Enlaces secundarios

Orientación

OLLOS DE AULA

Aquí tedes a revista Nº 7 do mes de maio de OLLOS DE AULA.

Premede na imaxe. 

 

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Howard Gardner (psicólogo, investigador e profesor na Universidad de Harvard e que lle foi otorgado o Premio Príncipe de Asturias das Ciencias Sociais en 2011), é una eminencia cuxa teoría das Intelixencias múltiples vennos a dicir, que temos que buscar as aptitudes e pasións dos nosos fillos/as e alumnos/as, orientándolles para que así teñan máis posibilidades de éxito, e o máis importante, que sexan felices ao dedicar a súa vida ao que lles apasiona, ao que son máis capaces!!!

 Vale a pena ver a entrevista que lle fixo Eduard Punset en outubro de 2011.

 

DÍA DO LIBRO " Ler para vivir"

Aquí tedes dous excelentes libros para que disfrutedes coas súas ilustracións en movemento. Podedes lelos, escoitalos, descárgalos como texto ou envialos por email aos amigos e amigas polo Día do Libro.

Un para Educación Infantil titulado La Selva de Mario de Carlo Frabetti.

 

Outro para Educación Primaria titulado Julia, Pato y el Espía tamén de Carlo Frabetti.

OLLOS DE AULA

Premede na imaxe para acceder ao nº 6 da revista.

15 de marzo Día do Consumidor

Os consumidores temos DEREITOS mais tamén temos OBRIGAS. E debemos ser responsables co que consumimos.

Aquí temos un video moi interesante e didáctico.

UN NENO DIFERENTE

Aquí tedes un video feito polos alumnos da "École Supérieure des Métiers Artistiques" de Montpellier. Amósanos un mundo de perfección e orde, onde todo está regulado e ordenado ata que un día..............

O resto tedes que velo vos mesmos e sacar as vosas conclusións.

 

8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Célebres cantantes e músicos procedentes de todo o mundo, dende China a Costa Rica, dende Malí a Malasia, mulleres e homes reuníronse para divulgar unha mensaxe de unidade e solidariedade: Somos ONE WOMAN, UNHA SOA MULLER.

Este ano 2013, o Día Internacional da Muller céntrase en pór fin á violencia contra as mulleres.

Disfrutade do vídeo.

OLLOS DE AULA

O obxectivo desta publicación é achegarvos información variada ao redor da EDUCACIÓN e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que nos poden preocupar como nais e pais.

Premede na imaxe para acceder ao Nº 5 da revista.

CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN

Este corto de animación é un exemplo de innovación e emprendemento. Esperamos que vos guste.

 

ATREVÁMONOS A SOÑAR

Desde pequenos todos sabemos soñar. Dormidos ou espertos, gracias a nosa imaxinación cremos que somos capaces de calquera cousa. Sin embargo, segundo medramos perdemos esta maravillosa capacidade que logo tanta falta nos fai na vida a hora de ser creativos, de innovar e de cambiar as nosas vidas. Atrevámonos a soñar, a desfiar a nosa zona de confort, e a disfrutar do placer de convertir os nosos soños en realidade.

ktorce-18

O día 11 de outubro acudiron ao centro dous membros da asocación Arela para dar unha charla aos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO para informarlles a cerca do Programa Ktorce-18, que trata sobre a Ley Orgánica 5/2000, Ley do menor.

orientacion académico-profesional

Los alumnos de 4º de ESO ya estais a las puertas del instituto,

ánimo y seguid adelante con vuestro esfuerzo y constancia

en el estudio, sólo así lo lograreis.

Es importante que tengais a mano la Guia del Sistema

Universitario de Galicia.

Plan Galego de Convivencia Escolar

Pódese consultar o Plan Galego de Convivencia

Escolar a través deste vínculo. 

TÉCNICAS PARA APRENDER A ESTUDAR

Aquí tedes unha web moi divertida e útil con técnicas de estudo, consellos e trucos para sacar o máximo partido do voso tempo de estudo.

Distribuir contido