1º e 2º da ESO

Saída cultural 1º e 2º ESO a Sotavento e Ferrol

O pasado venres, día 14 de outubro, os alumnos de 1º e 2º da ESO, acompañados das súas titoras e a profesora de Física e Química, realizaron a saída cultural do primeiro trimestre.

Pola mañá visitaron o parque eólico de Sotavento, onde recibiron unha charla e diferentes demostracións dos usos das enerxías renovables, unha visita guiada por unha casa bioclimática, onde lles ensinaron diferentes técnicas para un mellor aproveitamento dos recursos naturais, e ademais puideron acceder ao interior dun dos aeroxeradores.

Xa pola tarde, despois dun pequeno tempo de lecer, diriximonos á Ferrol, onde visitamos o Arsenal e a Fragata Méndez Nuñez, esta visita foi moi ben acollida xa que nos deixaron percorrer toda a fragata, dende a ponte de mando, ata o lugar de despegue do helicóptero, pasando pola zona de lanzamento de misiles.

En xeral toda a saída resultou moi ben xa que foi moi novidosa e instructiva.

Premendo nas imaxes que aquí vos deixamos podedes ver algunha imaxe máis na nosa galería.

 

 

 

 

 

 

Saída cultural 1º e 2º ESO a Sotavento

14/10/2016 - 08:30
14/10/2016 - 20:00
Etc/GMT+1

Os alumnos de 1º e 2º da ESO realizarán hoxe a saída cultural do primeiro trimestre. A visita será pola mañá, ao parque eólico de Sotavento e pola tarde a Ferrol.

Saída cultural 1º e 2º da ESO a Santa Tegra e Tui

Os alumnos de 1º e 2º da ESO realizaron o pasado xoves día 7 de abril, a saída cultural que tiñan pendente do 2º trimestre.

Moi cedo pola mañá, desprazáronse ata o "Castro de Santa Tegra", na Guarda, onde, grazas as explicacións do seu profesor de Historia, puideron coñecer un pouco máis da vida castrexa e dende o alto do Monte de Santa Tegra viron a desembocadura do Miño, co que aproveitaron para falar un pouco de ríos, rías, e estuarios.

Xa pola tarde, logo de comer, acodimos a ver a Catedral de Tui, onde estuveron facendo un traballo de recoñecemento de distintos estilos arquitectónicos nesta Catedral.

E para rematar a xornada deron un pequeno paseo polas rúas da cidade antes de voltar para Sarria.

Podedes ver máis fotos desta visita premendo na imaxe que vos deixamos a continuación.

 

Saída cultural 1º e 2º da ESO a Santa Tegra e Tui

07/04/2016 - 00:30
07/04/2016 - 20:00
Etc/GMT+1

Hoxe faremos a saída cultural que estaba programada para o segundo trimestre pero que non se puidera levar a cabo.

Saída cultural 1º trimestre 1º e 2º ESO

19/11/2015 - 08:45
19/11/2015 - 19:30
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos de 1º e 2º ESO realizarán a saída cultural do 1º trimestre á Galiciencia.

Esperamos que aproveiten moitísimo esta visita. 

 

Saída cultural 1º e 2º da ESO


O pasado día 3 de decembro, os alumnos de 1º e 2º da ESO, realizaron a saída cultural do primeiro trimestre.


A primeira parada, e destino principal, da saída, foron as Fragas do Eume. Ao chegar ao centro de interpretación das mesmas, puxéronlles un vídeo sobre a fauna das Fragas. A continuación, acompañados dun garda das Fragas, fixeron unha pequena rota camiñando a través delas. Perante o camiño foilles explicando diversos aspectos sobre o coidado e recuperación da fauna e flora da contorna. O parque é un bo exemplo de bosque de ribeira, e distínguese polos seus ecosistemas de elevada diversidade, particularmente en canto á flora. 



Despois trasladámonos a comer a Coruña, onde desfrutaron dun tempo de lecer.


Xa pola tarde, desprazámonos a Betanzos, onde poidemos pasear polo parque do Pasatempo. Este parque foi obra dun indiano, D. Xoan Naveira, que quixo plasmar nel moitas das visións das súas viaxes ao longo do planeta para amosárllelos a todos aqueles que o desexaran. Poderíase falar do primeiro parque temático e enciclopédico da península, que mesmo chegou a saír nas guías de viaxes de Europa e converteuse en paso obrigado para todos os peregrinos do camiño inglés.

Foi un día proveitoso, onde tanto alumnos como titoras desfrutaron de ámbalas dúas visitas.

 

 

 

 

Saída cultural 1º e 2º da ESO

03/12/2014 - 08:46
03/12/2014 - 19:46
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos de 1º e 2º da ESO visitaran ás Fragas do Eume e Betanzos.

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO

OS ALUMNOS DE 1º E 2º DE ESO VIAXAN A SANTIAGO
Os alumnos de 1º e 2º de ESO, acompañados dos seus profesores realizaron unha viaxe cultural a Santiago.
Alí coñeceron as instalacións da TVG, os seus platós e mantiveron un encontro moi agradable con José Ramón Gayoso, que estivo moi atento con todo o grupo.
        A continuación, visitaron o Parlamento de Galicia, as súas salas, a biblioteca, participaron en actividades propostas polo coordinador da visita, foron recibidos polo parlamentario Ángel Camino, que departiu amablemente con todos os alumnos, e por último, dirixíronse ao  salón de sesións.
Despois de xantar, houbo tempo para recibir unha lección de arte, arredor da catedral e para  actividades lingüísticas. Os alumnos, en grupos de tres ou catro, tiñan que facer unha entrevista a peregrinos ingleses e franceses e retratarse con eles. 
Resultou unha saída moi enriquecedora! 

