Escolares

Escola de prensa

Hoxe os alumnos de 6º de E.P recibiron a visita de Ana, redactora do xornal El Progreso, para participar nunha acción formativa dentro do programa "Escola de prensa".

 

 

Charla sobre RCP

Hoxe, no noso centro, e grazas a colaboración de SEMES (Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias), o Colexio Oficial de Médicos de Lugo e o Instituto de Enseñanza Secundaria Xograr Afonso Gómez, que nos emprestaron dous maniquís, o doutor Ramón Muñóz López, impartiu unha charla sobre RCP (reanimación cardiopulmonar).

Durante toda a charla o doutor resaltou a importancia da atención temperá, xa que os primeiros minutos ante un caso de parada cardiorespiratoria son de vital importancia. Tamén informou os alumnos nos pasos a seguir ante un suceso deste tipo, como afrontalo e recalcou moitísimo a importancia de pedir axuda aos servizos especializados, tanto o 112, coma o 061.

A charla foi seguida con moitísima atención por todos os grupos de alumnos que asistiron a ela e realizaron as prácticas cos maniquís con grande interese.

Moitísimas gracias a Ramón Muñóz polo seu tempo e as súas explicacións tan claras didácticas, así coma a todas as entidades colaboradoras!!! 

 

 

Día do Bocata Solidario


Hoxe celebramos no colexio o "Día do Bocata Solidario", mirade como desfrutamos compartindo o momento da comida cos nosos compañeiros.

 

-

 

Visita de 3º-4º de ESO a Belesar-Monforte de Lemos

Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitaron a central hidroeléctrica de Belesar. O persoal desta central explicou o funcionamento das instalacións e o proceso de producción de electricidade. Os alumnos visitaron posteriormente unha fábrica de maquinaria en Monforte de Lemos. Esta industria diseña e produce máquinas de precisión para diversas ramas industriais.

 

 

Día da Paz


Onte, luns 30 de xaneiro, celebramos no noso centro o "Día da Paz".


Baixo o lema "Miradas de Paz", todos os alumnos do centro, acompañados dos seus profesores, relixiosas, PAS e algunhas familias, reuníronse para conmemorar este día. Para isto xuntámonos no noso pavillón ataviados cunhas coloridas gafas que resaltaban as pretendidas "Miradas de Paz"


Os alumnos de 4º da ESO prepararon un manifesto en favor da Paz, e despois todos xuntos cantamos a canción "¿Por qué no ser amigos?".


Foi unha celebración moi emotiva onde todos o pasamos moi ben, como podedes ver no seguinte vídeo:


 

Dia da Paz

O luns, día 30 de xaneiro, entre as 11:30 h e as 12:00 h, celebraremos no noso colexio o "Día da Paz", baixo o lema "Miradas de Paz".

As familias ás que vos sexa posible, animádevos a acompañarnos, estades todos convidados!!!

Lembrade que todos os alumnos deberán de traer ese día a equipación deportiva do colexio.

 

Día da Paz

30/01/2017 - 09:00
30/01/2017 - 14:15
Etc/GMT+1

Hoxe celebramos no noso centro o "Día da Paz".

Visita de 3º e 4º de ESO a Belesar-Monforte de Lemos

02/02/2017 - 00:45
02/02/2017 - 17:45
Etc/GMT+1

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados dos seus titores, visitaran as instalacións da central hidroeléctrica de Belesar. Posteriormente, despois de tempo de lecer en Monforte, coñeceran as instalacións dunha industria dedicada a fabricación de maquinaria nesta misma localidade.

Charla dun militar

Os alumnos de 4º da ESO recibiron o pasado mércores unha charla do Brigada do Exército do Aire, Carlos Rodríguez Cabada.

Se queredes ver como se desenvolveu a mesma visitade o blogue da ESO.

Teatro ESO

19/01/2017 - 10:30
19/01/2017 - 13:45
Etc/GMT+1




O vindeiro xoves,19 de xaneiro, os alumnos  da ESO acudirán a Lugo para asistir a representación
teatral “Historia de una escalera” de Antonio Buero Vallejo, incluída na
programación didáctica do curso.

 Hora de saída: 10:30

Hora de chegada: 13:45 aprox.

Os nosos alumnos fixeron unhas visitas moi especiais

O pasado mércores 21 de decembro, os alumnos de EP e a ESO fixeron unhas visitas moi especiais con motivo do Nadal.

