Recíclate con Sogama

GAÑAMOS O CONCURSO "Separemos ben, reciclaremos mellor"

As nosas alumnas de 3º de ESO foron as gañadoras do concurso "Separemos ben, reciclaremos mellor", que foi convocado en outubro pola Consellería de Medioambiente e a empresa Sogama.

As alumnas son Andrea López Álvarez de Neyra, Vanessa Platas Pérez e María Varela Rodríguez. O seu traballo, que leva o título"ABRE OS OLLOS", foi o gañador dentro da categoría de ESO á mellor obra de arte feita con materiais de refugallo.

NORABOA ÁS TRES!

Non só polo premio, máis ben polo interés, esforzo e cariño con que facedes todo. 

 

XA TEMOS COMPOST

  A semana pasada, os diferentes profesores, recordaron nas clases de ciencias e nas de bioloxía dos catro cursos da ESO, todo o proceso do compostaxe, para acabar facéndolles unha broma aos alumnos: Dixémoslles que había que ir a ver o resultado final. Advertímoslles que ulía moi mal, que tiñan que ter coidado ao subir a tapa, e... 

  Levaron unha grata sorpresa ao comprobar o agradable olor, dicían que ulía a bosque, e que parecía imposible que despois de encher o composteiro de tantas materias orgánicas, parecía que tiña que "apestar".

Foi moi gracioso porque non se atrevía a acercarse, pero unha vez que veron o que había, incluso foron quen de tocalo. 

Apareceron unhas persianas...

Sí, sí, buscando no garaxe do colexio os aperos de labranza para traballar un pouquiño na horta, de súpeto, atopamos unhas persianas abandonadas e sucias,  e... IDEA! Aceno

 Xa vos contaremos o que fixemos con elas despois de fregalas ben e secalas ao sol.

 Pois ben, levábamos tempo coa idea de facer un escudo xigante do noso colexio, que se vese moi ben dende lexos, e... 

Que mellor soporte que unhas persianas vellas? E, que mellor material que uns tapóns de cores para facer os debuxos do escudo?

Pois así foi, puxémonos mans á obra e este foi o resultado:

 

E aquí o temos presidindo a entrega de premios do noso X Maratón Solidario, no que participan todos os cursos do colexio  o día da nosa fundadora, Santa Mª Eugenia

RECOLLIDA DE PILAS

Como todos os anos, o noso colexio colabora co Concello na recollida de pilas, participando tamén no concurso que promove a Concejalía de medio ambiente entre os colexios da zona. Por isto, este ano tamén levamos un premio pola gran cantidade de quilos recollidos polos nosos alumnos. Nesta ocasión os encargados de recoller o premio no Concello, foron os alumnos de 2º de Educación Primaria.

RECICLAMOS DE TODO!

Ata un tambor da lavadora reciclamos!

Usámolo para facer de forno para cocer figuras de barro

feitas na clase de manualidades coa nosa compañeira Violeta.

 

XA NOS CHEGOU O XOGO XIGANTE DE SOGAMA

Xa chegou o xogo de Sogama, os rapaces axudáronnos a montar o tableiro, foi moi divertido!

RECUNCHO DA RECICLAXE

Por fin encontramos un pequeno recuncho no segundo piso para acumular tanto pilas como botellas grandes, como rollos de papel hixiénico. Todos estos materiais están á espera de que veñan a por eles, no caso das pilas, ou a ser reutilizados, no caso dos outros. Mestras tanto, fixemos un espacio un pouco decente para acumular alí estos materiais. Está na escalera que sube ao rocho, polo que aí non molesta moito.

 

REUTILIZAMOS PERIODICOS

Hoxe, a varios alumnos de ESO que pasaban polos corredores de Educación Infantil, chamoulles gratamente a atención os monequiños feitos con papel de periódico polos seus compañeiros máis pequenos. Cámara en man, sacaron estas fotos tan ilustrativas:            

Visita a Sogama

Os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados dos titores e o director visitaron as instalacións de Sogama en Cerceda. 

Neste centro poidemos percorrer as instalacións industriais da empresa. Previamente asistimos a unha charla sobre separación de residuos e a importancia de aprender a reducir, reciclar e reutilizar correctamente.

