Asuntillos

"COMICLANDIA"

 

O COFRE SEGREDO

O venres, día 3 de febreiro, os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria, disfrutaron dunha nova xornada de "Asuntillos Asunción" A actividade foi moi entretenida porque consistíu na busca por todo o colexio dun cofre cheo de tesouros

Os alumnos formaron tres equipos de expertos rastreadores: O equipo dos PIRATAS, o dos EXPLORADORES e o dos DETECTIVES. Cada equipo estaba asociado a unha cor e tiña monitores pertencentes a 3º e 4º de ESO, que os axudaron en todo momento

.

O reto foi descubrir pistas colocadas en diversos lugares do colexio, reosolver enigmas, descifrar códigos,  explotar globos para encontrar notas ocultas, entrar na biblioteca sin luz, e buscar pistas axudados por linternas...

   

 

   

         Mirade que divertido, nestas fotos os rapaces están buscando pistas en bolsas cheas de macarróns cocidos e pagañentos que lles daba moito asco!

Ao final deron co preciado COFRE SEGREDO, e levaron unha grata sorpresa ao comprobar que o maior tesouro é compartir cos nosos compañeiros unha tarde de xogos e diversión, rematando cunha suculenta merenda.

 

 

III EDICIÓN MASTERCHEF ASUNCIÓN

O venres 25 de novembro, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, participaron nunha nova xornada de Asuntillos, nada máis e nada menos que "Masterchef Asunción".

Entre todos elaboraron varias receitas de cociña, cambiando cando soaba o sinal, para que todos puidesen ver a elaboración de todos os pratos. 

Elaboraron tamén unha orixinal receita individual, onde cadaquén, tivo que dar renda solta a súa imaxinación decorándoa o mellor posible para gañar así, o primeiro premio da "III Edición Masterchef Asunción". 

Os nenos/as participaron moi activamente na actividade, disfrutando moito, e sendo axudados polos monitores de 3º e 4º da ESO e antigos alumnos/as do colexio, que colaboraron moitísimo na elaboración das receitas, facendo de xurado e elexindo ao gañador.

 

 

Asuntillos creativos

O pasado venres día 18 de novembro, os pequenos "Asuntilleiros" tiveron unha nova cita. 

Esta vez a actividade foi "Asuntillos creativos". Nesta actividade, os alumnos participantes, de 3º e 4º de EP, tiveron que elexir un deseño de entre os que se lle propuxeron para estampar nunha camiseta. O que non sabían e que para facelo ían ter moito que traballar.

Comezaron calcando o seu debuxo na camiseta empregando papel carbón, e no momento en que o debuxo xa estaba transferido empezaba o traballo duro....afiaaaarrrrr. 

Tiveron que ir elexindo as cores coas que querían adornar os seus deseños e afiando cada unha das pinturas, as virutas que ían obtendo tiñan que trituralas e logo ir enchendo cada zona do seu debuxo.

Para rematar o seu traballo, os monitores que os estiveron axudando en todo momento, pasábanlle a plancha as camisetas para fixar os debuxos.

Noraboa a todos polo voso traballo e esforzo e aos monitores que axudaron moitísimo para que o resultado fose tan espectacular como podedes ver premendo no vídeo de abaixo.

 

 

Asuntillos Creativos

18/11/2016 - 17:00
18/11/2016 - 19:00
Etc/GMT+1

Lembrade que hoxe temos....Asuntillos creativos!!!.

Non esquezades traer a camiseta branca e o sacapuntas!!! 

Asuntillos Halloween/Samaín

Os rapaces de Asuntillos de 5º e 6º pasaron un rato moi divertido o venres 21 de outubro aprendendo a facer manualidades relacionadas con Halloween e Samaín. Queremos dar as grazas a Paula, Ana, Belén e María, as monitoras que nos acompañaron e axudaron aos rapaces.

 

OBRADOIRO DE COCIÑA

O pasado venres 14 de Outubro o grupo de "Asunillos" cos monitores e duas profesoras fixeron un obradoiro de cociña.

Entre todos elaboraron as receitas e rotaron para participar na súa  elaboración. Ao final degustaron  o que fixeron:"Mini pizza", "Piruleta de plátano con chocolate y galletas"e "Batido banana expres".