Belén Garañana, 2º premio no III Concurso literario "FUNDACIÓN O NOSO LAR"

 

BELÉN GARAÑANA, PREMIADA NO CONCURSO LITERARIO "O NOSO LAR"

                A alumna de 1º de ESO, Belén Garañana acaba de recibir un segundo premio no concurso literario infantil-xuvenil da "Fundación O NOSO LAR" de San Román de Lousada.

      O tema do concurso xiraba arredor do mundo rural e a alumna recibiu o premio polo seu traballo titulado "Recordos daquel tempo" no que narra unha historia de emigración a Cuba.

Felicitamos a Belén polo seu premio e pola calidade do seu traballo, ao tempo que a animamos a seguir participando neste tipo de actividades.    

Convivencia 1º e 2º ESO

Os alumnos de 1º e 2º da ESO tiveron un día de convivencia xunto a tres dos seus profesores no Priorato de Lóuzara.

Desfrutaron moito da xornada e aprenderon cousas novas tanto deles mesmos como do resto dos compañeiros.

Podedes ver como o pasaron premendo aquí.

 

 

 

 

Catro alumnos de 2º de ESO participan nos concursos de "Relato de Coca-cola"

Alumnos de 2º de ESO participan nos concursos  provinciais de Relato de Coca-cola
As alumnas  Clara López e Laura López, de 2º de ESO participaron no "Concurso de relato curto" en lingua galega, na fase provincial.
No "Concurso de Relato corto" en lingua castelá representaron ao noso centro, Sofía Valiña e Nicolás López.
Desexámoslles moita sorte aos catro alumnos! 

Alumnos de 1º e 2º de ESO, participan no programa CINENSINO

1º E 2º de ESO, participan en CINENSINO
    O día 3 de abril, os alumnos de
1º e 2º de ESO visionaron unha película dentro das actividades de titoría e do
programa de Prevención de drogodependencias “CINENSINO”.

    A sesión deste trimestre foi a película “A
estrana vida de Timothy
  Green”, unha
historia máxica e inspiradora, coa que os alumnos descobren que ás veces o
inesperado pode brindar algún dos mellores agasallos da vida.

 Resultou unha actividade entretida e moi interesante para os alumnos.

Belén Garañana, 2º premio no "Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo"

Belén Garañana, 2º premio no "Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo"

 

A alumna de 1º de ESO, Belén Garañana recibiu o 2º premio do "Certame de contos e relatos curtos  Trapero Pardo", na categoría de 12 a 14 anos,  polo seu relato " O recuncho dos contos perdidos".

Os premios foron entregados na casa consistorial de Lugo e o acto estivo presidido polo alcalde, José López Orozco, a concelleira de Educación, Esther Muñoz e o profesor e membro do xurado, José Manuel Castedo.

 

Parabéns Belén!

 

 

Visita a Ferrol 1º e 2º ESO

O día vinteoito de novembro, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron unha viaxe cultural a Ferrol.

A primeira parada que fixemos foi na regasificadora Reganosa, onde en primeiro lugar tiveron unha charla onde lles explicaron o traballo desta planta que almacena e transforma gas natural licuado (GNL)

A continuación fixemos unha visita polos exteriores da planta onde nos foron explicando os diferentes usos dos elementos que a compoñen e os procesos que se seguen neles.

 

 

 

 

 

 

Despois desta visita desprazámonos ao Museo Naval de Ferrol onde tivemos dous guías que nos explicaron o contido das diferentes salas.

 

E por último, logo do xantar trasladámonos ao centro de Ferrol onde desfrutamos dun paseo polo seu casco histórico. 

Entrega de premios "Día Internacional da Muller"

O día 17 de abril de 2013, entregáronse no noso centro os premios do " V Certame de fotografía dixital e curtametraxes, Día Internacional da Muller".

O primeiro premio foi para a alumna, Antía Sánchez Magdalena, de 2º curso da ESO do Colexio da Asunción e o seu traballo consistiu na realización dunha curtametraxe sobre o tema. 

 

 

 

Ademáis, o alumno Javier Pérez Veiga recibiu un "accesit" por unha fotografía, coa mesma temática.


Noraboa!!!

 

Os alumnos de 1º e 2º de ESO foron de excursión á Coruña.

Os alumnos de 1º e 2º de ESO e os seus profesores realizaron unha viaxe cultural á Coruña para coñecer as instalacións de Begano Coca-Cola, o Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía e o Castelo de San Antón.

Acadáronse os obxectivos e contribuíuse a fomentar o interese pola industria, a ciencia e a tecnoloxía e a arqueoloxía e historia de Galicia.

Saliéntase  o bo comportamento dos alumnos ao longo da xornada.

1º e 2º de ESO marcha a Sotavento

Os alumnos de 1º e 2º da ESO farán unha visita cultural a Sotavento o día 30 de outubro. 

Entre os obxectivos da mesma salientamos:

Educación para la Ciudadanía

unidade V:



Nesta unidade imos facer unha actividade de na aula de informática para que cada alumno, individualmente, complete a ficha que se presenta clicando na libreta

Xornal

14/11/2011 - 18:39
Etc/GMT+1

Este é o xornal que imos facer en 2º de Eso, esperamos que

sexa do voso agrado.

Distribuir contido