Fondo solidario de libros

Informámosvos, a todos os interesados, que a lista provisional dos admitidos no fondo solidario de libros para Educación Primaria xa está dispoñible para a súa consulta na Secretaría do centro.

A lista provisional do fondo solidario de libros para Educación Secundaria non será elaborada pola Consellería de Educación ata o mes de setembro. No momento que a publiquen comunicarémolo a través da nosa web. 

Listado de libros en Scholarum

Todos aqueles que esteades interesados en adquirir os libros de texto ou material do colexio a través de Scholarum, sabede que xa tendes a vosa disposición o listado completo de libros de todolos cursos do colexio, na páxina da librería online.

Recordade que para acceder a ela podedes premer no icono  situado na marxe esquerda desta web ou ben na dirección www.libreriaasuncionsarria.es.

 

 

Felices vacacións!!!

Sexades de praia...

 

ou de montaña...

 

Desfrutade do verán!!!

 

Actividades Extraescolares curso 2016 - 2017

Xa tendes a vosa disposición os horarios provisionais das actividades extraescolares que se ofertarán o vindeiro curso 2016 - 2017.
 
Así mesmo podedes consultar a normativa xeral das actividades extraescolares e o profesorado encargado de impartilas. Como novidade confírmase a oferta da actividade extraescolar de Teatro.
 
Seguimos a traballar para melloralas, non perdades detalle, poderá haber máis sorpresas...
 
FELIZ VERÁN A TODOS!!! 

Horario Extraescolares

Probas de setembro 2016

Enlace a librería Scholarum

Como podedes ver na parte esquerda da nosa páxina web, xa temos a disposición das familias interesadas, un enlace para que podades acceder á librería Scholarum.

Alicia no país das marabillas

Fai máis de 150 anos que se publicou este famoso libro e aínda é lido por moitos nenos e nenas. Se a súa lectura é un pracer, representala moito máis. Os alumnos e alumnas de 4º de EP deleitáronnos coas aventuras de Alicia e o resto de personaxes e ademais divertíronse moito. Déixovos alguhnas fotos para que o comprobedes. Son uns actores estupendos! Parabéns!

Información sobre o último día de clase

O mércores 22 de xuño, o horario de entrega de notas para Educación Primaria será de 12:00 h a 14:00 h. Aqueles alumnos, que a súa familia non poida acudir a recoller o boletín de notas, levarano na súa carpeta á hora de saída.

Probas de xuño 2016

Estes son os horarios das probas de xuño. 

As materias pendentes doutros cursos realizaranse no horario da materia correspondente.

Entrega boletíns de notas

Os boletíns de notas de EP entregaránse o mércores 22 de xuño en horario de 12 a 14 h.

Os boletíns de notas da ESO entregaránse o luns 27 de xuño en horario de 12 a 14 h. 

Aviso Festa ANPA

Hoxe pasaremos unha tarde do máis divertida coa festa que o ANPA do noso colexio nos ten preparada.

Pero debido as condicións meteorolóxicas non a celebrarán no patio do noso centro, senón no pabillón dos institutos. 

Estades preparados para pasalo ben???

Agárdannos a todos ali a partir das 17:00. Non vos esquezades!!!

 

Aviso alumnos actividades extraescolares

Todos aqueles alumnos de actividades extraescolares, lembrade que mañá é o último día para entregar a autorización para a festa de clausura das actividades extraescolares deste ano.

Graduación alumnos 4º ESO

Hoxe celebramos no noso colexio a graduación dos alumnos de 4º da ESO.

Comezamos cunha celebración na Igrexa do Rosario e a continuación voltamos ao colexio para, despois dunhas palabras do director, ver unha presentación onde se resumían os anos pasados no centro.

E finalmente compartimos unha estupenda merenda.

Foi unha tarde moi emotiva e chea de recordos. 

Aquí vos deixamos unhas pouquiñas fotos para que vexades o estupendos que estaban os nosos alumnos!!!

Desexámosvos moita sorte no novo camiño que emprendedes!!! 

 

AVISO IMPORTANTE 1º E 2º EP

Colaboración coa librería Scholarum

Estimadas familias: 

Informámosvos de que de cara ao próximo curso, a empresa de distribución Scholarum, pasará a ser un novo colaborador do noso colexio como xa o é dos outros colexios da Asunción de toda España.

Esta empresa proporciona, entre outros, un servizo de librería "online", a través da cal, as familias que o desexen poderán adquirir os libros e material escolar do noso colexio na seguinte dirección www.libreriaasuncionsarria.es.

Este servizo non é exclusivo nin obrigatorio. As familias poderán adquirir os libros e o material do colexio na librería que estimen oportuno.

 A través de Scholarum poderedes:

- Realizar a compra de libros e material escolar dende a casa, tanto a través da anterior web como dun teléfono que atoparedes na propia web de Scholarum.

- O envío realizarase o día que se elixa e entregarase na dirección indicada, que pode ser a do colexio.

-  O pago poderá fraccionarse en tres prazos, sen ningún coste adicional para os pedidos realizados antes do 15 de agosto. Pagarase un 10% no momento da compra e o resto entre os meses de setembro e novembro.

- Poderase facer uso dos vales de axuda para a adquisición de libros e material concedidos pola Consellería de Educación.

Un saúdo

O director 

 

E para rematar a semana...mazá vermella!!!

 

SEMANA DA FROITA NA ESCOLA

 

 

Celebramos de novo a semana da froita na escola, repartindo cada día
unha froita diferente a todos os alumnos do colexio. Aquí podedes atopar
unha ficha con información sobre a froita de cada día, ademáis de xogos
e actividades para aprender máis sobre hábitos saudables.

Venres: mazá vermella.Premede na imaxe para ver información sobre esta froita.

Xogos:

-Alimentatraining

-A batedora

-O caleidoscopio

-O frutixogo

E o xoves...peladillo!!!

E o mércores...mazá!!!

Distribuir contido