"II EDICIÓN MASTERCHEF ASUNCIÓN"

O venres 13 de Maio, os alumnos de 3º e 4º de Primaria, participaron nunha nova xornada de Asuntillos, nada máis e nada menos que “Masterchef  Asunción”.

Entre todos elaboraron varias receitas de cociña, cambiando cando soaba o sinal, para que todos puidesen ver a elaboración de todos os pratos.

Elaboraron tamén unha orixinal tosta dulce de xeito individual, onde cadaquén, tivo que dar renda solta a súa imaxinación decorándoa o mellor posible para gañar así, o primeiro premio da “II Edición Masterchef Asunción”.

Os nenos participaron moi activamente na actividade, disfrutando moito, e sendo axudados polos monitores de 3º e 4º da ESO, que colaboraron moitísimo na elaboración das receitas, facendo de xurado e elexindo ao gañador.

Se queredes ver o ben que o pasamos, premede aquí. 

Enquisas familias

Na procura constante dun centro mellor, adaptado as vosas necesidades, lembrámosvos a necesidade de que participedes nesa mellora continua entregando na urna de Secretaría as enquisas que vos mandamos fai uns días.

Grazas a todos! 

Día de cine no comedor

Hoxe os alumnos de comedor tuveron unha comida moi especial.

Sentíronse como verdadeiros actores da súa propia película!!!

As monitoras fixeron que o comedor parecese tal cual un plató de cine onde non faltaron nin a alfombra vermella nin as paredes decoradas coas fotos dos nosos particulares actores como estrelas do mesmo Hollywood, ni tan siquera a mesmísima estatuilla dos Oscar.

Ademais tamén había unha mesa "Champion", onde tuveron a sorte de desfrutar dunha decoración un pouquiño máis especial, aqueles alumnos dos diferentes "equipos" do comedor que foron gañando recoñecementos grazas ao seu comportamento e bon facer ao longo do curso.

Para rematar esta comida tan orixinal que mellor que facelo cunha película!!!. Os protagonistas da mesma foron os propios alumnos do comedor, e foi unha montaxe ben divertida que fixo a nosa monitora Merche coas fotos que lles foron sacando ao longo do curso.  

Damos as grazas as monitoras do comedor por este día tan especial, no que fixeron que os nosos "pequenos actores" se sentiran protagonistas neste día de película.

Grazas!!! 

 

Premendo na última das fotos poderedes acceder a galería onde podedes ver as fotos un pouquiño máis grandes. 

5º E 6º VAN AO TEATRO

O martes 10 de maio os alumnos de 5º e 6º asistiron á representación teatral "Estamos no verán" na que repasaron os distintos estilos musicais, ademais de acompañar aos actores/cantantes no ritmo e as coreografías.

Matemáticas no teu super

Os alumnos de 4º EP foron onte ao supermercado Eroski a facer unha actividade relacionada coas matemáticas. Premede na seguinte imaxe para ver o que fixeron e como o pasaron.

 

 

 

Saída fin de curso

Mirade que ben o pasaron os nosos alumnos de 3º e 4º EP na súa viaxe de fin de curso a Gijón!!!

 

  

Viaxe dos alumnos de 3º e 4º EP a Gijón

A primeira visita que fixeron os nosos alumnos nada mais chegar a Gijón foi ao Xardín Botánico...

 

 Despois dirixíronse ao Museo Jurásico...

 

 E por fin......Chegaron aos bungalows!!!

 

Aaaaahhhh, e ademais, antes de ir descansar aínda tuveron tempo de achegarse a Praia da Grega a ver as pegadas que os dinosaurios deixaron nas rochas!!!

 

Se premedes nesta imaxe veredes na nosa galería todas as fotos que vos iremos deixando da viaxe. 

Viaxe dos alumnos de 3º e 4º EP a Gijón

Hoxe, os alumnos de 3º e 4º de EP, partiron cara terras astures para desfrutar dun par de días cheos de actividades.

Chegaron sobre as 13:30 horas, despois dunha tranquila viaxe, e fixeron diversas actividades durante o día.

Esperamos que mañá desfruten tanto como o fixeron hoxe.

Pasádeo ben!!! 

 

ASUNTILLOS. "CAZA DO TESOURO MANUEL MARÍA"

O venres 29 de abril, os alumnos de Asuntillos de 5º e 6º de EP
participaron na caza do tesouro de Manuel María.

A actividade consistiu en ir acadando todas as pistas que os
monitores prepararon e que estaban escondidas por todo o recinto escolar.

Foi unha actividade moi divertida e os alumnos ademais de pasalo
xenial, coñeceron aspectos da vida e obra do autor homenaxeado este ano no
Día das Letras Galegas.

Ao final, todos recibiron un diploma e  as dúas parellas
que quedaron no primeiro e segundo posto, recibiron como
agasallo cadanseu libro. 

 

 

Concurso

A nosa alumna María Garañana Durán, de 5º de E.P, quedou finalista no concurso de debuxo "Deseña unha xoia para a túa nai". Todo un logro para esta alumna xa que nesta edición, presentáronse ao redor de 8.500 deseños.