Os alumnos de 1º e 2º de EP visitaron o Centro de día "Os Maios", os de 3º, 4º, 5º e 6º de EP foron ao Imserso, e os da ESO a Residencia de Maiores. 

Foron unhas visitas moi emotivas onde os residentes de todas elas poideron compartir panxoliñas cos nosos alumnos, que estiveron encantados con esta iniciativa.

Tanto uns coma outros desfrutaron da visita e das palabras agarimosas de traballadores dos distintos centros e dalgúns dos residentes, que ademáis tamén lles adicaron algunha panxoliña e outras cancións.

Grazas por acollernos tan ben!!! 

 

 

Charla Acoso Escolar

O mércores, 7 de decembro, acodiu ao noso centro un membro da Garda Civil de Lugo para impartir unha charla aos alumnos de 5º e 6º de EP e de toda a ESO sobre "Acoso escolar".

Esta charla está englobada dentro do "Plan para a mellora da convivencia escolar".

O Goberno, co acordo dos sindicatos de ensinanza, Organizacións de Centros Educativos e AMPAs, aprobou en marzo de 2006 dito plan, coa finalidade de fomentar hábitos e conductas que promovan a convivencia nos centros educativos e noutros espazos onde se desenvolve a vida dos estudantes.

 

Festival Nadal

O festival do Colexio celebrarémolo o martes 20 de decembro, de 15:30 a 17:00 h.
 
Xa veredes que ben o pasamos, agardámosvos!!! 

ADVENTO

  

A Asunción en negro Contra a Violencia de Xénero

O Colexio da Asunción, neste 25 de novembro, súmase a iniciativa promovida polo CIM (Centro de Información á Muller) e o Concello de Sarria contra a Violencia de Xénero.

Aproveitando ás horas de titoria, os alumnos do noso centro, realizaron diversos carteis onde se podían ver diferentes frases de rexeitamento á violencia de xénero. É unha grande pancarta onde se sumaron a campaña "Sarria en negro".

Podedes ver algúns dos carteis no seguinte vídeo. 

 

Día do peón

Viaxe a León de 3º e 4º de ESO

10/11/2016 - 08:45
10/11/2016 - 21:00
Etc/GMT+1




O vindeiro
xoves, 10 de novembro, os alumnos  de 3º
e 4º de ESO acudirán a León para visitar a basílica de San Isidoro de León, a
catedral e o Museo de Arte Contemporáneo. As visitas serán guiadas e forman
parte das saídas didácticas programadas para este curso.

Magosto

28/10/2016 - 11:00
28/10/2016 - 15:00
Etc/GMT+1

Hoxe, os alumnos e profesores de EP e ESO, celebraremos o Magosto no parque do Chanto, se o tempo o permite.

Magosto

O venres 28 de outubro os alumnos de EP e ESO, celebraremos o Magosto no parque do Chanto.

Sairemos do centro arredor das 11:00 h e regresaremos ás 15:15 h aproximadamente.

Os alumnos deberán levar o chándal do colexio e tamén a comida, salvo os de comedor, aos que se lles proporcionará un picnic.

 

 

Saída cultural 1º e 2º ESO a Sotavento e Ferrol

O pasado venres, día 14 de outubro, os alumnos de 1º e 2º da ESO, acompañados das súas titoras e a profesora de Física e Química, realizaron a saída cultural do primeiro trimestre.

Pola mañá visitaron o parque eólico de Sotavento, onde recibiron unha charla e diferentes demostracións dos usos das enerxías renovables, unha visita guiada por unha casa bioclimática, onde lles ensinaron diferentes técnicas para un mellor aproveitamento dos recursos naturais, e ademais puideron acceder ao interior dun dos aeroxeradores.

Xa pola tarde, despois dun pequeno tempo de lecer, diriximonos á Ferrol, onde visitamos o Arsenal e a Fragata Méndez Nuñez, esta visita foi moi ben acollida xa que nos deixaron percorrer toda a fragata, dende a ponte de mando, ata o lugar de despegue do helicóptero, pasando pola zona de lanzamento de misiles.

En xeral toda a saída resultou moi ben xa que foi moi novidosa e instructiva.

Premendo nas imaxes que aquí vos deixamos podedes ver algunha imaxe máis na nosa galería.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido