Educación física

PARTIDO DO C.B. DURÁN MAQUINARIA ENSINO

Hoxe, un gran grupo de alumnos/as do cole asistiremos a apoiar ao C.B. Durán Maquinaria Ensino, no seu encontro contra o Al Qáceres Extremadura, que disputarán no Pazo Provincial dos Deportes en Lugo.

Xa vos informaremos de como nos foi. 

ÁNIMO ENSINO!!! 

 

 

DÍA DO PEÓN 2013

Onte celebramos o día do peón no colexio, porque, como xa sabedes... "Polo San Martiño, peóns ao camiño"

Foi unha xornada moi divertida na que participaron todos os nenos/as do cole nas pistas do colexio, e na que os alumnos/as da ESO desempeñaron a función de monitores dos alumnos/as de Ed. Infantil e Ed. Primaria, e todo o mundo se atreveu a bailar os peóns,incluídos os profes, pais/nais, avós...

Aquí vos queda un vídeo-resumo do noso San Martiño 2013. 

 

VISITA DO CLUBE DE BALONCESTO ENSINO DE LUGO

Onte pola mañá os alumnos/as de 1º, 2º, 3º, e 4º de EP tiveron a sorte de poder disfrutar dunha xornada de baloncesto, acompañados e dirixidos por grandes xogadoras do Clube de Baloncesto Ensino (Vero, Laura e Paula), polo seu adestrador, Javi Muñoz, a coordinadora das categorías inferiores do Ensino, Raquel, e a coordinadora das categorías inferiores do C.B. Sarria, Maísa.

Os nenos/as puideron achegarse un pouco máis a este deporte, coñecelo máis de preto e disfrutalo experimentando unha parte práctica.

Dende o cole queremos agradecer a vosa visita, tanto ás xogadoras, ao adestrador, ás coordinadoras...polo vosa magnífica actitude amosada cara nós e por facernos vivir un anaco de tempo tan agradable e divertido.  

Queremos tamén dar as grazas ao C.B. Sarria, principal culpable de realizar esta actividade.

GRAZAS A TODOS!

                          

 

 

 

 

 

Come san, vive activo, móvete,... PRACTICA DEPORTE!!!


Aquí tedes unha serie de decisións saudables.

Preme na imaxe para visualizalas. 

Pirámide de la actividad física para niños

HORA DE XOGAR

Premede na imaxe para pasar un bo rato.

 

 

Distribuir contido