Sabemos que algúns de vos non tedes o listado de establecementos que fan desconto aos socios/as, e por iso vos deixamos aquí un LISTADO actualizado en marzo de 2013 para descargar, gardar ou imprimir se vos fai falta. Cando se vaian engadindo novos establecementos irémolo actualizando.
A inmobiliaria Moreno tamén quere colaborar coa Asociación de Nais e Pais do colexio, e para iso ofrece un desconto en Generali seguros do 15 % (para todo tipo de seguros), e se ademais levan a administración da comunidade do edificio, un 5 % máis.
Aluma peluqueros acaba de unirse ó listado de establecementos que ofrecen descontos ós socios da ANPA. As condicións son as seguintes:
De luns a xoves, en horario ininterrumpido, corte de pelo para nenos/as ata 15 anos= 5 €
De luns a xoves, en horario ininterrumpido, peitear nenas ata 15 anos= 5 €
A partir dos 15 anos= 20% de desconto sobre tarifa.
Para familiares e directiva= 10 € todos os días da semana en todos os servicios, tanto de perruquería como de estética.
A zapatería Eva Alfaro sumouse recentemente á lista de establecementos que ofrecen descontos aos socios da ANPA. Ofrece un 10% de desconto. Lembrade que no menú "ANPA" tedes o listado completo á vosa disposición.
Aquí tedes unha web moi divertida e útil con técnicas de estudo, consellos e trucos para sacar o máximo partido do voso tempo de estudo.
NESTA PÁXINA OS NENOS E NENAS, MENTRAS XOGAN, APRENDEN A EVITAR AS AMENAZAS E PELIGROS DE INTERNET.
XA ESTÁ FUNCIONANDO A NOVA PÁXINA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA. VISITÁDEA FACENDO CLIC AQUÍ

Aquí vos deixamos un enlace para que poidades descargar o tríptico editado polo Valedor do Pobo con recomendacións aos nenos/as para unha navegación segura pola rede.
Presidenta: Patricia Herrero López
Vicepresidenta: Sonia Bergantiños López
Secretaria: Mª del Carmen Macías Carballeda
Tesoureira: Silvia Rey Ortiz
Vogais:
Sonia Cernuda Albín
Gema Lebón López
Maica Cabo Corredoira
Susana López López
Vicente Javier Miguel García