DÍA DO "BOCATA SOLIDARIO"

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o día escolar da non violencia e a paz poñendo "rumbo cara á paz" no barco da Asunción, no que levamos 50 anos navegando xuntos. Alumnos de ESO leron un manifesto pola paz e todos xuntos cantamos a canción "corazón de cremallera"

Entrega de premios do II Certame de Lemas Ilustrados contra a Violencia de Xénero

Hoxe entregáronse no Concello os premios do II Certame de Lemas Ilustrados contra a Violencia de Xénero.

Noraboa a todas!

 

 

DÍA DAS CANDEAS

CANDEAS

 

Queridos amigos:

Comunicámosvos, que con motivo do "Día das Candeas", o vindeiro martes 2 de febreriro, ás 10:00h., teremos con vós e os vosos fillos unha oración na Parroquia do Rosario, na que vos convidamos a presentalos ao Señor, como fixeron María e Xosé co Neno Xesús no Templo de Xerusalén.

Podedes levar directamente aos vosos fillos á Igrexa.

Cada neno/a pode traer unha flor, como símbolo de vida.

Contamos coa vosa presenza e a dos irmáns máis pequenos.

Esta invitación tamén se fai extensible ás persoas que coñezades e que teñan nenos pequenos.

Un saúdo. 

Charla sobre Física Atómica e Nuclear


De novo dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" e despois de xa ter realizado uhna charla sobre Relatividade e Gravitación, organizouse o venres 23 de xaneiro,  para os cursos de 3º e 4º da ESO, unha charla temática sobre os constituintes básicos da matéria: os átomos e os núcleos atómicos co suxerente título de "Dende o corazón da materia ó interior das estrelas".


Para esta charla contamos coa presenza de Hector Álvarez Pol, profesor do Departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, que dunha maneira moi asequible contounos os segredos dos átomos e dos núcleos dos mesmos, dende como é a súa estrutura ata como se formaron no interior das estrelas todos os elementos que coñecemos. Tamén nos contou as aplicacións da Física nuclear así cómo as liñas de investigación sobre este tema na USC.


Agradecerlle a Hector a súa dispoñibilidade e amabilidade que mostrou na súa visita ó Centro.

 
 

OBRADOIRO DE COCIÑA

O venres, 22 de xaneiro, os alumnos de 3º e 4º de EP, pasaron unha tarde Asuntillos realizando un obradoiro de cociña. Tanto os nen@s coma os monitores, tiveron un comportamento extraordinario. Mirade que ben o pasaron...

 

"Visita o teu súper"

Onte, os alumos de 5º de primaria participaron na actividade "Visita o teu súper", organizada polo supermercado Eroski. Foi unha xornada moi divertida onde os alumnos participaron activamente. Como agasallo final foron convidados a un almorzo moi saudable.

Moitas grazas a todos!! 

 

 

TRADESCOLAS

Hoxe, a escola de música tradicional "Tradescola" ofreceu na Casa da cultura un concerto didáctico ao que asistiron os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria xunto con alumnos doutros centros da localidade, e no que puideron aprender  moitas cousas sobre a música tradicional galega, os instrumentos máis típicos, distintos ritmos e melodías, e rematou cunha pequena actuación por parte dos mestres da tradescola coa colaboración dalgúns nenos.

 

 

Visita Consejo General

Nestes días o colexio recibe unha visita moi especial. Estarán pasando uns días con nós, dos membros do "Consejo general" da Asunción, que é o máximo órgano de goberno da Congregación no mundo. Unha delas é a "Superiora General", Hermana Martine Tapsoba, e a outra unha das catro "Consejeras Generales", Hermana María Eugenia Ramírez.

Agardamos que desfruten moito da súa estancia entre nós.

Benvidas!!! 

 

 

Entrega de premios do Certame de Poesía Infantil "Nadal 2015"

O pasado 15 de xaneiro fíxose entrega na Casa da Cultura de Sarria dos premios do Certame de Poesía Infantil "Nadal 2015".

Un deses premios foi entregado ao noso alumno Cayetano Muñoz Iglesias. O seu poema leva o título "Decembro: o mes máis importante". Foi un dos tres traballos da súa categoría seleccionados nesta fase local.

Desexámoslle moita sorte agora na fase provincial na Biblioteca de Lugo!!!

 

 

 

Gañadoras II Certame lemas ilustrados contra a violencia de xénero

As nosas alumnas Clara López Herrero e Nerea Urdí Vázquez de 4º da ESO son as gañadoras do II Certame de Lemas Ilustrados contra a Violencia de Xénero.