PARABÉNS MARÍA !!!

DÍA DA TERRA. 22 DE ABRIL. 1º EP

 
SE QUEREDES VER TODO O QUE FIXEMOS... PREMEDE NA IMAXE!!! 
 

PARTIDO AMIGABLE DE FÚTBOL SALA

Onte pola mañá, os nosos alumnos/as da actividade extraescolar de fútbol, disputaron un partido amigable contra os futbolistas do Colexio da Merced.

Foi un encontro moi emocionante, cun marcador final de empate 5-5, onde desfrutaron ao máximo e fixeron desfrutar a todos os alí presentes. 

Parabéns a todos!

 

Asuntillos "Doces Tentacións"

O pasado venres 22 de abril, os alumnos de 3º e 4º de EP desfrutaron dunha tarde de "Asuntillos" mooooiiii doce!!!

O lema deste venres era "Doces tentacións"...

Compartiron unha tarde de risas, "traballo" e lambetadas, sobretodo, lambetadas...

Grazas a axuda dos monitores, puideron elaborar e o máis importante... degustar tortas de nube, piruletas de chocolate e kiwi, tortas de grageas de chocolate e chocolatinas, cake-pops de chocolate, denominados por algún "os planetas" e uns deliciosos bólidos de plátano e fresas.

Foi unha tarde moi divertida, na que o bo facer de "asuntilleiros" e monitores, ademais da temática do "Asuntillos", fixo que todos a desfrutaramos un montón.

Grazas aos alumnos de 3º e 4º EP que asistiron e tanto traballaron e a todos os monitores polo seu bo facer, axudando en todo o que podían, esperámosvos o ano que ven!!! 

 




Día do libro

Terceiro de primaria non quixo perderse o día do libro e para celebralo os alumnos e alumnas fixeron a súa homenaxe particular a un dos máis importantes escritores da nosa literatura, Miguel de Cervantes, recitando uns poemas adicados a Don Quixote e ao seu inseparable escudeiro, Sancho Panza.

 

5º EP Celebra o Día do libro

Con motivo da celebración do día do libro, os alumnos de 5º de EP, elaboraron un traballo de investigación sobre Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Este foi o resultado.

 

 

 

DÍA DO LIBRO EN 6º

Os alumnos de 6º celebran a semana do libro facendo uns libros desplegables en clase de plástica. Están expostos no corredor do primeiro piso para que os poidades ver.

Congrats, excellent job!

 

Click to play this Smilebox slideshow

DATAS DE EXAMES EXTERNOS DE INGLES.

Xa están dispoñibles as datas para realizar os exames externos de inglés que ofertamos dende o colexio:

-Os exames de Cambridge, para todos os niveis, terán lugar o sábado 28 de maio. No caso de que a alguén lle resulte imposible presentarse a esta convocatoria, temos á vosa disposición en portería os lugares e datas das convocatorias abertas en diferentes centros preparadores de toda Galicia para que vos poidades examinar noutra data.

-Os exames de Trinity, para todos os niveis, terán lugar o xoves 2 de xuño.

En canto teñamos os horarios de cada proba informaremos persoalmente aos interesados e poñerémolos á vosa disposición a través da páxina e de facebook. Mentras tanto, para calquera consulta achegádevos á portería do centro.

Axudas para estadías de formación lingüística en lingua inglesa para alumnos da ESO

Lembramos a todas as familias interesadas, que como nos últimos anos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de convocar un total de 682 prazas en estadías de formación lingüística en lingua inglesa para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato. 

O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o vindeiro 29 de abril. Os requisitos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia, no seguinte enlace:

DOG NÚM 58

 

Saída cultural 1º e 2º da ESO a Santa Tegra e Tui

Os alumnos de 1º e 2º da ESO realizaron o pasado xoves día 7 de abril, a saída cultural que tiñan pendente do 2º trimestre.

Moi cedo pola mañá, desprazáronse ata o "Castro de Santa Tegra", na Guarda, onde, grazas as explicacións do seu profesor de Historia, puideron coñecer un pouco máis da vida castrexa e dende o alto do Monte de Santa Tegra viron a desembocadura do Miño, co que aproveitaron para falar un pouco de ríos, rías, e estuarios.

Xa pola tarde, logo de comer, acodimos a ver a Catedral de Tui, onde estuveron facendo un traballo de recoñecemento de distintos estilos arquitectónicos nesta Catedral.

E para rematar a xornada deron un pequeno paseo polas rúas da cidade antes de voltar para Sarria.

Podedes ver máis fotos desta visita premendo na imaxe que vos deixamos a continuación.

 

Final Rally Matemático

O noso equipo de 3º da ESO do Rally Matemático fixo un gran traballo na Facultade de Química de Santiago, onde se celebrou a final do Rally Matemático. 

A pesares do gran esforzo quedaron a escasísima distancia do equipo gañador, co que conseguiron un nada desprezable segundo posto.

Sodes igualmente uns campións por quedares de segundos dun gran número de colexios participantes. 

Noraboa polo voso bo traballo!!! 

Se queredes ver máis fotos premede na que vos deixamos a continuación. 

 

Distribuir contido