Esta actividade forma parte da participación do centro no programa educativo de Sogama ao longo de todo o curso. 

A visita foi moi satisfactoria dende o punto de vista pedagóxico, dada a importancia do tema. Tamén temos que ter en conta que as instalacións de Cerceda son únicas en Galicia. Trátase de unha boa ocasión para coñecer de primeira man o tratamento de residuos. Compre destacar o caracter práctico e educativo das explicacións das monitoras que nos acompañaron na visita, sempre adaptadas ao punto de vista dos alumnos.

 

 

REUTILIZAMOS RETAIS

 Si, si, neste colexio non desaproveitamos nada.

 Este ano participamos no Entroido na rúa, coa cabalgata "Parchís". Foi unha actividade organizada pola Asociación                  de Nais e Pais do centro, na que se fixeron obradoiros de confección de disfraces durante un mes, e despois, o domingo de   Entroido, participamos no desfile e concurso que organiza o Concello.  Estábamos moitos, pais, nais, alumnos, alumnas e profesorado.

Pois ben, todos os retais sobrantes, foron aproveitados polos alumnos de 1º e 2º de ESO. A actividade da sesión de titoría grupal de hoxe adicouse a facer unha colcha con trociños de tea de 15x15. Os alumnos cortaron os cadrados e cada un segun a súa imaxinación, coseulle un debuxo, tamén de tea. O resultado verémolo cando esté rematado por completo, pero aquí temos un avance do noso traballo. 

 

 

ENTROIDO CA RECICLAXE

Para decorar os nosos corredores e as nosas aulas co galo da celebración da semana do Entroido, os encargados de levar a cabo o proxecto "Recíclate con Sogama" propuxeron aos alumnos de ESO que lanzasen suxerencias, un grupiño deu a gran idea de utilizar pequenos recortes de goma-eva e de cartulinas de cores para facer bonitas guirnaldas. E así coa idea de uns puxéronse a traballar todos e este foi o resultado:

 

TAPÓNS E MATEMÁTICAS

Podemos divertirnos á vez que aprendemos?
Neste colexio pensamos que sempre que sexa posible, ésta é a mellor maneira de ensinar aos nosos alumnos. 
Para mostra temos aquí recollidas con imaxes dúas actividades feitas en Educacoión Primaria:
 
Aquí temos aos alumnos de 3º de Educación Primaria, practicando sumas por parellas utilizando os ÁBACOS feitos no colexio, para os que, entre outros materiais, utilizan tapóns de cores.
E aquí os de 4º de EP practican os números de tres, catro e cinco cifras xogando ao BINGO, composto por cartóns e tapóns. 
  

A Educación Infantil ca reciclaxe

Para ver todo o que os alumnos de Educación Infantil están a facer a favor da reciclaxe, podedes ir ao
 seguinte enlace: 
 

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O día 30 de xaneiro, celebramos no colexio o día da paz e da non violencia. Este ano o lema foi "CONSTRUINDO A PAZ". Nesta ocasión os alumnos colaboraron coa campaña "Recíclate con Sogama" reutilizando folios cos que se fixeron palomitas da paz a través da arte da papiroflexia. Con elas decoramos os corredores de ESO. Tamén se fixeron as pezas do símbolo da paz con tapóns brancos e azuis, así como maracas feitas con boteciños de iogur recheos de arroz, lentexas ou garbanzos, para acompàñar instrumentalmente á canción que todo o colexio cantou ao final do acto do Día da Paz.

 

 

 

COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE!


Xa está aquí o segundo trimestre do curso 2014-2015. Nestes meses centrais, temos unha serie de actividades por diante que imos afrontar con moito traballo e ilusión.

O 30 de xaneiro temos a celebración do día da paz e da non violencia. No mes de febreiro será o Entroido e para o mes de marzo celebraremos o día da nosa fundadora Santa Mª Eugenia.

Xa iremos dando conta de todos estes acontecementos puntualmente.

BO TRIMESTRE! 

 

Neste Nadal a REUTILIZAR!

Os alumnos de ESO, axudados sempre polos seus compañeiros de cursos anteriores, seguen sacando ideas das súas cabeciñas para facer adornos de Nadal e que quede todo moi bonito.
Proba delo son esta mostra de detalles de Nadal feitos con botellas de leite, latas de leite, culleres de  plástico, tabliñas de madeira que sobraron da fogata do magosto e corchos.
 
