Operación Bocata

 
Como cada ano, o noso colexio desexa solidarizarse cos máis necesitados. O obxectivo é concienciar  a toda a Comunidade Educativa seguindo a Campaña deste curso: "O mundo non necesita máis comida. Necesita máis xente comprometida". Durante todo o ano 2017, Mans Unidas fará fincapé en tres cuestións esenciais e urxentes para rematar coa pobreza e a fame no mundo como son o desperdizo de alimentos, a loita coa especulación alimentaria e o compromiso cunha agricultura respetuosa co medio ambiente que asegure o consumo local. 
Para facer efectiva a nosa solidaridade celebraremos mañá, 6 de febreiro, no noso centro a "Operación Bocata". A recadación destinarase aos proxectos que financia a delegación de Mans Unidas de Lugo
Os alumnos e profesores, de xeito voluntario, dende 1º de Primaria ata 4º de ESO, xantaremos un bocadillo nas instalacións do centro. 
Grazas de antemán a todos os que animades aos vosos fillos a participar nesta iniciativa!!!

Visita de 3º-4º de ESO a Belesar-Monforte de Lemos

Os alumnos de 3º e 4º de ESO visitaron a central hidroeléctrica de Belesar. O persoal desta central explicou o funcionamento das instalacións e o proceso de producción de electricidade. Os alumnos visitaron posteriormente unha fábrica de maquinaria en Monforte de Lemos. Esta industria diseña e produce máquinas de precisión para diversas ramas industriais.

 

 

Festa mexicana no comedor!!!

Como recompensa ao seu bo comportamento, os alumnos da ESO que se quedan no comedor, recibiron este luns, día 30 de xaneiro, unha sorpresa da súa monitora.

Cando chegaron a comer tiñan preparada unha divertida "Festa mexicana".

Pero non só os maiores disfrutaron desta festa...os pequenos tamén o pasaron en grande!!!

Grazas Merche!!! 

 

 

Aviso comedor

Xa tendes a vosa disposición o menú do comedor deste mes, podedes acceder a él dende a sección comedor ou premendo aquí.
 
Neste menú que vos deixamos na web, están feitas unhas modificacións que nos indicaron dende a empresa do comedor logo da impresión dos menús que se vos mandan a casa. 
 
As modificacións son as seguintes:
 
  •  O menú do venres 3 de febreiro será o seguinte:
Crema de cenorias
Empanada de zorza con leituga
Iogur 
 
  •  O menú do luns 20 de febreiro será o seguinte:
Tallarines á napolitana
Tortilla de xamón con ensalada verde
Froita de tempada  

Desculpade as molestias!  

Día da Paz


Onte, luns 30 de xaneiro, celebramos no noso centro o "Día da Paz".


Baixo o lema "Miradas de Paz", todos os alumnos do centro, acompañados dos seus profesores, relixiosas, PAS e algunhas familias, reuníronse para conmemorar este día. Para isto xuntámonos no noso pavillón ataviados cunhas coloridas gafas que resaltaban as pretendidas "Miradas de Paz"


Os alumnos de 4º da ESO prepararon un manifesto en favor da Paz, e despois todos xuntos cantamos a canción "¿Por qué no ser amigos?".


Foi unha celebración moi emotiva onde todos o pasamos moi ben, como podedes ver no seguinte vídeo:


 

Reunión informativa

Todas aquelas familias que por calquera motivo non puideron asistir as reunións informativas e precisen información, ou ben aquelas que teñan algunha dúbida ao respecto do tema tratado, poden achegarse ao centro nesta semana no seguinte horario:

 Mércores, 1 de febreiro: De 18:00 a 19:30 h

Xoves, 2 de febreiro: De 16:00 a 19:30 h

Venres, 3 de febreiro: De 16:00 a 18:00 h 

 

 

Reunión informativa

Lembrade que os horarios da reunión informativa do vindeiro martes, 31 de xaneiro, son os seguintes: 

- Infantil:            16:30 h

- De 1º a 3º EP:   17:30 h

- De 4º a 6º EP:   18:30 h

- De 1º a 3º ESO: 19:30 h

É importante a vosa presenza. 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NENOOS


Os vindeiros luns, 30 de xaneiro e mércores, 1 de febreiro chega ao noso cole a NENOOS WEEK, unhas xornadas de portas abertas da actividade extraescolar NENOOS.


