Animación á lectura

A bruxiña dos libros

Os alumnos de 4º EP estrenamos lectómetro!!!

Mirade que ben nos quedou o noso recunchiño da "Bruxiña dos libros". 

 

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS.

"Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Dende Mary Poppins ata Matilda, a Atreyu, Drácula ou incluso Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efrainsdotter Langstrumpo. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros.".

Así describe as bibliotecas Ledicia costas no pregón conmemorativo do Día da biblioteca 2016.

Este ano, as elexidas para a redacción do pregón e o diseño do cartel foron a galega Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015) e a vasca Elena Odriozola (Premio Nacional de Ilustración 2015) 

Dende 1997, cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil propuxo esta data para conmemorar a destrucción da biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcáns, como medio para destacar a importancia da biblioteca como lugar de encontro entre lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

 

Enlace ao pregón completo 

Comparto o meu libro

Animamos a os alumnos e alumnas a que comportan durante os cinco minutos de lectura os libros que están a ler na clase e na casa.

Podedes comentar que é o que vos gusta do libro e que cousas os gustarían que fosen diferentes. Os profes animamos a compartir as vosas impresións, facendo unha pequena presentación da obra e invintando a ler o libro.

 

 

21 DE MARZO. DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA.

E celebramos no colexio o día da árbore e da poesía. 
     

Premios do concurso de "Poesía de Nadal" da Biblioteca Provincial de Lugo

TRES ALUMNAS DO CENTRO PREMIADAS NO CONCURSO DE "POESÍA DE NADAL" DA  BIBLIOTECA PROVINCIAL DE LUGO
O día doce, na Biblioteca Provincial de Lugo, foron entregados os premios do concurso de "Poesía de Nadal 2013" no que participaron lectores de vintetrés Bibliotecas Locais.
No noso centro, resultaron gañadoras as alumnas:
Claudia Rodríguez, de 2º de EP.
Elena Vilela, de 1º de ESO. 
Acessit para Lucía Vilela, de 3º de EP.
As alumnas recibiron como premio: Diplomas, estatuilla de Sargadelos e lotes de libros.
Parabéns para as nosas poetisas! 
 
 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 

Cumpreanos de Rafa, a xirafa.

Celebramos o cumpreanos de Rafa todos na biblioteca.

 Houbo teatro de monicreques en inglés e agasallos para Rafa e para os gañadores do concurso "recopila"

 

24 DEOUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

 

Celebramos o día das bibliotecas escolares cunha chea de actividades. Como vedes no cartel, este ano está adicado á ciencia, polo que na biblioteca poderedes atopar un recuncho con libros sobre ciencia que seguro vos interesarán.

 

 

Ademáis, haberá moitas sorpresas. Mañá poderedes ver aquí todo o que fagamos.

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Así celebramos hoxe o día das bibliotecas escolares, visitando a nosa e agasallando aos gañadores do concurso "Recopila" do curso pasado.

OUTUBRO. MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 

A Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar (IASL) aprobou, en decembro de 2007, que durante o mes de outubro de cada ano se celebre o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O lema deste ano 2012 é

un mundo de libros

COÑECES O BOOK?

Coñeces o book? Premendo na imaxe poderás coñecelo todo sobre o funcionamento deste fantástico "dispositivo"

                                     

A QUE SABE A LÚA?

PREMEDE NO DEBUXO PARA VER E ESCOITAR O CONTO (EN CASTELÁN)

LEER.ES

XA ESTÁ FUNCIONANDO A NOVA PÁXINA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA. VISITÁDEA FACENDO CLIC AQUÍ

LECTURIL PLUS ¡PRÓBAO, FUNCIONA!

ESTE É UN MEDICAMENTO QUE ESTÁ INDICADO PARA TODOS, E SEGURO QUE FARÁ UN BO EFECTO EN VOS. PROBÁDEO

SÓ TEDES QUE COLLER UN LIBRO E EMPEZAR A LER. NOTAREDES OS EFECTOS DE SEGUIDO.

ATOPADO EN WWW.ACTILUDIS.CON

Distribuir contido