Matemáticas e Ciencias

Arpexos de Ciencia


Continuando coas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego, os alumnos de 1º e 2º da ESO poideron ver en directo dende Internet, mediante unha sesión en streaming, o espectáculo de ciencia "Arpexos de ciencia".


Dito espectáculo celebrábase en Tecnópole, o parque Tecnolóxico de Galicia, con motivo de Galiciencia, que é a feira científca que cada ano se celebra en Galicia e este ano chega a súa novena edición.


O espectáculo consistiu nunha serie de experimentos científicos, rápidos e curtos, que explicaban conceptos moi básicos, e outros non tanto, da física. A maior parte deles eran conceptos facilmente identificables polos alumnos xa que se suceden ao seu redor continuamente, a maioría relacionados co son e as ondas en xeral.


Estiveron moi entretidos e interesados e a sesión resultou moi amena e instructiva.

 

 

 

Arpexos de Ciencia

20/11/2014 - 10:00
20/11/2014 - 11:00
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos de 1º e 2º de ESO asistirán a unha sesión en streaming dende Tecnópole para asistir a Galiciencia en directo.

Obradoiro "Sensores para todos"

21/11/2014 - 08:45
21/11/2014 - 12:45
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos de 3º e 4º da ESO acodirán a Lugo ao Obradoiro de tecnoloxía "Sensores para todos" convocado por Igaciencia.

Videoconferena "A ciencia da programación en galego"

05/11/2014 - 12:00
05/11/2014 - 13:00
Etc/GMT+1

Hoxe celebramos no colexio o "día da ciencia en galego " coa videoconferencia "A ciencia da programación en galego "

Rally Científico en Toulouse

Sete alumnos de 4º de ESO acompañados do profesor de ciencias viaxaron ata a cidade francesa de Toulouse para participar na fase final do Rally Científico. Agradecer ao Concello, Deputación e Anpa a súa axuda. Desexarlles moita sorte e que desfruten desta experiencia.

 

 

Fase final galega Rally sen fronteiras


Os alumnos de 4° da ESO do noso colexio acaban de gañar a fase final galega do Rally sen fronteiras de ciencias!!! 


Agora o que lles agarda é a bela cidade de Toulouse, onde disputarán a superfinal e disfrutarán da Cité des Ciencies!!!


Noraboa, estamos moi orgullosos!!!


Tamén lles dámos a noraboa aos outros dous equipos que participaron con nós, o CPR La Merced de Sarria e o
Colexio Montesol de Vigo,  xa que é un grande logro chegar a onde se chegou!.

Podedes ver a nova na páxina de Igaciencia.

 

 



Rally de ciencias

Hoxe estamos de noraboa!

Un grupo de alumnos de 4º de ESO, formado por Silvia, Ángela, Miriam, Borja, Selena, Javier, Julia e Xesús, pasaron a fase de centro do rally de ciencias sen fronteiras convocado por Igaciencia.

O día 28 de marzo asistirán á final galega e á entrega de premios o día 28 de marzo na Facultade de Química de Santiago. 

Agardamos que teñan moita sorte!!!

Ademais debemos agradecer tamén a participación no rally de matemáticas dun grupo de 2º da ESO, formado por Andrés, Noa, Nicolás, Clara, Laura, Diego, Jesús e Sofía, que aínda que este ano non pasaran á fase final xa lles valiu de entrenamento para a do ano que ven.

 Noraboa a todos!!! 

 

 

 

 

21 DE MARZO. DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA.

E celebramos no colexio o día da árbore e da poesía. 
     

Exposición "Reservas da Biosfera"


Estes días puidemos desfrutar no noso centro da exposición "Reservas da Biosfera" que foi solicitada ao CEIDA. Como nos explican no sitio web e nos paneis enviados ao centro esta exposición sobre as Reservas da Biosfera crease polo Grupo de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos" no marco da presentación da candidatura da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. 

Se queredes máis información sobre esta exposición premede aquí

Os alumnos estiveron a recoller datos dos diferentes paneis para logo poder respostar a algunhas preguntas plantexadas na clase.

Traballaron con interese, como se pode ver nas seguintes imaxes.

Esperamos que vos resultase interesante!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAIDA A BARREIROS

25/10/2013 - 09:45
25/10/2013 - 17:00
Etc/GMT+1

O vernes, 25 de outubro, os alumnos/as de Educación Infantil imos á Granxa- Escola de Barreiros.

"Bolboretas da primavera"

     ¡Chegou a primavera! e os nenos de 3 anos fixemos bolboretas para xogar e adornar a nosa clase.

 

 

 

 

 

22 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DA AUGA

"O verme Colorín"

Que diver! Os nenos/as de EI de 3 anos fixeron un obradoiro de follas das nosas árbores.

FOTOS DO OBRADOIRO

Aquí tedes as fotos do obradoiro de reciclaxe de papel. Con el aprendemos algunha cousa máis sobre o coidado da natureza.

 

ESTE NADAL, PÁSATE AO VERDE

Se premedes na imaxe, atoparedes consellos para coidar o medio ambiente tamén en Nadal.

Sacha con Rafa

Se queredes acceder á información  da horta premede na imaxe

 

 

VOZ NATURA

O noso colexio foi seleccionado para
participar no programa 

5 DE XUÑO. DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Distribuir contido