Plástica

O VENDEDOR DE FUME

"O Vendedor de Fume" acaba de gañar o Goya 2013 a Mellor Curtametraxe de Animación Española. Realizado polos alumnos da Escola de Animación valenciana "PrimerFrame", é un corto moi apropiado para os tempos que corren.

 

Fronte á violencia contra as Mulleres

A Delegación de Benestar Social do Concello de Sarria convocou o IV Certame Escolar de Murais do Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres. O lema deste ano era:

"Sumemos esforzos: o fin da violencia de xénero é un compromiso de todos/as" 

A idea era traballar a prol dunha sociedade máis igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero e estimular a implicación de toda a comunidade educativa nas tarefas de sensibilización e prevención. 

O día 21 de decembro entregáronse os premios ás ganadoras que foron Paula López, Noa Sanmartín e Maria Varela de 1º de ESO do noso colexio 

 

 

Fabricando un peón

Queredes ver como se fabrica un peón de forma artesanal?

Aquí vos deixamos un enlace para que poidades ver o vídeo

http://www.youtube.com/user/brinquedia#p/a/f/0/_brKXH2HBIA

 

 

 

Distribuir contido