Encontro Asunción en Málaga by Slidely Slideshow
Presentación de Los guerreros de Cómit, aventura en Lutecia, de Rakel G Alonso by Slidely Slideshow
Xa chegou ao cole o trivial xigante de Sogama. Terémolo toda a semana, así que animádevos e botade unha partida, hai moitos premios en xogo e, ademáis, aprenderedes moito sobre a reciclaxe.
Hoxe visitou o colexio o mago lucense Carlos Coira. fixo actuacións para os alumnos de Infantil e Primaria, e todos quedamos encantados cos seus trucos e o seu bó humor. Aquí podedes ver os mellores momentos da súa actuación.
O sábado día 29 de marzo, os alumnos de 4º de ESO, iniciaron a súa viaxe de fin de estudos.
Saíron da estación de tren de Sarria ás 20:00 horas, con destino a Barcelona.
Fixádevos que contentos estaban!
Hoxe día 31, os alumnos pasarán toda a xornada na cidade francesa de Marsella.
Aquí tedes o plano da viaxe e o mapa do seu percorrido.
Os nosos alumnos ao seu paso por Mónaco
Aquí están diante do Palacio Grimaldi; antes de ser recibidos polo Príncipe Alberto. Logo fomos entrevistados pola televisión local de Mónaco.
En Italia visitaron Milán onde viron a catedral, a galería Vittorio Emanuele... En Florencia coñeceron a catedral, o pazo dos Medici, a Ponte Vecchio....Finalmente en Roma viron o Circo Massimo, o Coliseo, o Foro, o Panteón de Agripa, a Fontana de Trevi, a Piazza di Spagna....
Seguindo a tradición tiramos cada un unha moeda na Fontana de Trevi así que volveremos a Roma siccuramente e sempre para aprender e pasalo ben.
O pasado luns, 10 de marzo, celebramos o noso gran día na Asunción, o día da nosa fundadora Sta. Mª Eugenia. Comenzamos a xornada cunha Eucaristía todos xuntos na Igrexa da Parroquia, degustamos a famosa "Torta da Asunción", e logo, como estes últimos anos estamos a facer, celebramos o X MARATÖN SOLIDARIO, este ano, patrocinando o proxecto de axuda a Iguguno (Tanzania).
Ademáis, este ano era un tanto especial, pois celebramos tamén os 150 anos da chegada da Asunción a España, concretamente a Málaga, baixo o lema "No suco do onte, a semente do mañá". Aquí tedes as fotos dos nosos campións do maratón, sen esquecernos de que TODOS son uns auténticos campións, pois son quen de entender que o importante é participar por unha causa tan importante coma a solidariedade cos máis necesitados.
Se queredes ver máis fotos, non deixedes de visitar os blogues.
GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARABÉNS A TODOS!!
O venres 28 celebramos no colexio a festa de entroido. Pola mañá, o tema eran os superheroes dos cómics, e pola tarde, os alumnos de Educación Primaria viñeron disfrazados do que quixeron e pasaron todos xuntos un rato moi divertido. Atoparedes máis información na sección "blogues".
Hoxe foron entregados os premios do concurso "Poema de Nadal", organizado pola Biblioteca Municipal de Sarria.
Varios dos nosos alumnos foron premiados en distintas categorías.
Estes foron os premiados:
Claudia Rodríguez - 2º E.P
Lucía Vilela - 3º E.P
Lucas García - 4º E.P
Laura Castro - 4º E.P
Paula López - 4º E.P
Belén Garañana - 1º E.S.O
Elena Vilela - 1º E.S.O
Noa Sanmartín- 2º E.S.O
Parabéns a todos!
Hoxe, os alumnos do 3º ciclo de E. Primaria e os da ESO asistiron ás charlas ofrecidas por un especialista da unidade de delitos telemáticos da Garda Civil. Os alumnos de 5º, 6º e 1º de ESO recibiron información e consellos sobre o acoso escolar, como detectalo e como actuar ante el. Pola súa banda, os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO foron informados dos perigos das redes sociais.
Os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron a un obradoiro de prevención de consumo de drogas impartido por internos do centro penitenciario de Teixeiro. Os alumnos levarán a cabo a segunda parte do obradoiro no centro penitenciario o vindeiro martes día 11. Esta actividade está patrocinada pola fundación Barrié.
Preséntovos ao noso equipo alevín de fútbol sala e ao seu adestrador David Arias. O equipo está formado por alumnos/as de 3º, 4º e 5º de E.P cargados de moita ilusión. Agardámosvos todos os sábados no polideportivo do Chanto.
ÁNIMO CAMPIÓNS!!!!!!!
Hoxe celebramos no colexio o Día escolar da Paz e a non Violencia. Este ano, co lema "apertas de paz", decoramos os corredores.
Aproveitando que todo o centro está a participar activamente nun proxecto de reciclaxe, decidimos decorar a nosa pomba con tapóns de plástico.
Os alumnos de ESO viaxaron a Lugo para asistir no auditorio Gustavo Freire a representación teatral "La Casa de Bernarda Alba" de Federico García Lorca.
Hoxe déronse a coñecer os gañadores da fase provincial do concurso de debuxo organizado polas Obras Misionais Pontificias. Aquí tedes as fotos das agraciadas, Ainhoa López, de 1º de EP, e Iria Bergantiños, de 5º de EP. Noraboa ás dúas.
Algúns alumnos de 3º e 4º da ESO do noso centro participaron activamente, onte venres pola tarde e hoxe sábado durante todo o día, na "Operación Kilo".
A "Operación Kilo" ven promovida por Cáritas e desenvolveuse nos supermercados da vila. Os alumnos voluntarios solicitaban aos compradores que fixesen algunha doazón de alimentos non perecedoiros para as familias máis necesitadas.
Dende o centro queremos agradecer a todos estes alumnos o seu esforzo e a súa desinteresada implicación nesta campaña solidaria e, en especial a aqueles que tiveron que estar nas primeiras horas da mañá no exterior dun dos supermercados.
Grazas a todos!!!