Foi unha tarde moi sabrosa e divertida!!!

Grazas a todos pola participación e compotamento.

ASUNTILLOS "MÚSICA"

O pasado 21 de maio levouse a cabo a
actividade de Asuntillos Música cos alumnos de 3º e 4º de EP. 

 

En primeiro lugar os profesores que
impartiron  a actividade deron un breve
concerto de piano e contrabaixo, interpretando 3 pezas de distintos estilos. Os
alumnos escoitaron con moita atención e interese.

 

Logo presentáronse diferentes
instrumentos de percusión, de sonido determinado e indeterminado. Tamén a
guitarra clásica española, guitarra eléctrica, a frauta traveseira.

 

Primeiro os profesores e os monitores
interpretaron breves pezas nos distintos instrumentos e posteriormente os
alumnos tocaron os diferentes instrumentos. os

 

Posteriormente os alumnos e profesores
cantaron cancións populares.

 

Para rematar foron premiados os alumnos
que mellor interpretación fixeron cos instrumentos musicais.

 

A actividade foi do agrado dos alumnos e
tamén dos monitores e profesores.

Asuntillos Sendeirismo

O día 4 de xullo varios alumnos de 5º e 6º de primaria participaron en Asuntillos sendeirismo acompañados dos monitores e de profesores do colexio. Os alumnos viaxaron dende Sarria ata Barbadelo seguindo o camiño de Santiago. En Barbadelo visitaron a igrexa parroquial, onde foron recibidos polo parroco que explicou o valor relixioso e artístico deste monumento nacional.

Tamén, os alumnos fixeron unha entrevista basada en un cuestionario en inglés a peregrinos de diversas nacionalidades. A actividade foi moi interesante dado a importancia do camiño de Santiago en Sarria e a posibilidade de compartir experiencias con xentes doutras culturas.

 

 

 

 

 

Ruta en bicicleta

O pasado sábado 11 de xuño o grupo "Asuntillos ", acompañados polos premonitores e dous profesores desfrutaron dunha divertida ruta en bicicleta. 
Pasaron unha agradable mañá percorrendo os arredores da vila e facendo algún alto no camiño para poder repoñer forzas.
Esta actividade, ademáis de para compartir un bo rato de ocio cos compañeiros, serviu para que os integrantes do grupo deixaran patente a súa boa forma física, superando incluso a dos máis veteranos!
Queremos agradecer a todos os participantes o seu bo comportamento e tamén a axuda e colaboración dos premonitores para que a actividade resultase todo un éxito!. 

 

 

 

 

"II EDICIÓN MASTERCHEF ASUNCIÓN"

O venres 13 de Maio, os alumnos de 3º e 4º de Primaria, participaron nunha nova xornada de Asuntillos, nada máis e nada menos que “Masterchef  Asunción”.

Entre todos elaboraron varias receitas de cociña, cambiando cando soaba o sinal, para que todos puidesen ver a elaboración de todos os pratos.

Elaboraron tamén unha orixinal tosta dulce de xeito individual, onde cadaquén, tivo que dar renda solta a súa imaxinación decorándoa o mellor posible para gañar así, o primeiro premio da “II Edición Masterchef Asunción”.

Os nenos participaron moi activamente na actividade, disfrutando moito, e sendo axudados polos monitores de 3º e 4º da ESO, que colaboraron moitísimo na elaboración das receitas, facendo de xurado e elexindo ao gañador.

Se queredes ver o ben que o pasamos, premede aquí. 

ASUNTILLOS. "CAZA DO TESOURO MANUEL MARÍA"

O venres 29 de abril, os alumnos de Asuntillos de 5º e 6º de EP
participaron na caza do tesouro de Manuel María.

A actividade consistiu en ir acadando todas as pistas que os
monitores prepararon e que estaban escondidas por todo o recinto escolar.

Foi unha actividade moi divertida e os alumnos ademais de pasalo
xenial, coñeceron aspectos da vida e obra do autor homenaxeado este ano no
Día das Letras Galegas.

Ao final, todos recibiron un diploma e  as dúas parellas
que quedaron no primeiro e segundo posto, recibiron como
agasallo cadanseu libro. 