 
 
Temos que destacar que tamén se fixeron bos traballos neste trimestre, non de Nadal, precisamente, pero que axudarán aos nosos alumnos de primaria coas matemáticas. Estamos falando dos ábacos feitos con tapóns de plástico, feitos pola profesora de matemáticas de 3º,4º e 5º de EP.
 
 
 

Xa chegou o Nadal


Por fin rematamos a
árbore de Nadal que levamos facendo dende hai tres semanas. Está feito cos rollos de papel hixiénico que todos os alumnos do colexio foron entregando nas aulas. Os alumnos de ESO encargáronse de recollelos polo colexio e máis tarde foron pintándoos de distintas cores ata formar esta árbore tan orixinal.
 
 
 
                                         

A estrela que o corona está feita con tapóns amarelos e recrtes de papel pinocho que foi sobrando de manualidades feitas nas aulas. Todo o traballo é un claro exemplo de REUTILIZACIÓN de materiais, e como ben dixo un profesor do noso colexio cando viu a obra terminada, "como se pode facer arte con materiais tan cotiáns. Como algo tan feo, en principio, pode transformarse nunha obra de arte botándolle un pouco de imaxinación e moita, moita ilusión"
. BO NADAL! 

Temos que destacar tamén a colaboración dos rapaces de Educación Infantil no Programa Recíclate con Sogama, xa que eles móstrannos todos os traballos que fan reutilizando materiais usados.  
 
Esta fotografía mostra unha árbore de Advento.
Fíxose con pinzas da roupa nas que os rapaces foron cada día do Advento colocando estrelas feitas con recortes de papel que lles foi sobrando doutros traballos.
 
Esta outra fotografía é unha árbore de Nadal moi orixinal. Está feito con CD,s vellos, que xa non serven, pero os rapaces de 4 anos non os tiran, os reutilizan para decorar.
Que bonito queda! 

E tamén temos aos alumnos de 5 aniños xogando o día do peón cos 
CD,s
convertidos nuns peóns moi brilantes.  
 
    

MASCOTA DO PROGRAMA e PRIMEIROS PASOS

Unha vez que temos a confirmación da nosa participación en Recíclate con Sogama, dentro do Programa Proxecta da Consellería de Educación, comezamos a nosa andadura presentando a mascota do mencionado programa:
É unha cegoña moi coidadosa co medioambiente que vai recollendo todo o lixo que os humanos vamos deixando polos espacios naturais.
A mascota é obra de tres alumnas de 3º de ESO que gañaron con este debuxo o concurso que propuxemos para toda a ESO.
As alumnas son María G-Zaera, Paula y Vanesa. 
Noraboa polo voso traballo! 
E
grazas a todos
pola vosa participación. 
 
Debuxos que máis gustaron e debuxo finalista xunto coa cegoña:
 
 FINALISTA: A BONECA DA RECICLAXE
 
 
 
 
PRIMEIROS PASOS DA NOSA ANDADURA DENTRO DO PROGRAMA RECÍCLATE CON SOGAMA
Aqui vemos aos rapaces todos contentos ao recibir as bolsa de cores e os contenedores da illa de reciclaxe que nos proporcionou a empresa Sogama.
 
O primeiro día, coas bolsas recién estreadas, todos querían colaborar.
CAMPAÑA EDUCATIVA: "SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR"
A Consellería de Medio Ambiente e a empresa Sogama, co apoio de Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas, lanzan esta campaña educativa, á que nos unímonos.
Parécenos un bo arranque para o noso programa de Recíclate con Sogama, xa que pensamos que os alumnos necesitan formación nestos temas, e, que mellor oportunidade que sean os propios convocantes do programa, os que lles den a formación inicial aos nosos alumnos.
 
FORMACIÓN EN EDUCACIÓN PRIMARIA: 4º,5º E 6º DE EP
FORMACIÓN EN ESO: 1º,2º,3º E 4º de ESO 
 
OS RAPACES MOI CONTENTOS COS AGASALLOS QUE AMABLEMENTE LLES ENTREGARON
Distribuir contido