Complementarias

EXHIBICIÓN DE JUDO

Esta tarde, os alumnos/as de EP tiveron a sorte de poder disfrutar dunha xornada de judo con Iago Díaz, catro veces campión do mundo e profesor desta actividade extraescolar no cole, xunto co seu compañeiro Alex. Os alumnos estiveron moi atentos tanto ás explicacións como á demostración que fixeron, experimentaron este deporte e incluso algún se atreveu a loitar contra o campión.

Queremos dar as grazas dende o cole por esta oportunidade, tanto a Iago coma a Alex , e tamén ao clube Senra de Lugo ao que pertencen ambos. Moitas grazas! Pasámolo xenial!

MAGOSTO

30/10/2014 - 11:00
30/10/2014 - 17:00
Etc/GMT+1

Día de Magosto no Colexio da Asunción.

FESTA FIN DE CURSO

A ANPA da Asunción preparou unha refrescante "Festa de Fin de Curso"
O venres, día 13, os alumnos do colexio participaron nunha divertida festa, organizada pola ANPA.
  O patio do colexio converteuse por unhas horas nun mini-parque acuático, con distintos inchables, actividades con auga e festa da escuma, da que desfrutaron todos os alumnos, xunto coa familia e profesores.
  Rematou a xornada cunha copiosa cea, na que participou toda a Comunidade Educativa.
  Tampouco faltou a música para o fin de festa! 
  Parabéns a ANPA e, en especial, aos membros da xunta e colaboradores, pola organización deste fabuloso evento. 

       

DÍA DA BICICLETA.

Lembrade que mañá, luns 16 de xuño, celebramos no colexio o día da bicicleta. facendo unha ruta dende o colexio
ata o chanto, e despois comeremos  e pasaremos un bó rato todos xuntos.
Non olvidedes poñer as vosas bicicletas a punto, bicycle a puntorevisar os freos, o aire das rodas, e traer casco.

PREMIOS CONCURSO "RECOPILA"

Hoxe déronse a coñecer os gañadores do concurso "recopila", organizado pola delegación de Medio Ambiente do Concello de Sarria. Acadamos o 2º premio en recollida de pilas por colexio, os alumnos de 6º gañaron o 1º premio por clase e fomos os únicos gañadores na recollida de móviles. Noraboa a todos!!!

 

 

2º PREMIO NO PROXECTO "RECÍCLATE CON SOGAMA"

Hoxe estamos de noraboa porque acabamos de saber que gañamos o 2º premio do proxecto "Recíclate con Sogama" enmarcado dentro do Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros de toda Galicia a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Todo o centro estivo involucrado neste proxecto, ainda que os alumnos de 5º e 6º foron quenes coordinaron e realizaron a maioría das actividades.

Grazas a este proxecto, contamos no centro cunha illa de reciclaxe, aprendemos a facer compost e temos unha comunidade educativa cada vez máis concienciada no coidado do medio ambiente e a reciclaxe, como se pode ver en todas as ctividades que fixemos.

Noraboa a todos!!!

REMATAMOS A SEMANA DA FROITA

Hoxe rematamos o plan de consumo de froita na escola comendo unhas deliciosas peras. Queremos dar as grazas a Dani, de "frutas el almacén" polo bó servizo e pola gran calidade da froita que nos trouxo.

 

 

 

AVISO IMPORTANTE

A causa do mal tempo previsto para mañá venres, o día da bicicleta queda aprazado ata novo aviso.

HOXE COMEMOS PARAGUAIO

Seguimos coas froitas de temporada. Hoxe, os paraguaios estaban no seu punto e gustaron moitísimo a todos os alumnos. Ademáis, fomos levar ao compostador os restos de froita para que se convirtan en abono para a nosa horta.

 

MÁIS FROITA DE TEMPORADA.

Hoxe comemos uns estupendos pexegos:

SEGUIMOS COA FROITA.

Hoxe tocou nectarina, e tivo tanto éxito como onte. Lembrade que máis abaixo, na entrada na que anunciamos o plan de consumo de froitas, podedes saber cada día a froita do día seguinte, atopar unha ficha informativa sobre ela e xogar a xogos moi divertidos.

 

 

COMEZAMOS A SEMANA DA FROITA.

Mirade o que desfrutaron hoxe os alumnos saboreando os deliciosos albaricoques que nos trouxeron:

 

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO DO CARTEL DE SAN XOAN

Belén Garañana, de 1º de ESO foi a gañadora do concurso do cartel de San Xoan convocado pola Asociación Xaora. Raquel Rodríguez, tamén de 1º, foi unha das finalistas. Parabéns.

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS

Dende o 2 ata o 6 de xuño, o noso colexio participa no plan de consumo de froitas nas escolas, promovido conxuntamente polos Ministerios de Agricultura, de Educación e de Sanidade como medida para fomentar os hábitos saudables e previr enfermidades.
Cada día da semana recibiremos unha froita diferente, que será repartida a todos os alumnos durante o recreo.
O luns 2 de xuño, a froita será o albaricoque. Aquí tedes unha ficha con información sobre esta froita:
E para aprender máis sobre o tema, aquí tedes varios xogos;
O martes 3 de xuño, a froita será a nectarina. Aquí tedes unha ficha con información sobre esta froita:
O mércores 4 de xuño, a froita será o pexego. Aquí tedes unha ficha con información sobre esta froita:
O xoves 5 de xuño, a froita será o paraguaio. Aquí tedes unha ficha con información sobre esta froita:
E por último, o venres 5 de xuño, a froita será a pera. Aquí tedes unha ficha con información sobre esta froita:

Carreira popular Vila de Sarria 2014

Hoxe celebrouse a Carreira popular Vila de Sarria 2014, onde participaron os nosos

alumnos. Todos quedaron moi ben clasificados e algúns conseguiron os primeiros postos:

Noa López de 3º de E.I quedou terceira na súa categoría.

María García e Nuria Pérez de 1º de E.S.O clasificáronse no 1º e 3º posto na súa categoria.

Noraboa a todos!!! 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS E MAIOS

Pola mañá, celebramos no colexio o día das letras galegas con recitais, cancións e teatro.

E pola tarde, celebramos os maios con bailes e adornos florais.

Despedida de Málaga

Despedida de Málaga

Hoxe os nosos alumnos despedíronse de Málaga. Aínda que parece que non lles fixo moita gracia ter que regresar...

 

Pero antes diso aínda tiveron tempo de realizar unha visita cultural a Málaga na tarde de onte, de catro horas!!!

 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Chegaron derrengados pero enseguida repuxeron forzas!

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén xogaron algún que outro partido en diversas disciplinas...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E por último...maletas ao autobús!!!

 

 

Benvidos de novo!!!

 Nestes días poderedes ver máis fotos no blogue da ESO.

 

 

 

MÁIS RESULTADOS

Sofía quedou 6ª na proba de atletismo. Moi ben!!!!!   E os rapaces de fútbol praia gañaron a León 2-0.

NOVAS DE MÁLAGA

Hoxe os alumnos e profesores de Sarria levantáronse coas pilas cargadas e cheos de enerxía. Aquí os tedes dispostos a dar o mellor deles no día de hoxe. Se premedes na primeira imaxe, accederedes a un completo dossier con información de todas as actividades que se levarán a cabo nestes días.

 

 

 

Distribuir contido