Hoxe os nen@s de Educación Infantil iremos a Barreiros.
A saída será a partir das 9:30 h e a volta ás 16 h.
CANDEAS
Queridos amigos:
Comunicámosvos, que con motivo do "Día das Candeas", o vindeiro martes 2 de febreriro, ás 10:00h., teremos con vós e os vosos fillos unha oración na Parroquia do Rosario, na que vos convidamos a presentalos ao Señor, como fixeron María e Xosé co Neno Xesús no Templo de Xerusalén.
Podedes levar directamente aos vosos fillos á Igrexa.
Cada neno/a pode traer unha flor, como símbolo de vida.
Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos.
Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.
Un saúdo.
O vindeiro martes, 2 de febreiro, os alumnos de EI celebrarán na Igrexa do Rosario, xunto coas súas familias, a festa das Candeas.
Queridos amigos:
Comunicámosvos, que con motivo do “Día das Candeas”,o vindeiro luns 2 de febreiro ás 10: 15 h, teremos cos nenos de Educación Infantil, unha oración na Parroquia do Rosario, na que vos convidamos a presentalos ao Señor, como o fixeron María e Xosé co Neno Xesús no Templo de Xerusalén.
Podedes levar directamente aos vosos fillos á Igrexa. Cada neno/a pode traer unha flor, como símbolo de vida. Neste encontro, as familias acompañarán aos seus fillos na entrega do símbolo, no altar. Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos.
Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.
Un
saúdo.
AS
TITORAS
Hoxe os alumnos de Educación Infantil visitarán a Granxa Escola de Barreiros.
Desfrutade do día!
O vernes, 25 de outubro, os alumnos/as de Educación Infantil imos á Granxa- Escola de Barreiros.
O Venres 25 de Outubro os nenos/as de EI imos a Granxa-Escola de Barreiros
CHEGOU O DÍA!
E os nenos de Educación Infantil fomos de excursión.
QUE BEN O PASAMOS!
¡Chegou a primavera! e os nenos de 3 anos fixemos bolboretas para xogar e adornar a nosa clase.
O xoves 25 de abril, fomos preparar a horta. Primeiro, quitamos as pedras, malas herbas, recollimos terra... Os nenos de tres anos plantamos amorodos. Logo, os de catro e cinco anos, sachamos a terra, fixemos os surcos, e entre todos plantamos leitugas.
Aquí tedes unha historia para perderlle o medo aos lobos feroces.
Que diver! Os nenos/as de EI de 3 anos fixeron un obradoiro de follas das nosas árbores.
Aquí tedes as fotos do obradoiro de reciclaxe de papel. Con el aprendemos algunha cousa máis sobre o coidado da natureza.
Como todos os anos, o vindeiro venres, 1 de febreiro, imos celebrar a "BENDICION DOS NENOS/AS" na Parroquia do Rosario ás 10 da mañá. Podedes ir cos vosos fillos directamente á Igrexa. Cada neno/a poderá traer unha flor, como símbolo de vida. Neste encontro, as familias acompañarán aos seus fillos na entrega do símbolo, no altar. Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos. Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.
Se queredes ter máis información acerca das Candeas, premede na imaxe
Aquí tedes fotos do día das Candeas
Estamos a facer papel, xa veredes as fotos.
O pasado venres 28 de setembro, os alumnos/as de 5 anos do colexio da Asunción participaron nun curso sobre educación vial organizado pola Fundación Mapfre. Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron.
O venres 28 de setembro, os alumnos/as de 5 anos do colexio da Asunción participarán nun obradoiro de educación vial organizado polo Concello de Sarria a través da Fundación Mapfre. Se premedes na imaxe, atoparedes máis información e xogos para os máis pequenos.