Comedor

Comedor

Este servizo está a disposición de todos os alumnos que o necesiten, ben como usuarios fixos ou en días soltos, previo aviso na Secretaría do centro. Inclúe servizo de garda con monitores durante o mesmo.

Premendo na imaxe podedes consultar o menú deste mes. 

Aviso comedor

 
Coa finalidade de que a maior parte dos usuarios do comedor podan desfrutar da "Comida Especial de Nadal" que se vai realizar no mesmo, a data para a que estaba prevista sofre a seguinte modificación, en lugar de celebrarse o mércores día 21, realizarase o luns día 19 de decembro.
 
Agardamos que todos a desfrutedes moito!!! 

Aviso comedor

Dende a empresa de comedor infórmannos de que, o menú previsto para hoxe día 07 de novembro tivo que ser sustituído polo de mañá día 8 de novembro, e mañá o menú será o correspondente ao día de hoxe. 
Desculpade as molestias!  

Día de cine no comedor

Hoxe os alumnos de comedor tuveron unha comida moi especial.

Sentíronse como verdadeiros actores da súa propia película!!!

As monitoras fixeron que o comedor parecese tal cual un plató de cine onde non faltaron nin a alfombra vermella nin as paredes decoradas coas fotos dos nosos particulares actores como estrelas do mesmo Hollywood, ni tan siquera a mesmísima estatuilla dos Oscar.

Ademais tamén había unha mesa "Champion", onde tuveron a sorte de desfrutar dunha decoración un pouquiño máis especial, aqueles alumnos dos diferentes "equipos" do comedor que foron gañando recoñecementos grazas ao seu comportamento e bon facer ao longo do curso.

Para rematar esta comida tan orixinal que mellor que facelo cunha película!!!. Os protagonistas da mesma foron os propios alumnos do comedor, e foi unha montaxe ben divertida que fixo a nosa monitora Merche coas fotos que lles foron sacando ao longo do curso.  

Damos as grazas as monitoras do comedor por este día tan especial, no que fixeron que os nosos "pequenos actores" se sentiran protagonistas neste día de película.

Grazas!!! 

 

Premendo na última das fotos poderedes acceder a galería onde podedes ver as fotos un pouquiño máis grandes. 

Festa de Nadal no comedor

Onte, luns 14 de decembro, os alumnos de comedor recibimos unha agradable sorpresa!. 

Os nosos monitores e persoal do comedor tíñannos preparada unha festa moi divertida para celebrar o Nadal. Ademais veu visitarnos un personaxe moi especial, Papa Noel, quen nos trouxo agasallos para todos!!!

Pasámolo xenial!!!

Se queredes ver fotos da nosa festa visitade a nosa galería, podedelo facer premendo na seguinte imaxe.

 

 

 

Día de picnic

Os peques do comedor desfrutaron dun día de picnic coas súas monitoras.

Mirade que ben o pasaron!!!

 

 

Distribuir contido