Viaxe fin de estudos 4º ESO

Os nosos alumnos viaxeiros seguen a desfrutar da maravillosa Praga, de día... e de noite!!!

Podedes ver máis fotos na nosa galería premendo na imaxe que vos deixamos a continuación.

 

CAMPAÑA "S.O.S. AFRICA".

GRACIAS A TOD@S !!! 

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Os nosos alumnos alumnos continúan a desfrutar da primavera checa paseando polas rúas de Praga. 

 

Onte ademáis acodiron a ver ballet ao Teatro Nacional de Praga, edificio maxestuoso que poderedes ver nas fotos que vamos colgando na nosa galería.

Para acceder a esas e outras fotos desta viaxe non tendes máis que premer sobre a foto que vos deixamos a continuación e que demostra o ben que o están pasando.

 

 

Que o pasedes xenial!!!

Viaxe fin de estudos 4º ESO

Os nosos alumnos de 4º da ESO xa están en Praga!!!

 

Esperamos que estén desfrutando un montón e que nos vaian enviando imaxes da súa viaxe!!! 

 

TEATRO 1º E 2º EP "RODARIRRODARI"

 
SE QUEREDES SABER MÁIS E VER FOTOS, PREMEDE NA IMAXE !!! 

"A TÚA CARA SÓAME, ASUNTILLOS ASUNCIÓN"

O venres 4 de marzo os "asuntilleiros" de 5º e 6º participaron na Primeira Edición de "A túa cara sóame, Asuntillos Asunción". Logo de varias semanas de preparación cos monitores e pre-monitores, chegou o gran día. Primeiro tiveron un tempo de ensaio e caracterización e despois a actuación. Foi todo un éxito e os participantes deron o máximo no escenario tentando imitar aos seus cantantes preferidos. Aquí vos deixo algunhas imaxes para que vexades o ben que o pasaron. Parabéns para todos e todas!

 

Fotos cena antigos alumnos

Todas aquelas persoas que acudistes a cea de antigos alumnos e teñades fotos desa velada, agradeceriamos que si queredes, as compartades con nós. 

O correo ao que podedes envialas é coleasuncionsarria2@gmail.com.

 

Grazas! 

 

 

Coñece o noso colexio

Todas aquelas familias que queirades coñecer o colexio e non puidestes acudir á xornada de portas abertas, poderedes visitalo os mércores e venres de 10:45 h a 11:15 h, previo aviso na secretaría do centro.

O teléfono do colexio é o 982531981.

 

Torneo de xogos de mesa

E o mércores...non vos perdades....

 

 

Resultado da votación sobre a posibilidade de implantación da xornada única

Na votación celebrada hoxe no colexio da Asunción de Sarria para decidir o cambio de xornada participaron 143 familias sobre un censo total de 163.

O número de votos a favor da implantación da xornada única foi de 119, o número de votos en contra de dita implantación foi de 24, non houbo votos en branco nin papeletas nulas.

A porcentaxe de votos a favor da implantación da xornada única foi polo tanto do 73%.

 

Moitas grazas a todos por participar nunha decisión tan importante para o centro e as familias. 

Xornada de votacións da posible implantación da xornada única

Lembrade que hoxe, continuando co proceso sobre a posible implantación da xornada única, é o día sinalado para as votacións.

Podedes realizar dita votación dende ás 13:00 h ata ás 21:00 h.

Esperámosvos a todos!!! 


Fotos cena antigos alumnos


Xa podedes ver algunha foto da cena dos antigos alumnos na nosa galería.


Premede na seguinte imaxe para acceder a galería.

 

Cea antiguos alumnos

Dende o colexio da Asunción, queremos dar as grazas a todos aqueles que contribuístes a que onte fora unha noite máis que especial.

Reencontros con vellas amizades, moitísimas historias e anécdotas que lembrar, risas, música e baile fixeron da Cea de Antigos Alumnos unha velada digna de recordar. 

