Complementarias

Visita ao Progreso

Hoxe os alumnos de 5°e 6° de E.P viaxaron ata Lugo para visitar as instalacións do Progreso. Foi unha visita moi interesante na que aprenderon, entre outras cousas, como se edita un xornal.

 

 

PARTIDO CAFÉS CANDELAS BREOGÁN

 

Onte pola tarde, sábado 4 de febreiro, un grupo de alumnos do noso cole, acompañados por varios dos seus profesores, desplazámonos a Lugo para presenciar o encontro entre o Cafés Candelas Breogán e o Força Lleida, que se disputou no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo ás 20:00 h. 
 
Disfrutamos moito do partido aínda que se lles escapara nos últimos minutos.
Dende o colexio queremos agradecerlle ao Cafés Candelas Breogán que puidésemos levar a cabo esta actividade e desexámoslles moita sorte para os vindeiros encontros.
 
GRAZAS POR TODO BREO!!! 
 

Saída cultural Casa do Patrón

O pasado xoves 20 de outubro os alumnos de 5º e 6º de E.P realizaron a saída cultural correspondente ao primeiro trimestre. Os nosos alumnos visitaron o Museo Etnográfico Casa do Patrón en Lalín, que contén máis de 4000 pezas en exposición. Ademais de visitar as distintas salas do museo, os rapaces participaron nun taller de cocido tradicional de pan en forno de leña con amasado manual.

Premede na imaxe e veredes as fotos desta xornada tan divertida. 


 

DÍA DA BICICLETA

Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para o venres 27, decidimos cambiar a data de celebración do día da bicicleta, que será o martes 31 de maio, co mesmo horario e actividades.

 

 

CONVIVENCIA PONFERRADA

20/05/2016 - 09:45
20/05/2016 - 17:00
Etc/GMT+1

O vindeiro venres, 20 de maio, os alumnos de 1º e 2º EP, recibiremos a visita dos nosos compañeiros da mesma idade do colexio da Asunción de Ponferrada. Ensinarémoslles o noso Colexio, a nosa vila, e todos xuntos xantaremos no parque do Chanto. Pasaremos un marabilloso día de convivencia ! 

Día do Peón


O luns 16 de novembro celebramos no noso cole o "Día do Peón". 


Foi unha celebración moi divertida na que compartimos e aprendemos o arte de bailar o peón. Para isto axudáronnos algúns dos nosos compañeiros, papás e mamás e tamén os avós e avoas.


Foi unha tarde ben divertida e, para que o vexades, podedes visitar a nosa galería simplemente con premer na imaxe de abaixo!!!

 

 

 

Encontro CB Breogán - La Palma

O vindeiro sábado, día 7 de novembro, un grupo de alumnos do colexio acompañados por algúns dos seus profesores, asistirán ao encontro de baloncesto que disputarán o CB Breogán de Lugo e o La Palma, no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Esperamos que desfruten moitísimo do encontro!

                    

Magosto na Asunción

 

 


O colexio da Asunción celebra mañá o seu tradicional Magosto.


Os alumnos de Primaria e Secundaria xunto cos seus profesores reuniránse arredor do tambor no patio do colexio, para compartir castañas, risas e xogos.


As fotos da celebración irémolas poñendo na nosa galería nos vindeiros días.

 

 

 

Charla sobre Xadrez


O pasado xoves 29 de outubro celebrouse no noso centro unha charla sobre Xadrez. 


Nela explicáronlles aos alumnos a importancia deste xogo á hora de aprender a confiar en sí mesmos e tomar decisións con seguridade.


Foi unha charla moi entretida e interesante e ao finalizar, no tempo do recreo, algúns alumnos puideron quedar a xogar unhas partidas cos profesores.

    

   

 

Semana da froita

Esta semana celebramos a semana da froita!. Unha das actividades máis saborosas das que eleximos no colexio para potenciar os hábitos saudables.

Aquí tendes algunhas fotos onde podedes ver cómo desfrutamos cada día dunha rica froita! 

 

SEMANA DA FROITA NA ESCOLA

Celebramos de novo a semana da froita na escola, repartindo cada día unha froita diferente a todos os alumnos do colexio. Aquí podedes atopar unha ficha con información sobre a froita de cada día, ademáis de xogos e actividades para aprender máis sobre hábitos saudables.

LUNS: MAZÁ Premendo na imaxe accederedes á ficha.

MARTES: LARANXAPremendo na imaxe accederedes á ficha.

MÉRCORES: PERAPremendo na imaxe accederedes á ficha

XOVES: MAZÁ GOLDEN

VENRES:PELADILLO

El frutijuego

Alimentatraining

La batidora

Caleidoscopio

Visita da ESO ás Illas Cíes

Hoxe os alumnos da ESO e os seus titores fixeron unha visita ás Illas Cíes. Logo dunha rota pola illa de Monteagudo, fixemos unha parada para comer e xa pola tarde desfrutamos do bon tempo na praia das Rodas.

Foi unha visita espectacular e o día inmellorable!!!

Tamén queremos resaltar o bon comportamento dos alumnos neste día, grazas a todos!

 Aquí tendes unhas imaxes do día, pero no blogue iremos poñendo algunha máis.

       

 

 

 

 

Xa estamos no Grove!!!

Os alumnos de 5º e 6º de EP xa chegaron ao Grove!!!

Parece que non o están pasando nada mal!

 

              

 

Día da bici

Hoxe celebramos no noso centro o "Día da bici".

Os alumnos de EI trouxemos as nosas bicicletas postas a punto para poder desfrutar delas polo patio do colexio. 

O resto de alumnos do colexio, acompañados dos nosos profes e algúns papás, fixemos unha rota moi divertida polas rúas da nosa vila, para rematar xantando todos xuntos no parque do Chanto.

Foi un día moi divertido!!!

  

  

  

  

  

 

Excursión ás Cies

29/05/2015 - 07:30
29/05/2015 - 17:00
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos da ESO viaxarán ás Cíes. Esperamos que disfruten da visita!!!

Celebración dos Maios

26/05/2015 - 00:00
26/05/2015 - 17:00
Etc/GMT+1

Hoxe celebraremos no noso colexio os maios.

Será un día... ben colorido!!!

Saída cultural 1º e 2º da ESO

Hoxe en Comillas.

Saída cultural 1º e 2º da ESO

Aquí están de novo os nosos alumnos paseando por Santander e visitando o parque de Cabárceno. Parece que o están a pasar moi ben, porque non se lles ve nada cansados.

Saída cultural 1º e 2º da ESO

Os alumnos de 1º e 2º da ESO comezaron a saída cultural a Cantabria. Ao chegar ao albergue os monitores tíñanlles preparadas unhas actividades moi divertidas das que desfrutaron tanto alumnos coma profes. Esperemos que os vindeiros días sexan tan proveitosos.

Celebración dos 150 anos da Asunción en España

Unha representación de alumnos do colexio, xunto con dúas profesoras e relixiosas atópanse dende onte, xoves 30 de abril, en Madrid, asistindo ao peche dos actos relativos ao 150 aniversario da chegada da Asunción a España.

Agardamos que o pasen moi ben e que todo o que levan ensaiado lles saia moi ben!!!

 

 

Distribuir contido