Escolares

Entrega boletíns de notas ESO

23/06/2015 - 12:00
23/06/2015 - 14:00
Etc/GMT+1

Hoxe entregaránse os boletíns de notas aos alumnos da ESO, en horario de 12 a 14 h.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                           

Entrega boletíns de notas EI e EP

19/06/2015 - 12:00
19/06/2015 - 14:00
Etc/GMT+1

Hoxe entregaránse os boletíns de notas aos alumnos de EI e EP.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                

Concurso "O Noso Lar".

David González, de 6º de E.P, obtivo o segundo premio no concurso literario "O Noso Lar".

Parabéns David!

 

 

 

CONCURSO RECOPILA

 

DÍA DA BICICLETA

O venres 22 de maio celebraremos o día da bicicleta facendo unha ruta dende o colexio ata o Chanto, onde xantaremos e pasaremos un bo rato todos xuntos. Non olvidedes poñer as vosas bicis a punto, revisade os freos, o aire das rodas e traede casco.

 

 

DÍA DA BICICLETA

22/05/2015 - 11:45
22/05/2015 - 16:44
Etc/GMT+1

Celebramos  día da bicicleta cunha ruta ata o Chanto para xantar e pasar o día xuntos.

Convivencia 3º e 4º ESO

Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron hoxe, mércores, unha convivencia en Lóuzara. Se queredes ver algunha foto do desenvolvemento da xornada visitade o noso blogue.

 

 

O DOCE MUNDO DO MEL EN GALICIA

Onte pola mañá recibimos no colexio a visita de Beatriz Ríos, que impartiu aos alumnos de 3º e 4º de Ed. Primaria unha actividade titulada "O doce mundo do mel en Galicia".

Dita actividade consistiu no visionado de imaxes, a explicación da producción do mel, a exposición dos materiais necesarios e ata un alumno probou un traxe de apicultor.

Finalmente os alumnos/as foron agasallados cun tarriño de mel, o cal puideron degustar no momento.

 

CHARLA CUN XORNALISTA

Ademáis de aproveitar a prensa como unha ferramenta didáctica e traballar con ela na aula, O programa prensa escola no que estamos a participar ofreceunos a oportunidade de aproximarnos ao día a día da actividade xornalística mediante unha charla cun profesional da comunicación como é Xosé Ramón Penoucos, que cubre a información de Sarria na Voz de Galicia. Os alumnos de 5º e 6º recibiron onte a súa visita no colexio e asistiron con moito interese á charla na que fixo un percorrido pola historia do xornal. Na ronda de preguntas, os alumnos tiveron resposta a todas as súas curiosidades e sobre esta profesión, que foron moitas e moi interesantes. Moitas grazas, Xosé Ramón.

 

La Voz de Galicia, viernes 27 de marzo de 2015

 

TEATRO "OS NARIGUDOS" E OBRADOIROS "ABANCA"

Os nenos de 1º e 2º EP foron onte ao teatro "Gustavo Freire" en Lugo. Da man dos monicreques de Tanxarina Títeres coñeceron a historia dos Narigudos. Unha obra musical para achegar aos máis pequenos a maxia do teatro.

Un dos momentos cos que más gozaron, foi ao remate do teatro, cando se decataron da presenza dos medios informativos da RTVG, que ía a entrevistalos. Como mostra do ben que o pasaron, ademais do moito que aprenderon, aquí vos deixamos o enlace dos Informativos da Televisión de Galiza para aqueles que non o poidestes ver en directo

 

De seguido, asistiron a "ABANCA" a coñecer as instalacións e realizar un obradoiro.

Para rematar a xornada, xantamos todos xuntos nun parque, para de seguido compartir unha tarde de xogos.

 

TORTA DA ASUNCIÓN

Hoxe, grazas ao traballo da nosa querida Beni, todos os alumnos puideron saborear a deliciosa torta da Asunción que só se fai unha vez ao ano, coincidindo  co día da fundadora. Como podedes ver, encantoulles. Moitas grazas, Beni!!!

SANTA MARIA EUGENIA

10/03/2015 - 22:00
Etc/GMT+1

O 10 de Marzo é o Dia da nosa Fundadora: Santa Mª Eugenia de Jesús.

DIA DA MULLER TRABALLADORA

08/03/2015 - 21:57
Etc/GMT+1

O DÍA 8 DE MARZO é o DIA DA MULLER TRABALLADORA. NORABOA A TODAS AS MULLERES!

Taller de Seguridade Informática para 3º de ESO

Hoxe os alumnos de 3º de ESO asistiron na Casa da Cultura de Sarria a un "Taller de  Seguridade Informática para Nenos e Pais". O taller foi impartido por un experto en sistemas informáticos e centrouse en como evitar perigos no emprego de utilidades informáticas conectadas a Internet. 

A charla foi de especial interés para os alumnos como usuarios frecuentes da rede. 

 

ENTREGA DE PREMIOS "POESÍA DE NADAL"

Como todos os anos, os alumnos do colexio participaron no concurso da biblioteca Municipal "Poesía de Nadal". Hoxe, a responsable da biblioteca e o concelleiro de cultura achegáronse ata o noso centro para facer entrega de agasallos aos premiados:

Sandra Freire-2º EP, Yeray Rebolo-3º EP, Claudia Rodríguez-3º EP, Lucía Vilela-4º EP, David González-6º EP, María Pombo-6º EP, Paula No-1º ESO, Diego Pandiscia-1º ESO e Belén Garañana-2º ESO

 

 

Noraboa a todos!!!!

 

POR FIN NEVOU!

             Tantos anos esperando e por fin chegou a neve ao noso colexio. Que ben o pasaron os rapaces xogando a facer monecos de neve e á típica batalla de bolas de neve.

  

MANOS UNIDAS

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Hoxe celebramos no colexio o día escolar da non violencia e a paz. Baixo o lema "construindo a paz" entre todos os alumnos fabricaron e despois montaron as pezas dun puzle que formaba o símbolo da paz. Aproveitamos para a decoración das pezas material de refugallo e contamos coa actuación especial do grupo "R.A.S." formado por alumnos do colexio, que interpretaron a canción "Hallelujah" de Leonard Cohen. Noraboa, encantounos a vosa actuación, sodes uns músicos estupendos.

CELEBRACIÓN DAS CANDEAS

 

Queridos amigos:

Comunicámosvos, que con motivo do “Día das Candeas”,o vindeiro luns 2 de febreiro ás 10: 15 h, teremos cos nenos  de Educación Infantil, unha oración  na Parroquia do Rosario, na que vos convidamos a presentalos ao Señor, como o fixeron María e Xosé co Neno Xesús no Templo de Xerusalén.

Podedes levar directamente aos vosos fillos á Igrexa. Cada neno/a pode traer unha flor, como símbolo de vida. Neste encontro, as familias acompañarán aos seus fillos na entrega do símbolo, no altar. Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos. 

Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.

 

Un
saúdo. 

 

AS
TITORAS

Entrega de premios do CIM

Nerea Urdí e Xesús Cela de 3º de ESO, acompañados da delegada da clase, do subdelegado e do titor, acudiron ao salón de actos do Concello de Sarria para recoller o 2º premio do I Certame de Lemas Ilustrados contra a Violencia de Xénero. O 2º premio está dotado con un vale por valor de 60 euros en material escolar para cada alumno. No acto estivo presente o alcalde, que fixo énfase na importancia da educación para evitar conductas violentas hacia a muller. 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
Distribuir contido