 

 

Asuntillos "Doces Tentacións"

O pasado venres 22 de abril, os alumnos de 3º e 4º de EP desfrutaron dunha tarde de "Asuntillos" mooooiiii doce!!!

O lema deste venres era "Doces tentacións"...

Compartiron unha tarde de risas, "traballo" e lambetadas, sobretodo, lambetadas...

Grazas a axuda dos monitores, puideron elaborar e o máis importante... degustar tortas de nube, piruletas de chocolate e kiwi, tortas de grageas de chocolate e chocolatinas, cake-pops de chocolate, denominados por algún "os planetas" e uns deliciosos bólidos de plátano e fresas.

Foi unha tarde moi divertida, na que o bo facer de "asuntilleiros" e monitores, ademais da temática do "Asuntillos", fixo que todos a desfrutaramos un montón.

Grazas aos alumnos de 3º e 4º EP que asistiron e tanto traballaron e a todos os monitores polo seu bo facer, axudando en todo o que podían, esperámosvos o ano que ven!!! 

 




"A TÚA CARA SÓAME, ASUNTILLOS ASUNCIÓN"

O venres 4 de marzo os "asuntilleiros" de 5º e 6º participaron na Primeira Edición de "A túa cara sóame, Asuntillos Asunción". Logo de varias semanas de preparación cos monitores e pre-monitores, chegou o gran día. Primeiro tiveron un tempo de ensaio e caracterización e despois a actuación. Foi todo un éxito e os participantes deron o máximo no escenario tentando imitar aos seus cantantes preferidos. Aquí vos deixo algunhas imaxes para que vexades o ben que o pasaron. Parabéns para todos e todas!

 

OBRADOIRO DE "CHAPA E PINTURA"

Unha nova tarde Asuntillos...!!!

Unha nova tarde de ilusión, de gañas de disfrutar cos compañeiros, de ter un momento para reflexionar, de aprender cos nosos monitores e pre- monitores, de pasar un rato divertido neste noso espazo Asunción, no que o único que importa e gozar do tempo libre dun xeito san e divertido.

Nesta ocasión, os alumnos levaron a cabo un obradoiro de reciclado de chapas, coas que puideron facer dende pendientes, broches, aneis... ata , adornos e incluso chaveiros. 

Mirade o ben que o pasaron...

 

 

OBRADOIRO DE COCIÑA

O venres, 22 de xaneiro, os alumnos de 3º e 4º de EP, pasaron unha tarde Asuntillos realizando un obradoiro de cociña. Tanto os nen@s coma os monitores, tiveron un comportamento extraordinario. Mirade que ben o pasaron...

 

ASUNTILLOS

27/11/2015 - 17:00
27/11/2015 - 19:00
Etc/GMT+1

O vindeiro venres, díaa 27 de novembro, os alumn@s de 5º e 6º de EP, participarán no obradoiro de Asuntillos "Chapa e pintura".

ASUNTILLOS. DECORACIÓN DE NADAL.

Inauguramos a temporada Asuntillos 15-16 entrando en ambiente navideño con estes adornos tan orixinais. Os alumnos de 3º e 4º pasárono en grande decorando os seus calcetíns.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Asuntillos Sendeirismo

Varios alumnos de 3º e 4º de EP percorreron acompañados de monitores e profesores a "Ruta das Aceas". Puidemos gozar da natureza, das prantas, árbores e do río Sarria. Os alumnos tomaron fotografías, responderon a un cuestionario e tamén recolleron lixo. Todolos alumnos acadaron un diploma e un agasallo para que lembraran coidar e respectar a natureza.

 

 

Asuntillos "Xogos Populares"

Este pasado venres día 10, o grupo "Asuntillos" celebramos unha tarde de "Xogos Populares". 

Comezamos decidindo o equipo cos xogos da silla e o tiro á copa.

Unha vez decididos os capitáns seguimos cos xogos de polis e cacos, o balón prisioneiro, o pano e por último tiro de corda.

Foi unha tarde moi entretida e divertida, grazas ao bon comportamento de todos os participantes e a grande colaboración dos monitores.

Grazas a todos! 

 

Distribuir contido