
Onte dende o Concello comunicáronnos que o venres día 23 de decembro ás 17:30 h, na Casa da Cultura, haberá unha reunión para todos aqueles nenos e pais que queran participar no desfile das Carrozas dos Reis Magos.
O desfile terá lugar o día 5 de xaneiro ás 6 da tarde.
Lembrade que a vindeira semana teremos clase os seguintes días: mércores, 7 de decembro e o venres, 9 de decembro.
Realizadas as votacións ao Consello Escolar, escrutados os votos e reunida a Xunta Electoral, comunícase que os resultados das Eleccións son os seguintes:
Representantes de pais
Ana Mª Díaz Rivera
Mª Carmen Macías Carballeda (Presentada pola ANPA)
Representantes de profesores
Clara López Valiña
Mª Dolores Pradeda Aldariz
Representantes de alumnos
Jorge Loureiro Vázquez
Representantes do PAS
María José Cadahía Ruíz
Faise pública a:
RELACION DE CANDIDATURAS ADMITIDAS
Representantes de pais
Ana Mª Díaz Rivera
Mª Carmen Macías Carballeda
Representantes de profesores
Clara López Valiña
Mª Dolores Pradeda Aldariz
Representantes de alumnos
Marco Fernández López
Esteban Rodríguez García
Jorge Loureiro Vázquez
Paula López Pombo
Eva López Santiago
Miguel Soto Abella
Marcos López González
Aaron Coego Aira
Mario González-Zaera López
Borja López Chousa
Martín García Valcárcel
Representantes del PAS
María José Cadahía Ruíz
Lembrade que o día 24 de novembro celebraránse ás eleccións.