O seu premio foi unha tablet para cada unha.

Tamén temos que felicitar a María García Valcárcel e Belén Garañana Durán de 3º da ESO porque conseguiron o terceiro premio neste mesmo certame. O seu premio foi un vale de 30 € en material escolar ou informático e un pendrive para cada unha delas. 

Noraboa a todas!!! 

 

 

 

 

Entrega de premios do VII Concurso de Tarxetas de Nadal "La Voz de la Verdad"


Voltamos a estar de noraboa!!!

O noso alumno Izan Vila Torres de 4 anos foi un dos premiados no concurso de tarxetas de Nadal organizado por "La Voz de la Verdad".


Onte, martes 12 de xaneiro, acudiu a recoller o seu galardón a dita librería en Lugo.


Foi unha entrega de premios moi divertida acompañada dun espectáculo de maxia.


Ben feito Izan!!!


Aquí tendes algunha das fotos da entrega de premios, o diploma e a preciosa tarxeta de Izan.

 

 

  

 

 

Terceira finalista concurso "Historias do meu cole"

Dámoslle a noraboa a nosa alumna Lucía Hernández de 5º de EP, por ser unha das terceiras finalistas do sorteo final do concurso "Historias do meu cole" dos Bolechas.

O seu premio foi unha bicicleta.

Noraboa Lucía!!! 

 

 

 

II Certame de lemas ilustrados contra a violencia de xénero do Concello de Sarria

Hoxe martes 30 de decembro abriuse o prazo para votar na páxina de Facebook do Concello de Sarria, os lemas ilustrados que foron preseleccionados polo xurado no II Certame de lemas ilustrados contra a violencia de xénero. Dos 21 lemas presentados, foron seleccionados 6, dos que catro deles pertencen a alumnos do noso centro.

A continuación tendes os lemas seleccionados do noso centro. Tan só con premer nas diferentes imaxes xa poderedes acceder ao Facebook do Concello.  Para votalas hai que darlle a "me gusta" en cada unha delas. 

Animámosvos a que as votedes todas xa que traballaron moitísimo todos na realización destes lemas. 

A votaaaarrrr!!! 

       

          

 

Felices festas!!!

          

 

   

 

Cena antiguos alumnos

Y siguiendo con los actos de celebración del 50 aniversario del cole, os informamos que el próximo día 20 de febrero tendremos una cena en el restaurante Litmar para todos los antiguos alumnos que queráis reencontraros con vuestros compañeros.

Para más información pulsad en la imagen de abajo.

Os esperamos!!! 

 

 

Festa de Nadal

Mañá, 17 de decembro, ás 15:30h celebraremos a Festa de Nadal!!! 

Estades preparados?

Nós !!!

Agardámosvos!!! 

 

Festa de Nadal no comedor

Onte, luns 14 de decembro, os alumnos de comedor recibimos unha agradable sorpresa!. 

Os nosos monitores e persoal do comedor tíñannos preparada unha festa moi divertida para celebrar o Nadal. Ademais veu visitarnos un personaxe moi especial, Papa Noel, quen nos trouxo agasallos para todos!!!

Pasámolo xenial!!!

Se queredes ver fotos da nosa festa visitade a nosa galería, podedelo facer premendo na seguinte imaxe.

 

 

 

Charla sobre Relatividade e Gravitación


Dentro do programa "A ponte entre o ensino Medio e a USC", realizouse para o alumnado de 4º da ESO unha charla sobre Relatividade e Gravitación,  aproveitando o centenario da exposición da Teoría da Relatividade por parte de Albert Einstein.


Para elo contamos coa presenza de Javier Mas Solé, profesor do departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela, que comentou os inicios da vida de Einstein e tamén explicou dunha maneira moi clara e amena as bases da Teoría da Relatividade. 


Os alumnos e alumnas mostraronse moi atentos, facendo interesantes preguntas ó final da charla. Así mesmo agradecemos a Javier Mas a súa dispoñibilidade e simpatía na visita que nos fixo ó Centro.

 

Reunión informativa probas Cambridge

O pasado martes 24 de novembro, acodiu ao noso centro, o representante de Cambridge English, a explicar as características principais dos distintos tipos de exames Cambridge.
A charla foi moi amena e instructiva e nela poideronse resolver as dúbidas que os asistentes tiñan sobre este novo tipo de exames que imos ofrecer no noso centro. 
 
 

Distribuir contido