Os profesores, relixiosas e membros do PAS presentes quedamos abraiados co bo ambiente que se respirou durante toda a noite, coas palabras e xestos amables de alumnos de todas as xeracións, que fixeron que as ensinanzas e valores da Asunción, que sempre tratamos de transmitirlles, estiveran presentes en todo instante.

Foi moi divertido ver como alumnos de diferentes promocións do centro compartían momentos de baile, conversa e risas.

O máis importante de todo foi comprobar, como todos eles, pasen os anos que pasen, seguen a sentir que pertencen á grande familia da Asunción, formando parte desta tripulación que leva navegando connosco xa 50 anos, e esperemos que non se baixen do barco e sigan acollendo tan ben aos novos grumetes que imos incorporando ano a ano!!!

Desexando que non pasen outros 25 anos antes de voltar a xuntarnos, reiteramos as nosas grazas a todos os que participastes para facer da velada de onte un recordo imborrable na xa longa travesía da Asunción en Sarria.

 

GRAZAS!!! 

 

XORNADA "PORTAS ABERTAS"

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

A pasada fin de semana algúns dos nosos alumnos/as de atletismo acudiron a disputar o Campionato Provincial de Campo a través, no circuito A Madalena de Vilalba.

Despois de clasificarse entre os oito mellores clasificados, algúns logrando subir ao podium e conseguindo medalla na clasificatoria da zona sur, o pasado domingo, 14 de febreiro, acudiron a Vilalba, e a pesares do frío e a sarabia, lograron meterse entre os vinte mellores da provincia.

Parabéns a todos/as! 

 

Entroido na rúa

O ANPA do Colexio da Asunción saíu navegar este domingo no entroido na rúa de Sarria. 

Pais, nais, nenos, nenas, profesores e PAS participaron no desfile facendo unha homenaxe ao lema da celebración dos 50 anos da Asunción en Sarria.

Foi unha tarde moi divertida na que coas danzas dos mariñeiros e nalgún intre ao son do "Cumpleanos Feliz" logramos sacar de enriba o frío da tarde.

Damos as grazas a todos os participantes e a todos aqueles que fixeron posible que o barco e a tripulación saíran do embarcadoiro Asunción.

GRAZAS!!! 

 

Entroido na Asunción

O Equipo Directivo e todo o Claustro de profesores e PAS queremos darvos as grazas a todas as familias que participastes connosco na celebración destes días de Entroido. Agradecemos tanto a colaboración no cumprimento das consignas dos Mecos, coma a participación na festa de onte pola tarde, acompañando aos vosos fillos, incluso algún vindo disfrazado e por suposto...grazas por todas as lambetadas, estaban para lamber os dedos!!!

Aquí vos deixamos algunha foto e pronto veredes mais na nosa galeria. 
 
 
 

Festa china no comedor


O xoves pasado tuvemos no noso comedor unha festa chinesa!!!


As nosas monitoras foron ataviadas con vestimentas propias desa cultura e como non podía ser o menú tamén estivo adaptado para a festa. Puidemos degustar "rollitos de primavera" e arroz tres delicias.


Estaba todo boiiiiisimo!!!


Ata tiñamos o noso propio dragón, que metía un medoooo.... Merche, quedouche xenial, e metía uns sustos!!!, pero era moi divertido.


A continuación tendes fotos dese día e premendo 
aquí poderedes ver outras pouquiñas máis no blogue de infantil.

 

 

 

 

Chinese New Year tree branch | Free vector by Vector Open Stock

E para rematar esta semana de Entroido...

Proceso de admisión curso 2016-2017

Informámosvos que o prazo de presentación de SOLICITUDES DE ADMISIÓN para o curso 2016-2017 é do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2016, pero dado que o 20 de marzo é domingo, o último día de prazo sería o seguinte día lectivo, mais este ano o período non lectivo de vacacións de Semana Santa comprende dende o 21 ao 28 de marzo, polo que o prazo de solicitudes remata o día 29 de marzo, martes.

Distribuir contido