A estas xornadas están convidadas a asistir as familias do alumnado inscrito así como todas aquelas que queirades coñecer como se levan a cabo as clases de dita actividade. 


Anímadevos a experimentar unha clase NENOOS! 

PARTIDO CAFÉS CANDELAS BREOGÁN

O vindeiro sábado 4 de febreiro, un grupo de alumnos/as do colexio acompañados por profesores, asistiremos a presenciar o encontro de baloncesto do Cafés Candelas Breogán e o Força Lleida, que se disputará no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo a partir das 20:00 horas.

 

Dia da Paz

O luns, día 30 de xaneiro, entre as 11:30 h e as 12:00 h, celebraremos no noso colexio o "Día da Paz", baixo o lema "Miradas de Paz".

As familias ás que vos sexa posible, animádevos a acompañarnos, estades todos convidados!!!

Lembrade que todos os alumnos deberán de traer ese día a equipación deportiva do colexio.

 

Os alumnos de 2º EP despídense da súa mestra Rocío

Hoxe os alumnos de 2º de EP despedíronse da súa mestra Rocío. Premendo na seguinte imaxe poderedes ver que sorpresa lle tiñan preparada.

 

 

Aviso comedor

Dende a empresa do comedor infórmannos de que o menú previsto para o luns, día 23 de maio será sustituido polo do xoves, día 26 de maio, e o xoves o menú será o que estaba previsto para o luns.


Desculpade as molestias! 

Premios "Poesía de Nadal" da Biblioteca Pública

O venres 20 de xaneiro, fixose entrega na Casa da Cultura de Sarria, dos premios do certame de poesía de nadal organizado pola Biblioteca Pública. Tres das nosas alumnas recibiron diplomas e puideron ler as súas obras.

As premiadas foron: Noa López, de 3º de EP, María Pombo de 2º da ESO e Elena Vilela de 4º da ESO.


NORABOA A TODAS!

 

 

 

 

 

Charla dun militar

Os alumnos de 4º da ESO recibiron o pasado mércores unha charla do Brigada do Exército do Aire, Carlos Rodríguez Cabada.

Se queredes ver como se desenvolveu a mesma visitade o blogue da ESO.

A ESO no teatro

Os alumnos de ESO asistiron, acompañados dos seus titores, á representación teatral "Historia de una escalera",de Antonio Buero Vallejo, no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

A visita forma parte das saídas didácticas programadas para o presente curso escolar. Os alumnos disfrutaron da obra de Buero Vallejo, renovador do teatro español contemporáneo.

Posteriormente, levouse a cabo un coloquio no que se comentaron diferentes aspectos do significado e mensaxe que o autor quixo transmitir.

 

 

 

Equipación deportiva

Os nosos alumnos fixeron unhas visitas moi especiais

O pasado mércores 21 de decembro, os alumnos de EP e a ESO fixeron unhas visitas moi especiais con motivo do Nadal.

Os alumnos de 1º e 2º de EP visitaron o Centro de día "Os Maios", os de 3º, 4º, 5º e 6º de EP foron ao Imserso, e os da ESO a Residencia de Maiores. 

Foron unhas visitas moi emotivas onde os residentes de todas elas poideron compartir panxoliñas cos nosos alumnos, que estiveron encantados con esta iniciativa.

Tanto uns coma outros desfrutaron da visita e das palabras agarimosas de traballadores dos distintos centros e dalgúns dos residentes, que ademáis tamén lles adicaron algunha panxoliña e outras cancións.

Grazas por acollernos tan ben!!! 

 

 

Felices Festas!!!

   Gifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de Letras       

Gifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de Letras

Gifs animados Letras - Imagenes animadas de Letras

Gifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de Letras Gifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de Letras       

Gifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de LetrasGifs animados Letras - Imagenes animadas de Letras 

Equipo de fútbol benxamín

O equipo de fútbol benxamín da Asunción xa comezou a liga escolar!!!

Desexámoslles moita sorte e sobre todo que desfruten moito xogando!!! 

 

 

Colaboración co desfile de Nadal do Concello

Onte dende o Concello comunicáronnos que o venres día 23 de decembro ás 17:30 h, na Casa da Cultura, haberá unha reunión para todos aqueles nenos e pais que queran participar no desfile das Carrozas dos Reis Magos. 

O desfile terá lugar o día 5 de xaneiro ás 6 da tarde. 

Distribuir contido